Paseo da Ferradura
Coordenadas: 42°52′36″N 8°32′50″O / 42.87667, -8.54722
O Paseo da Ferradura, tamén coñecido como o Paseo dos Leóns[1], é unha das tres partes que comprende o Parque da Alameda de Santiago de Compostela, canda o Paseo da Alameda e a Carballeira de Santa Susana.
HistoriaEditar
No ano 1835, o concello de Santiago iniciou a creación do Campo da Estrela[2] e mais do Paseo da Ferradura, que une os seus dous extremos rodeando a carballeira de Santa Susana.[3]
CaracterísticasEditar
O Paseo da Ferradura é o miradoiro urbano máis coñecido do Parque da Alameda, situado na aba do outeiro de Santa Susana e bordeándoa no treito da entrada do paseo, cunha vista frontal da Catedral sobresaíndo entre a masa de edificios históricos, entre eles a fachada posterior do Pazo de Raxoi, polo que é a postal máis retratada.[4]
Outro miradoiro importante é o que permite ver o monte Pedroso, a Residencia e os arredores do sur de Santiago. Neste lugar atópanse os xardíns da Ferradura e o monumento a Rosalía de Castro.[5][6]
O Paseo da Ferradura foi cualificado por Otero Pedrayo como "o parque e paseo máis nobre de España".[3]
NotasEditar
- ↑ Miradoiro do Paseo dos Léons da Alameda, en santiagodecompostela.gal.
- ↑ Situado na actual rúa do Campo da Estrela.
- ↑ 3,0 3,1 Alameda de Santiago de Compostela Arquivado 24 de xullo de 2018 en Wayback Machine. en SEC (Sociedad Española de la Camelia (en castelán).
- ↑ Paseo de Ferradura, ou dos Leóns en Turismo de Santiago (en castelán).
- ↑ Parque de la Alameda en Turismo de Santiago (en castelán).
- ↑ Localización dos xardíns da Ferradura en Google maps
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Adela Leiro, Mon Daporta: ALAMEDA, CAMPUS SUR, CARBALLEIRA DE SAN LOURENZO (en galego).
- Xurde Morán: ALAMEDA, EL PASEO DA FERRADURA Y CARBALLEIRA DE SANTA SUSANA, COPATRONA DE LA CIUDAD DEL APÓSTOL: ESPLENDOR VERDE DE SANTIAGO (en castelán).
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|