Club Waterpolo Santiago
Cidade | Santiago de Compostela ![]() |
País | España |
Ano de Fundación: | 2004 |
Pavillón - Nome - Capacidade |
Piscina de Santa Isabel - |
Seareiros: | 90 |
Orzamento: | 17.000 € |
Tempadas - Primeira - Segunda - Liga Galega |
0 0 4 |
Títulos | 1 Copas Galegas |
Adestrador | |
Páxina oficial do club |
O Club Waterpolo Santiago é un club de waterpolo con incidencia na cidade de Santiago de Compostela e tamén en toda a comarca de Santiago. Fundouse no ano 2004 ao separarse do Club Natación Santiago, que non só abarcaba o deporte do waterpolo, se non tamén a natación. Conta na actualidade con 90 socios e un orzamento de 17.000 euros. O Waterpolo Santiago ten como piscina de xogo a de Santa Isabel, á que se lle suma a piscina do Sar nos adestramentos. Conta con equipos alevín mixto, infantil mixto, cadete mixto, xuvenil e absoluto, cun total de 60 waterpolistas entre tódalas categorías.
Logros deportivosEditar
Tempada 2004-05Editar
- Categoría infantil: 2º posición no campionato galego de inverno e 2º posición no campionato galego de verán.
- Categoría xuvenil: 3º posto na liga e na copa.
- Categoría absoluta: 2º posto na liga e na copa
Tempada 2005-06Editar
- Categoría infantil: 4º na liga e nos campionatos galegos de inverno e verán.
- Categoría xuvenil: 2ª posición na liga, 2ª posición na copa.
- Categoría absoluta: 2º posto na liga, 2º posto na copa.