Alexander von Humboldt

Friedrich Wilhelm Heinrich Alexander Freiherr von Humboldt (De-Friedrich Wilhelm Heinrich Alexander Freiherr von Humboldt.oga escoitar , máis coñecido como Alexander von Humboldt, nado o 14 de setembro de 1769 en Berlín e finado o 6 de maio de 1859 na mesma cidade, foi un naturalista e explorador alemán, e o irmán máis novo do ministro e lingüista prusiano Wilhelm von Humboldt.

Modelo:BiografíaAlexander von Humboldt

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de setembro de 1769 Editar o valor en Wikidata
Berlín (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor en Wikidata
Morte6 de maio de 1859 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Berlín (Reino de Prusia) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSchloss Tegel (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Geheimrat (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Residenciarue Jacob (en) Traducir (1798–)
New Chambers (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónLuteranismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónAlma Mater Viadrina (en) Traducir
Universidade de Gotinga
Universidade Técnica Academia de Minas de Freiberg (pt) Traducir
Universidade de Jena Editar o valor en Wikidata
Director de teseGeorg Christoph Lichtenberg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoGeobotânica (pt) Traducir, xeografía económica, xeografía, meteoroloxía, botánica, zooloxía e física Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Frankfurt (Oder) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxeólogo, mineraloxista, astrónomo, naturalista, zoólogo, mecenas, climatólogo, coleccionista de plantas, etnólogo, viaxeiro polo mundo, ornitólogo, economista, polímata, escritor de ciencia, xeógrafo, botánico, explorador, meteorólogo, camareiro (pt) Traducir, Demógrafo, oceanógrafo, escritor de viaxes, Vulcanólogo, político Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Jena Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresJustus Christian Loder, Johann Simon von Kerner e Georg Christoph Lichtenberg Editar o valor en Wikidata
AlumnosJohann Wilhelm Ritter Editar o valor en Wikidata
Influencias
Participou en
5 de xuño de 1799Spanish American expedition, 1799–1804 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoJohann Wilhelm Ritter e Otto Wilhelm Hermann von Abich Editar o valor en Wikidata
Abreviación dun autor en botánicaHumb. Editar o valor en Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaHumboldt Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
PaisAlexander Georg von Humboldt Editar o valor en Wikidata  e Marie-Elisabeth von Humboldt Editar o valor en Wikidata
IrmánsWilhelm von Humboldt Editar o valor en Wikidata
ParentesAlexandre Joseph Von Steuben, afilhado Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography
Hamburgische Biografie
Georgian Soviet Encyclopedia (en) Traducir, (vol:11, p.695-696) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1721460 WikiTree: Humboldt-11 Find a Grave: 11644884 Editar o valor en Wikidata
Último retrato de Alexander von Humboldt, de Julius Schrader (1859). Ao fondo o Chimborazo

Alexander von Humboldt foi un intelectual e naturalista dunha polivalencia tal que, desde a súa morte, nunca máis se observou, e visto como a ciencia se desenvolveu e especializou, dificilmente se verá nunca máis. Desenvolveu (e especializouse en) diversas áreas: foi etnógrafo, antropólogo, físico, xeógrafo, xeólogo, mineraloxista, botánico, vulcanólogo e humanista, e sentou as bases de moi diferentes ciencias como a Xeografía, Xeoloxía, Climatoloxía e Oceanografía. A pesar de investigar temas diversos nos seus mínimos detalles, sempre o fixo cunha visión xeral e imparcial.

Traxectoria

editar

Con catorce anos de idade, estableceuse en Berlín para continuar os seus estudos, e máis tarde frecuentou as universidades de Frankfurt do Oder e Göttingen, onde cursou estudos de Filosofía, Historia e Ciencias Naturais.

En 1789, con apenas vinte anos de idade, fixo a súa primeira viaxe de carácter científico, pasando polos Países Baixos, Alemaña e Inglaterra, e principalmente ao longo das marxes do río Rin. O resultado de toda esa exploración científica recolleuna nunha obra titulada Mineralogische Beobachtungen über einige Basalte am Rhein.

A súa viaxe exploratoria por América Central e América do Sur (1799-1804) e pola Asia Central (1829) tornárao mundialmente coñecido xa antes da súa morte. A súa principal obra é Kosmos, unha condensación do coñecemento científico da súa época. O seu Ansichten der Natur tamén foi bastante popular.

A súa correspondencia con colegas científicos componse de 35 000 cartas, das cales aproximadamente 12 500 están arquivadas.

Alén das ciencias naturais, foi tamén un influente mecenas da literatura. Humboldt apoiou os poetas e escritores Heinrich Heine, Ludwig Tieck e Klaus Groth. Entre os seus amigos e coñecidos estaban Matthias Claudius, Carl Friedrich Gauss, Jacob e Wilhelm Grimm, August Wilhelm von Schlegel, así como Johann Wolfgang von Goethe e Friedrich Schiller.

Breve descrición das viaxes de Humboldt

editar

Entre 1799 e 1804, von Humboldt viaxou por América do Sur, explorándoa e describíndoa por primeira vez desde un punto de vista científico. Nos cinco volumes da súa obra Kosmos, tentou elaborar unha descrición física do mundo. Humboldt apoiou e colaborou con outros científicos, como Justus von Liebig ou Louis Agassiz.

Vida e viaxes de Humboldt

editar

Xuventude e educación

editar
 
Alexander von Humboldt, pintura de Friedrich Georg Weitsch, 1806

Con nove anos de idade, após a morte de seu pai, Alexander e o seu irmán Wilhelm, dous anos máis vello, foron criados pola nai, María Elizabeth von Colomb, no castelo de Tegel, nos arredores de Berlín.

O segundo titor dos Humboldt, Gottlob Christian Kunth, tivo un papel importante na vida de Alexander. Transmitiu aos irmáns Humboldt sólidas bases de Historia, Matemática e linguas. Alexander demostra grande interese pola Historia natural.

Mentres que Wilhelm ten unha robusta constitución, gran facilidade de aprendizaxe e oriéntase á alta función pública, Alexander aprende con dificultade, orientándose para unha formación en Economía, que estuda durante seis meses na universidade de Frankfurt do Oder. Un ano máis tarde, o 25 de abril de 1789, matricúlase na universidade de Göttingen.

En Göttingen asiste a clases de Física e Química con G. C. Lichtenberg, C. G. Heyne e J. C. Blumenbach. En 1789 fixo unha demostración das súas proezas posteriores nunha excursión científica na que subiu o río Rin e que orixinou o estudo Mineralogische Beobachtungen über einige Basalte an Rhein (Brunswick, 1790) (Observacións mineralóxicas sobre algúns basaltos do Rin).

Alexander von Humboldt aínda estudou Comercio e linguas estranxeiras en Hamburgo, Xeoloxía en Freiberg con A. G. Werner, Anatomía en Jena con J. C. Loder, Astronomía e o uso de instrumentos científicos con F. X. von Zach e J. G. Köhler. As súas pescudas sobre a vexetación das minas de Freiberg recolleunas na publicación, en 1793, do seu Florae Fribergensis Specimen; e os resultados dunha prolongada serie de experiencias sobre o fenómeno da irritabilidade muscular, entón acabada de descubrir por Galvani, foron condensados no seu Versuche über die gereizte Muskel- und Nervenfaser (Berlín, 1797), enriquecido na tradución francesa con notas de Blumenbach.

Viaxes e traballos en Europa

editar

En 1794, foi admitido na famosa sociedade de Weimar, e desde xuño de 1795 contribuíu á posta en marcha do novo periódico de Schiller, Die Horen, cunha alegoría filosófica intitulada Die Lebenskraft, oder der rhodische Genius. No verán de 1790 fixo unha visita rápida a Inglaterra en compañía de Forster. En 1792 e 1797, estivo en Viena; en 1795, realizou unha viaxe de carácter xeolóxico e botánico a Suíza e a Italia. Durante este tempo, obtivo un posto público como asesor de Minas en Berlín, o 29 de febreiro de 1792.

Ante a ignorancia dos mineiros, que non sabían distinguir un mineral dunha rocha sen valor, Humboldt abriu unha escola de formación de mineiros, que financiou cos seus propios cartos. Incluso recusará o diñeiro que o Ministro von Heinitz lle enviara para reembolsar os seus gastos. Humboldt realiza tamén estudos para mellorar a seguridade das minas.

A pesar de considerar o servizo público como unha vía de aprendizaxe ao servizo da ciencia, cumpriu as súas tarefas con tanta habilidade e celo que non só foi promovido a postos superiores no seu departamento, senón que tamén lle foron encargadas diversas misións diplomáticas importantes.

En 1795, von Heinitz propuxo a Humboldt o cobizado posto de Director de Minas da Silesia, no sueste de Prusia. Humboldt recusa a proposta e abandona o servizo público.

A morte da súa nai, o 19 de novembro de 1796, déixalle maior liberdade de movementos e agarda unha oportunidade de pór en práctica os seus plans de viaxe.

A expedición pola América Latina

editar
 
Chiranthodendron pentadactylon, ilustración realizada por Alexander von Humboldt.
 
Alexander von Humboldt e Aimé Bonpland ao pé do volcán do Chimborazo nun cadro de Friedrich Georg Weitsch (1810)

O almirante Louis Antoine de Bougainville, célebre navegante e explorador, propuxo a Humboldt participar nunha expedición por América do Sur, México e California, atravesando o Pacífico, e despois ao polo Sur. Bougainville será substituído por Baudin, pero unha guerra con Austria leva o Directorio a anular a expedición.

O botánico Aimé Bonpland debería, como Humboldt, participar na expedición de Baudin. Inician unha boa amizade e deciden unirse á expedición científica que segue as tropas de Napoleón no Exipto. O barco que debían tomar xamais partiu de Marsella, onde foran para esperalo. Deciden, entón, ir a España para embarcar nun navío para Esmirna. Durante as seis semanas de viaxe, Humboldt realiza meticulosas medidas xeográficas.

Ao verse truncada a posibilidade da exploración de África, Humboldt decide realizar unha viaxe de exploración a América do Sur. É presentado ao rei e á raíña de España, dos que obtén un pasaporte co selo real, que lles garante a asistencia das autoridades que atopasen. Bonpland tórnase oficialmente secretario de Humboldt. Os dous foron os primeiros en efectuar unha exploración científica ao continente digna deste nome. A ambición de Humboldt durante esa viaxe ás Américas era a de descubrir a interacción das forzas da Natureza e as influencias que o ambiente xeográfico exerce sobre a vida vexetal e animal. Con esas poderosas recomendacións, embarcan no Pizarro na Coruña o 5 de xuño de 1799.

Durante a navegación, Humboldt efectúa medidas astronómicas, meteorolóxicas, de magnetismo, de temperatura e da composición química do mar.

Fan unha escala de seis días en Tenerife, e alí realizaron a ascensión do Pico. Chegan a Cumaná o 16 de xullo e, na noite do 11 ao 12 de novembro, Humboldt observa unha extraordinaria chuvia de meteoros (as Leónidas), que constitúe o punto inicial da nosa percepción da periodicidade do fenómeno. Despois diso, segue viaxe con Bonpland cara a Caracas. En América, séntese indignado pola maneira con que se venden e se avalían os escravos, mesmo nas posesións españolas, onde son mellor tratados.

En febreiro de 1800 deixa a costa coa intención de explorar o curso do río Orinoco. Esa viaxe, que durou catro meses e cubriu máis de 2 750 km dunha terra inhabitada, salvaxe e inhóspita, tivo como resultado o descubrimento da existencia dunha comunicación entre os sistemas hidrográficos do Orinoco e do río Amazonas, (o Ccnal do Casiquiare, que liga o Orinoco ao Amazonas), e a determinación exacta do seu punto de bifurcación. Humboldt e Bonpland non foron os primeiros europeos en tomar esa ruta, mais o rigor dos seus datos e das descricións que realizaron fan que non existan máis dúbidas sobre a existencia dunha pasaxe navegábel entre os dous ríos.

Durante a viaxe tamén recolleron diversos espécimes de animais e plantas descoñecidos, e Humboldt anotou meticulosamente a temperatura do río, do solo e do ar, así como a presión atmosférica, a inclinación magnética, a lonxitude e a latitude. En Colobozo, algunhas anguías eléctricas foran capturadas por Humboldt e Bonpland o 19 de marzo de 1800, e os investigadores recibiron violentas descargas eléctricas durante as súas investigacións.

O 24 de novembro os dous amigos parten para Cuba, e despois dunha estadía dalgúns meses retornan a Cartaxena.

Humboldt descobre que Baudin deixou Francia e que se dirixe a Lima, no Perú. Para evitar a ausencia dos alisios, Humboldt e Bonpland deciden continuar por vía terrestre ao longo dos Andes, pasando doce meses en altitude a través dos volcáns. Aínda que teñen os pés en sangue rexeitan facer como a aristocracia local: seren transportados en cadeiras fixas nas costas de indios.

Subindo o curso do río Magdalena, e atravesando os picos xeados dos Andes, chegan a Quito despois dun día difícil o 6 de xaneiro de 1802. Durante esa estadía, escalaron o Pichincha e o Chimborazo, e terminaron nunha expedición ás fontes do Amazonas, camiño de Lima, onde chegan o 22 de outubro de 1802.

Humboldt gaña un renome mundial ao escalar o Chimborazo, pico considerado na época como o máis alto do mundo.

En Callao, observa o tránsito de Mercurio o 9 de novembro, e estuda as propiedades fertilizantes do guano, cuxa introdución en Europa moito se debeu ás súas obras. Unha viaxe difícil, no medio dunha tempestade, levounos a México, onde residirán durante un ano.

Humboldt e os seus compañeiros pasaron o ano de 1803 percorrendo México. Humboldt escribirá o seu Political essay on the kingdom of New Spain, o primeiro ensaio xeográfico rexional, no cal relata sumariamente as súas viaxes. En México, estuda o calendario azteca.

Embarca enseguida para A Habana, a fin de recuperar as súas coleccións alí depositadas había máis de tres anos.

Pasaxe polos Estados Unidos

editar
 
Pico Humboldt en Colorado - Estados Unidos

Estimando o seu deber saudar o presidente Thomas Jefferson, prolonga a súa viaxe e diríxese a Filadelfia, até hai pouco capital do país. Humboldt é acollido pola Sociedade Americana de Filosofía, creada seguindo o modelo da Royal Society de Londres e pasa a maior parte do seu tempo cos membros da sociedade. Bonpland e Montufar, ao non falaren inglés, xogan un papel de figurantes. Humboldt encontra a Jefferson, con que discute sobre historia natural, costumes diferentes de acordo co país e as maneiras de mellorar o nivel de vida. Os dous homes entendéndose tan ben que Jefferson convida a Humboldt a morar na casa del.

Embarcaron para Europa na embocadura do río Delaware, chegando a Bordeos o 3 de agosto de 1804.

Resultados da expedición latinoamericana

editar

A expedición de Humboldt e Bonpland, cunha duración de cinco anos, custou a Humboldt un terzo da súa economía. Foi unha das máis notábeis expedicións científicas de todos os tempos, cunha masa de datos dun valor científico inestimábel, aínda máis valiosa que os espécimes que puideron recoller.

Humboldt e Bonpland percorreran, durante súa expedición a través das Américas un total de 9 650 km, tanto a pé, como a cabalo ou en canoas. A expedición atravesou as terras dos actuais Venezuela, Colombia, Ecuador, Perú, Cuba e México (prohibíronlle permanecer no Brasil, pois os portugueses considerárano un posíbel espía alemán, após encontralo en terras brasileiras preto da fronteira venezolana). A característica que torna esa expedición absolutamente excepcional é que foi levada a cabo sen ningún interese comercial; a súa única motivación foi o desexo de coñecemento e a curiosidade.

Durante a súa expedición polas Américas de 1799 a 1804, precisou latitudes e lonxitudes, mellorou mapas, identificou 60 000 plantas, das cales 6 300 até entón descoñecidas, desenvolveu a xeografía das plantas e describiu a corrente que levou máis tarde o seu nome (corrente de Humboldt).

Grazas á súa excepcional expedición, Humboldt pode ser considerado quen sentou as bases das ciencias físicas da xeografía e da meteoroloxía. Polo seu estudo (en 1817) das isotermas, suxeriu a idea e entreviu os métodos de comparación das condicións climáticas de varios países. Primeiro investigou a taxa de decaemento da temperatura media co aumento da altitude sobre o nivel do mar, e forneceu, polas súas cuestións e indagacións sobre a orixe das tempestades tropicais, a primeira pista para a detección da lei, máis complicada, gobernando as perturbacións atmosféricas en altas latitudes. O seu ensaio sobre a xeografía das plantas foi baseado na (entón) recente idea de estudar como as condicións físicas variadas alteran a distribución da vida. O seu descubrimento da diminución da intensidade do campo magnético terrestre dos polos ao ecuador foi comunicada ao Instituto de París nunha disertación lida por el o 7 de decembro de 1804, e a súa importancia foi atestada pola rápida aparición de reivindicacións rivais. Os seus servizos á Xeoloxía baseáranse principalmente no seu atento estudo dos volcáns do Novo Mundo. Mostrou que se ordenaban naturalmente en grupos lineares, presumibelmente correspondendo a vastas fisuras subterráneas; e, pola súa demostración da orixe ígnea de rochas cuxa orixe era anteriormente considerada acuosa, contribuíu inmensamente á eliminación desas hipóteses erróneas.

A condensación e a publicación da masa enciclopédica de materiais —científicos, políticos e arqueolóxicos— colectados durante a súa ausencia de Europa eran a súa preocupación máis urxente. Antes de atacar esa tarefa xigantesca, mentres tanto, fixo unha rápida visita a Italia con Gay-Lussac coa intención de investigar a lei da declinación magnética, e unha estadía de dous anos e medio na súa cidade natal.

Aclamación de Humboldt

editar
 
Schiller, Wilhelm, Alexander von Humboldt e Goethe en Jena.

Coa excepción de Napoleón Bonaparte, Humboldt era entón o home máis famoso de Europa. Os aplausos acollíano en todos os lugares onde ía. Academias, nacionais e estranxeiras, estaban ansiosas por telo entre os seus membros.

En xaneiro de 1808, Humboldt foi enviado a París polo rei de Prusia, acompañado polo príncipe Wilhelm, para tentar negociar unha diminución do valor das indemnizacións de guerra. Desde que Francia invadiu Prusia, Humboldt non recibe máis as rendas dos seus dominios. Vive en París nun cuarto amoblado, que comparte con Gay-Lussac, non durmindo máis que tres ou catro horas por día. En París, ten a firme intención de asegurar a cooperación científica necesaria para publicar o seu gran traballo. Esa tarefa colosal, que inicialmente estimou en dous anos, acabou durando vinte e dous, e aínda así ficou incompleta.

Foi espiado pola policía francesa, pois era alemán e a súa correspondencia privada reflicte as opinións políticas dos salóns parisienses. Humboldt escribe entre mil e dúas mil cartas por ano. Acaba pasando dezaoito anos en París, durante os cales publica o seu Voyage interminable sur l'Amérique du Sud (Viaxe interminábel pola América do Sur).

En 1826 recibe unha carta do rei de Prusia ordenándolle deixar París. Soamente se lle permite pasar catro meses de vacacións por ano na cidade da luz. En Berlín, Humboldt é aparentemente detestado polas súas ideas liberais.

En 1828 obtén bastante éxito ao dar cursos na universidade e, máis tarde, conferencias diante dun público máis vasto. En Berlín, a comunidade científica non adoitaba realizar reunións científicas, como era o caso de París, para a confrontación e discusión de ideas. Humboldt organiza unha reunión da Asociación Científica en Berlín na cal participan 600 dos máis renomeados científicos.

Exploracións en Rusia

editar

En 1827, o ministro ruso das finanzas pide a Humboldt a súa opinión sobre a emisión de moedas de platino. Como o prezo do platino era inestábel, Humboldt se mostra desfavorábel á idea e suxire ir estudar as minas dos Urais. En marzo de 1829, con 60 anos, Humboldt viaxa a Rusia, coas maletas pagas polo emperador, con Gustave Rose, profesor de química e de mineraloxía, C.G Ehrenberg, naturalista e zoólogo, e un empregado doméstico. En Rusia, é acollido como unha importante personalidade oficial e ten recepcións coa familia do tsar. Ao deixar Moscova, xúntanse á expedición responsábeis da industria mineira e burócratas das autoridades locais.

Humboldt pasa un mes estudando as minas dos Urais. Grazas á presenza de filóns de platino e de areas auríferas, predí a existencia de diamantes nos Urais. Humboldt e Rose investigan no microscopio cada xacemento de ouro que encontran. Foi o conde Polier, propietario de tales xacementos, e a quen Humboldt explicou a súa teoría, quen encontrou o primeiro diamante dos Urais.

A expedición atravesa a Siberia até o Altai. Como de costume, Humboldt realiza medicións barométricas. Humboldt e os seus compañeiros retornan após seis meses de expedición e tras percorrer aproximadamente 17 000 km. Humboldt estudou e simulou a colocación dunha rede de estacións magnéticas e meteorolóxicas facendo observacións regulares e funcionando con aparellos idénticos. Deixou aos coidados de Rose e Ehrenberg a publicación dos resultados da expedición. Será anos máis tarde cando ser publique o seu Asie centrale (en tres volumes).

Humboldt como diplomático

editar

Entre 1830 e 1848, Humboldt foi frecuentemente empregado en misións diplomáticas na corte de Lois Filipe I, con quen mantiña relacións persoais cordiais. A morte do seu irmán, Wilhelm von Humboldt, que morreu nos seus brazos o 8 de abril de 1836, entristeceu os últimos anos da súa vida. Ao perder o irmán, Alexander lamentou ter "perdido unha metade de si mesmo". O ascenso ao trono do príncipe Frederico Guillerme IV, após a morte de seu pai en xuño de 1840, aumentou o seu favoritismo na corte. O novo rei solicitábao frecuentemente como conselleiro da corte. Humboldt utilizou a súa función de conselleiro privado do rei para avogar pola emancipación dos xudeus e pola abolición do servilismo en Prusia, en tanto que o rei o utiliza como enciclopedia ambulante. A popularidade de Humboldt permanece grande, a pesar das inimizades que adquire entre os reaccionarios próximos do rei. En 1857, a loucura que afecta ao rei permite a Humboldt ter máis tempo para os seus traballos.

En 1852, Humboldt recibe a medalla Copley da Royal Society de Londres.

O "Kosmos"

editar

Non é frecuente que un home alcance os 76 anos e execute entón con éxito a coroación da obra da súa vida. No entanto, foi este o caso de Humboldt. Os primeiros dous volumes do Kosmos foron publicados, e basicamente elaborados, entre os anos 1845 e 1847.

A idea dun traballo que debería comunicar non só unha descrición gráfica, senón principalmente unha concepción enxeñosa do mundo físico que puidese ser xeneralizada por detalles e resaltar detalles a través da xeneralización, enchía o seu espírito había máis de medio século. Tomou unha forma definida por primeira vez nunha serie de conferencias pronunciadas na universidade de Berlín, no inverno de 1827-1828. Esas conferencias constituíron, como anota o seu último biógrafo, "o esbozo para o grande fresco do Kosmos". O obxectivo desta obra notábel pode ser brevemente descrito como a representación da unidade no medio da complexidade da Natureza. Nesa obra, os grandes e vagos ideais do século XVIII son recuperados e combinados coas necesidades científicas do século XIX. A pesar de inevitábeis imperfeccións, a tentativa tivo moito éxito. Un estilo un pouco pesado e un tratamento ás veces pintoresco de máis tornan a obra máis impoñente que atraente ao lector casual. Mais o seu valor supremo consiste no feito de representar fielmente o reflexo da mente dun gran home. Non existe maior eloxio que poida ser feito a Alexander von Humboldt que dicir que, ao tentar, e non en van, representar o universo, conseguiu de maneira aínda máis perfecta representar a súa propia intelixencia comprensiva.

A última década da súa longa vida - os seus anos "improbábeis", como adoitaba chamalos - foi dedicada á continuación da súa obra, cuxos terceiro e cuarto volumes foron publicados en 1850-1858, e un fragmento dun quinto postumamente en 1862. Nestes volumes, procurou detallar de acordo coas ramas das ciencias o que expuxera de maneira xeral no primeiro volume. Non obstante o seu alto valor individual, é preciso admitir que, desde un punto de vista artístico, esas adicións foran deformacións. A idea característica da obra, na medida na que unha idea tan xigantesca puidese ser trasposta en forma literaria, tiña sido completamente desenvolvida nas súas partes iniciais, e a tentativa de transformala nunha enciclopedia científica foi na verdade unha negación da súa motivación inicial.

O traballo e a precisión de Humboldt nunca foron máis visíbeis que durante a concepción deste último trofeo á súa xenialidade. Tampouco se apoiou só nos seus propios traballos; debeu gran parte do que conseguiu á súa rara capacidade de asimilar ideas e aproveitar a cooperación de terceiros. Humboldt estaba tan pronto a recibir recoñecemento como a dalo. As notas do Kosmos están repletas de citas locuaces onde el, de certa maneira, recoñece as súas "débedas" intelectuais.

Doenza e morte

editar
 
Alexander von Humboldt en 1857.

En 24 de febreiro de 1857 Humboldt tivo unha crise de apoplexía leve, que non deixou trazos perceptíbeis. Pero durante o inverno de 1858-1859 as súas forzas comezaron a diminuír e o 6 de maio morreu tranquilamente, seis meses antes de cumprir os seus noventa anos.

As honras que lle foran reservadas durante a vida seguírono despois da morte. Os seus restos mortais, antes de seren enterrados no mausoleo familiar de Tegel, foron transportados en funerais nacionais polas rúas de Berlín, e recibidos polo príncipe rexente, coa cabeza descuberta, na porta da catedral. O primeiro centenario do seu nacemento foi celebrado o 14 de setembro de 1869, con igual entusiasmo no Novo e no Vello Mundo, e os numerosos monumentos erixidos e as novas rexións descubertas denominadas na súa honra testemuñan a difusión universal da súa fama e popularidade.

Contribucións de Humboldt á ciencia

editar

Os textos suramericanos de Humboldt comprenden trinta volumes publicados en trinta anos. Compóñense de libros científicos, atlas, tratados de xeografía e economía sobre Cuba e o México, unha narrativa das súas viaxes e un Exame critique de l'histoire de la géographie du Nouveau Continent (Exame crítico da historia e da xeografía do novo continente). Humboldt escribiu os seus textos científicos en colaboración con outros científicos. Dedicou o volume consagrado á xeoloxía ao seu amigo Goethe. No seu Kosmos, cuxo obxectivo era o de comunicar a excitación intelectual e a necesidade práctica da investigación científica, describe en cinco volumes todos os coñecementos da época sobre os fenómenos terrestres e celestes.

Atribúese a Humboldt a invención de novas expresións como isodinámicas, isotermas, isóclinas, xurásico e tempestade magnética. Lanzou as bases da xeografía física e da xeofísica, especialmente da sismoloxía e demostra que non pode haber coñecemento sen experimentación verificábel.

Especies e lugares denominados en homenaxe a Humboldt

editar
 
Pingüín Humboldt.
 
Cala (Anthurium humboldtianum Kunth.)
 
Mare Humboldtianum na Lúa

Como resultado das súas exploracións, von Humboldt describiu diversos aspectos xeográficos e especies que eran até entón descoñecidos polos europeos. Especies denominadas en homenaxe súa son:

Aspectos e accidentes xeográficos denominados en homenaxe súa inclúen a corrente de Humboldt, o río Humboldt, a cadea de montañas East and West Humboldt Range, os condados estadounidenses de Humboldt County, en California, e Humboldt County, en Iowa e o parque Humboldt no lado oeste de Chicago. Alén diso, o mar lunar Mare Humboldtianum foi así denominado na súa honra, ao igual que o asteroide 54 Alexandra.

A Fundación Alexander von Humboldt

editar

Após súa morte, os seus amigos e colegas crearon a Fundación Alexander von Humboldt para manter o xeneroso apoio de Humboldt aos novos científicos. A pesar de que a dotación inicial se perdeu durante a hiperinflación alemá dos anos vinte, e novamente após a segunda guerra mundial, a fundación ten recibido o apoio do goberno alemán e ten xogado un papel importante na atracción de investigadores estranxeiros á Alemaña, posibilitando tamén a investigadores alemáns traballaren no estranxeiro por un determinado período.

Publicacións

editar

Biografías

editar

Unha boa biografía de Humboldt é a do profesor Karl Bruhns (3 vols., 8vo, Leipzig, 1872), traducida ao inglés por Misses Lasseil en 1873.

Breves notas á súa carreira son fornecidas por A. Dove en Allgemeine deutsche Biographie, e por S. Gunther en Alexander von Humboldt (Berlin, 1900).

Le voyage aux régions equinoxiales du Nouveau Continent, fait en 1799-1804, par Alexandre de Humboldt et Aimé Bonpland (París, 1807 etc.), está composto de 30 folios e catro volumes, e englobaba un número considerábel de obras subordinadas, máis importantes, entre as que se poden enumerar:

  • Vue des Cordillères et monuments des peuples indigènes de l'Amérique (2 vols. folio, 1810)
  • Examen critique de l'histoire de la géographie du Nouveau Continent (1814-1834)
  • Atlas géographique et physique du royaume de la Nouvelle Espagne (1811)
  • Essai politique sur le royaume de la Nouvelle Espagne (1811)
  • Ensaio sobre a Xeografía das plantas ("Essai sur la géographie des plantes", 1805; tradución de Francisco Javier Dosil Mancilla e Xosé Antón Fraga Vázquez)<ref>Humboldt, Alexander von (2005). "Ensaio sobre a Xeografía das plantas". En Javier Cremades. Humboldt y la ciencia española. pp. 273–290. ISBN 84-8485-208-3. 
  • Relation historique (1814-1825), unha narración non terminada das súas viaxes, incluíndo o Essai politique sur l'île de Cuba.

Outras das súas publicacións son:

  • Nova genera et species plantarum (7 vols. fólio, 181 5?1825), que contén descricións de máis de 4 500 especies de plantas colectadas por Humboldt e Aimé Bonpland, compilado principalmente por Karl Sigismund Kunth;
  • J. Oltmanns axudou na preparación do Recueil d'observations astronomiques (1808);
  • Cuvier, Latreille, Valenciennes e Gay-Lussac cooperaron no Recueil d'observations de zoologie et d'anatomie comparée (1805-1833).
  • Ansichten der Natur (Stuttgart e Tübingen, 1808) de Humboldt tivo tres edicións ao longo da súa vida, e foi traducido a practicamente todas as linguas europeas.

Os resultados da súa viaxe asiática foron publicados en Fragments de géologie et de climatologie asiatiques (2 vols. 8vo, 1831), e en Asie centrale (3 vols. 8vo, 1843), unha expansión da obra anterior. As notas e documentos lidos por el diante de sociedades científicas, ou contribuicións a periódicos científicos, son demasiado numerosos para os especificar.


Correspondencias de Humboldt

editar

Desde a súa morte, unha parte considerábel da súa correspondencia tense feito pública. A primeira delas, en orde cronolóxica e de importancia, son as súas Briefe an Varnhagen von Enze (Leipzig, 1860). Foron seguidas rapidamente de Briefwechsel mit einem jungen Freunde (Friedrich Althaus, Berlin, 1861); Briefwechsel mit Heinrich Berghaus (vols., Jena, 1863); Correspondance scientifique e littéraire (2 vols., París, 1865?1869); Lettres à Marc-Aug. Pictet, publicadas en Le Globe, tomo vii. (Xenebra, 1868); Briefe an Bunsen (Leipzig, 1869); Briefe zwischen Humboldt und Gauss (1877); Briefe an seinen Bruder Wilhelm (Stuttgart, 1880); Jugendbriefe an W. G. Wegener (Leipzig, 1896); alén doutras coleccións de menor importancia. Unha edición das principais obras de Humboldt foi publicada en París por Tb. Morgand (1864-1866). Vexa tamén: Karl von Baer, Bulletin de l'acad. des sciences de St-Pétersbourg, xvii. 529 (1859); R. Murchison, Proceedings, Geog. Society of London, vi. (1859); L. Agassiz, American Jour. of Science, xxviii. 96 (1859); Proc. Roy. Society, X. xxxix.; A. Quetelet, Annuaire de l'acad. des sciences (Bruxelas, 1860), p. 97; J. Mädler, Geschichte der Himmelskunde, ii. 113; J.C.Houzeau, Bibl. astronomique, ii. 168. (A. M. C.)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar