Pepín García García

políitico galego

José García García, coñecido como Pepín o da lexía[1], nado en Ribadeo o 21 de novembro de 1911 e finado na Coruña o 25 de xaneiro de 1996, foi un político galego.

Modelo:BiografíaPepín García García

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de novembro de 1911 Editar o valor en Wikidata
Ribadeo, España Editar o valor en Wikidata
Morte25 de xaneiro de 1996 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiJosé García Iglesias Editar o valor en Wikidata
IrmánsBebel García García
France García García Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 5585
Monumento aos defensores da liberdade no cemiterio civil de Santo Amaro da Coruña, cos restos de Pepín García.

Traxectoria

editar

Fillo de José García Iglesias, naceu en Ribadeo, trasladándose logo coa súa familia á Coruña, onde el e os seus sete irmáns eran coñecidos como "Os da lexía", porque seu pai montou na cidade un negocio de fabricación e venda de lixivia. Afiliado á Agrupación Socialista da Coruña dende maio de 1929, foi un dos organizadores das Juventudes Socialistas. Pola súa participación na folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido e permaneceu en prisión até febreiro de 1935. En 1936 foi nomeado secretario xeral das Juventudes Socialistas Unificadas da Coruña. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 logrou fuxir de Galicia chegando a Baiona por mar o 26 de setembro, e pasou á zona republicana. Pola contra seus irmáns Bebel e France foron detidos en Guitiriz e fusilados en Punta Herminia, mentres que o irmán máis novo, Jaurés, detido xunto aos outros, non foi fusilado nun principio por ser menor de idade pero finalmente apareceu morto no Campo da Rata, mentres o trasladaban de prisión.[2][3]

Pepín enrolouse no 4º Batallón Gallego da 2ª División e loitou nas frontes de Madrid, perdendo unha perna na batalla de Brunete. Trasladado ao hospital de Tarragona, cando saíu foi trasladado a San Pedro de Ribas-Sitges como capitán gobernador. Pasou a Francia ao final da guerra e marchou a Chile a bordo do Winnipeg.[4] Finalmente exiliouse en Buenos Aires dende decembro de 1939 até 1977, cando regresou á Coruña onde morreu o 25 de xaneiro de 1996.

Recoñecementos

editar

A coruñesa rúa "Hermanos de la Lejía" chámase así en memoria de Pepín e os seus irmáns.[3][5] No verán de 2018 a Asociación Cultural Xermolos, de Guitiriz rendeulles homenaxe cunha serie de actos, entre eles a inauguración dunha escultura conmemorativa na parroquia de Santa Mariña, realizada polo escultor Xosé Val Díaz. [1][6][7]

  1. 1,0 1,1 "En memoria dos Irmáns da Lexía". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de agosto de 2018. 
  2. "Los hermanos de la Lejía, referente histórico del socialismo coruñés" (en castelán). 2 de marzo de 2002. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  3. 3,0 3,1 "Un partido de fútbol homenaxeará a Bebel, "zurdo para xogar e para pensar"". 17 de agosto de 2018. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  4. Lista de refuxiados do Winnipeg
  5. "Calle Hermanos de la Lejía" (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  6. "Guitiriz erixirá un monolito en honor a 'Os da lexía'". Xornal de Lugo. 27 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2019. Consultado o 22 de marzo de 2019. 
  7. Río, Raúl (15 de agosto de 2018). "Alfonso Blanco Torrado e os Irmáns da Lexía". GaliciaDigital. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar