Abrir o menú principal

Santa Isabel (barco)

O vapor Santa Isabel nas rías galegas.

O Santa Isabel, era un barco de vapor de pasaxeiros de bandeira española de 1184 toneladas.

Historia e característicasEditar

O Santa Isabel era un vapor auxiliar da Compañía Transatlántica española que facía a ruta Bilbao, Santander, A Coruña, Vilagarcía, Cádiz, para levar pasaxeiros para transbordar con destino a Buenos Aires. Estaba ao mando do capitán Estevan G. Muñiz, e tiña unha tripulación de 80 mariñeiros. Naufragou fronte á Punta Forneira, a 200 metros da illa de Sálvora na ría de Arousa, na madrugada do 2 de xaneiro de 1921.[1] Faleceron 213 dos 268 viaxeiros do barco. As denominadas heroínas de Sálvora rescataron 58 persoas cunha dorna.[2]

NotasEditar

  1. Acción Coruñesa, 3-1-1921, p. 8.
  2. Sánchez, Paco (15/12/2008). "Las heroínas de Sálvora". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24/09/2019. 

Véxase taménEditar