Joaquín López Menéndez

político galego

Joaquín López Menéndez, nado na Coruña en 1939 e finado na mesma cidade o 21 de abril de 2019[1], foi un enxeñeiro e político galego. Foi alcalde da Coruña entre 1981 e 1983.

Joaquín López Menéndez
Nome completoJoaquín López Menéndez
Nacemento1939
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento21 de abril de 2019
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e enxeñeiro de camiños
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Enxeñeiro de camiños e xefe do servizo de vías e obras da Deputación da Coruña, elixido concelleiro como cabeza de lista pola UCD foi alcalde da Coruña trala moción de censura presentada contra o nacionalista Domingos Merino o 1 de abril de 1981.

O seu mandato caracterizouse pola reivindicación para A Coruña da capitalidade de Galicia, chegando mesmo a declarar tres días de loito oficial en abril de 1982 e convocar unha manifestación en xuño para conseguila, pero non contou con apoios fóra da cidade. Nas eleccións municipais de 1983 presentouse polo partido de ámbito local La Coruña Unida conseguindo manterse no consistorio como concelleiro.


Predecesor:
Domingos Merino
  
Alcalde da Coruña
 
1981 – 1983
Sucesor:
Francisco Vázquez Vázquez

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar