Jaime Hervada
avogado, político e militar galego
(Redirección desde «Jaime Hervada Fernández España»)
Jaime Hervada Fernández España, nado na Coruña o 21 de setembro de 1926 e finado o 30 de marzo de 2018,[1] foi un militar e político galego.
Jaime Hervada | |
---|---|
Nacemento | 21 de setembro de 1926 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Falecemento | 30 de marzo de 2018 |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | político, militar e avogado |
Premios | Gran Cruz del Mérito Militar con distintivo blanco |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi coronel auditor do Corpo Xurídico-Militar de Terra e presidente da compañía de Tranvías da Coruña. Foi nomeado alcalde da Coruña o 2 de febreiro de 1974. Cesou como alcalde o 15 de xaneiro de 1976. Nos dous anos que estivo de alcalde foi quen xestionou a construción do encoro de Cecebre[2].
Casou con María del Carmen Echevarría Rodríguez en 1954.
Predecesor: José Pérez-Ardá |
Alcalde da Coruña 1974 – 1976 |
Sucesor: José Manuel Liaño Flores |
Notas Editar
- ↑ "Fallece a los 91 años Jaime Hervada, el alcalde que construyó Cecebre". La Opinión de A Coruña (en castelán). 1 de abril de 2018.
- ↑ "Posts Tagged Calle Alcalde Jaime Hervada". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2012. Consultado o 24 de outubro de 2012.