Francisco de Trillo y Figueroa
Francisco de Trillo y Figueroa, nado en Ares en 1618 e finado en Granada en 1680 foi un poeta culteranista e historiador galego en lingua castelá.
Francisco de Trillo y Figueroa | |
---|---|
Nome completo | Francisco de Trillo y Figueroa |
Nacemento | 1618 |
Lugar de nacemento | Ares |
Falecemento | 1680 |
Lugar de falecemento | Granada |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor e historiador |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Trillo naceu en 1618 no Castelo de San Martillo de Padilla en Ares. En 1632 a súa familia trasladouse a Granada, onde frecuentou ambientes literarios e estableceu amizade co poeta Pedro Soto de Rojas, do que prologou o libro Jardín cerrado.
Seguiu a carreira das armas e foi soldado en Italia e posiblemente en Flandres, mais abandonou esta vida e volveu a Granada para dedicarse ás letras. Foi influído por Luis de Góngora e a estética do Culteranismo e consagrouse a traballos eruditos. Faleceu en Granada en 1680.
ObrasEditar
Escribiu unha epopea culta, Neapolisea: poema heroyco y panegirico al Gran Capitan Gonzalo Fernández de Cordoua (Granada: por Baltasar de Bolívar e Francisco Sánchez, 1651), sobre a figura e fazañas de Gonzalo Fernández de Córdoba, o "Gran Capitán". O seu estilo culterano desgustou o crítico Marcelino Menéndez Pelayo. Ese estilo tamén se advirte en Poesías varias, heroicas, satíricas y amorosas (1652), colección que inclúe traducións de Anacreonte, composicións inspiradas na Biblia e unha Fábula de Leandro procedente de Ovidio. Foi tamén un poeta festivo e satírico ao estilo de Góngora. Consérvase unha Historia de Granada da súa autoría no Museo Británico.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Obras de Trillo na Biblioteca Virtual Cervantes
- Primeira edición de Neapolisea na biblioteca da Universidade de Granada
- Biografías y vida (en castelán)
- Delgado, José Luis (7 de abril de 2014). "El poeta Trillo y Figueroa". Diario de Granada (en castelán). Consultado o 3 de febreiro de 2016.