Wilhelm von Humboldt

Erudito e home de estado prusiano

Friedrich Wilhelm Christian Karl Ferdinand Freiherr von Humboldt, nado o 22 de xuño de 1767 en Potsdam e finado o 8 de abril de 1835 en Tegel, foi un lingüista, funcionario, diplomático e filósofo alemán. Despois de realizar estudos científicos, así como de grego e de francés, recibiu unha introdución á filosofía e á administración. Durante tres semestres estudou filoloxía e ciencias en Gotinga con Lichtenberg, onde leu a Kant.

Infotaula de personaWilhelm von Humboldt

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Friedrich Wilhelm Christian Karl Ferdinand von Humboldt Editar o valor em Wikidata
22 de xuño de 1767 Editar o valor em Wikidata
Kabinetthaus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte8 de abril de 1835 (67 anos)
Berlín Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSchloss Tegel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ambassador of Germany to the United Kingdom (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Prusia Editar o valor em Wikidata
RelixiónLuteranismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónAlma Mater Viadrina (en) Traducir
Universidade de Gotinga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, política, diplomacia, lingüística e actividade tradutora Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Frankfurt (Oder) Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónlingüista , filósofo , escritor , historiador , político , antropólogo , mestre , diplomático , tradutor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Humboldt de Berlín Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoGerman new humanism (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa, lingua latina, Grego antigo e lingua alemá Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloBarón Editar o valor em Wikidata
CónxuxeCaroline von Humboldt Editar o valor em Wikidata
FillosGabriele von Bülow, Caroline von Humboldt (en) Traducir, Adelheid von Hedemann (en) Traducir, Theodor von Humboldt Editar o valor em Wikidata
PaisAlexander Georg von Humboldt (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Marie-Elisabeth von Humboldt Editar o valor em Wikidata
IrmánsAlexander von Humboldt Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
15 de abril de 1827reunião (pt) Traducir (Berlín) Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Humboldt-12 Find a Grave: 133549018 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

É irmán de Alexander von Humboldt. En calidade de Ministro prusiano de Educación (1809-1810), reformou profundamente o sistema escolar, baseándose nas ideas de Johann Heinrich Pestalozzi — enviou aos profesores prusianos a estudar os seus métodos a Suíza. Como un dos grandes reformistas liberais xunto con Stein e Hardenberg, tivo unha acción determinante no seo do goberno ata 1819, ano no que se retira debido á súa oposición ás ideas reaccionarias que predominaban.

Como funcionario, estará ata 1819 ao servizo do Estado Prusiano, especialmente como diplomático en Francia, o que lle dará a oportunidade de estudar a lingua vasca, e con tal motivo descobre con cento cincuenta anos de adianto os principios da descrición lingüística moderna: o estudo das linguas en sincronía, o estudo descritivo e non prescriptivo, a importancia do corpus e dos informadores así como a importancia de categorías gramaticais que describen precisamente os fenómenos propios á lingua estudada, o que o leva a rexeitar a pertinencia da gramática latina para unha lingua como o vasco.

O interese de Humboldt céntrase principalmente na tipoloxía, de onde a vontade de describir o maior número de linguas posibles, a fin de descubrir os universais lingüísticos. El sérvese da categorización en linguas con flexión (ruso, alemán, latín), linguas aglutinantes (turco, húngaro) e linguas illantes (chinés). Dos seus traballos presérvanse especialmente a súa filosofía da lingua, destacada por Ernst Cassirer na súa filosofía das formas simbólicas, pero tamén máis xeralmente e máis vagamente, o que se deu en chamar hipótese humboldtiana, que se une á hipótese Sapir-Whorf, que pretende que as categorías da lingua falada predeterminan as nosas categorías de pensamento.

En 1834, bautiza a familia das linguas austronesias, que se estenden pola Illa de Pascua, malaio-polinesia en Über die Kawi-Sprache auf der Insel Java (1836-39, publicación póstuma). O kavi é unha lingua literaria antiga falada en Xava. Esta obra é considerada desde entón como exemplar en materia lingüística.

Introduciu en 1836, o concepto de lingua aglutinante.

Fundou a Universidade Humboldt de Berlín — o que fai del un visionario en materia de investigación e de pedagoxía, capaz de comprender por que é necesario confrontar as disciplinas para facer avanzar o saber sen prexuízos. Era amigo de Goethe e de Friedrich von Schiller.

Castelo de Tegel editar

 
Castelo de Tegel

En posesión da familia Humboldt desde o fin do século XVIII, o castelo de Tegel, onde morreu, é tamén chamado Humboldt Schlösschen, tanto máis canto que aínda está habitado polos seus descendentes.

Antigo pavillón de caza dos Grandes Electores, o castelo foi restaurado por Schinkel para as necesidades de Wilhelm von Humboldt. De inspiración clásica, o edificio presenta catro torres angulares adornadas de relevos de Rauch inspirados nas oito divindades da Torre dos Ventos de Atenas.

Schinkel concibiu tamén os apartamentos do castelo preservando a harmonía clásica do conxunto: a maior parte do mobiliario da época eran pezas de colección que Wilhelm von Humbolt trouxo da súa estancia en Roma.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Trabant, L'introduction à l'œuvre sur le Kavi.

Ligazóns externas editar