Abrir o menú principal

Un meteoro é aquel fenómeno físico natural que ten lugar na atmosfera. Clasifícanse segundo a súa base física de soporte.

Índice

Meteoros acuosos (hidrometeoros)Editar

Están formados por un conxunto de partículas de auga. Pode estar en estado líquido ou sólido, en suspensión ou movidas polo vento, levantada e deixadas caer.

Dentro deste grupo están a choiva, a saraiba, a neve, a xeada, o rocío e a néboa.

Meteoros de po (litometeoros)Editar

Están formadas por po, un conxunto de partículas sólidas na súa meirande parte (aínda que poidan conter auga). De igual xeito que os hidrometeoros, as partículas poden estar en suspensión ou ser movidas polo vento.

Litometeoros son a calima, o fume, a brea e o remuíño de po.

Meteoros de vento (eólicos)Editar

Está sendo considerado pouco a pouco de xeito internacional como parte dos anteriores, considerándose como eólicos os mteoros nos que o vento intervén dun xeito predominante fronte á consideración de tratarse dunhas ou outras partículas.

É o caso das trombas, os tornados e os ciclóns.

Meteoros eléctricos (electrometeoros)Editar

Consisten en manifestacións visible e/ou audible da electricidade atmosférica a través das súas descargas. Son fenónenos deste tipo a tormenta (treboada e lóstrego), o lume de San Telmo e a aurora polar.

Meteoros ópticos (ou luminosos, fotometeoros)Editar

Son fenómenos luminosos debido a fenómenos ondulatorios da luz solar ou luar na atmosfera, como os halos (luar e solar), o arco da vella, a irisación, a Gloria (Coroa de Ulloa) ou os espellismos.