Igrexario da Grela

construción relixiosa en San Cristovo das Viñas, A Coruña

O igrexario da Grela é un conxunto arquitectónico construído no século XVIII situado na parroquia de San Cristovo das Viñas, no concello da Coruña. Está situado dentro do Parque Empresarial de Agrela.[1]

Igrexario da Grela
Igrexario da Grela
PaísEspaña
LocalizaciónA Grela (A Coruña)
Coordenadas43°20′50″N 8°25′48″O / 43.347330208004, -8.4300340687197Coordenadas: 43°20′50″N 8°25′48″O / 43.347330208004, -8.4300340687197
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

A capela, baixo a advocación de Santo Antón, ten a súa orixe na fundación do Mayorazgo y Capilla de La Grela, outorgado por Antonio Pardo en 1724. O obxectivo, ademais do culto, era impartir clases á infancia da zona. O conxunto foi realizado en estilo barroco por Simón Rodríguez e Clemente Fernández Sarela entre 1754 e 1765.

No século XX, co establecemento de novos colexios públicos e a falta de fondos da fundación o conxunto comezou a arruinarse. En 1991 o edificio pasou ao concello da Coruña, que o reformou segundo o proxecto da arquitecta Angelika Lorenzen Ketterling para establecer unha escola-taller. Posteriormente pasou a acoller o Centro Municipal de Empresas. A capela emprégase como salón de actos.[2]

  1. García, Rodri (18-11-2018). "De ermita a centro de empresas". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 08-07-2024. 
  2. "El iglesario de A Grela". Pastoral Santiago (en castelán). Consultado o 08-07-2024. 

Véxase tamén

editar


Bibliografía

editar