Club Natación Santiago

club deportivo galego

O Club Natación Santiago foi un club deportivo galego con base na cidade de Santiago de Compostela no que se practicou a natación, o tríatlon e o wáter-polo.

Club Natación Santiago
Tipoclub deportivo
Deportenatación, tríatlon e wáter-polo
Data de fundación1986
Data de disolución2011
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

O CNS fundouse en 1986.[1]

Dos nadadores máis coñecidos que saíron do club pódese salientar o triatleta internacional Iván Raña e a súa irmá Natalia Raña, que comezaron no club no ano 1988.[2] En 1990 Iván Raña incorporouse como adestrador de natación no CN Santiago, daquela un club modesto e con pouco espazo[3], no que estivo até o ano 1995 [4][5]

Outros nadadores destacados foron Daniel Caamaño Gómez, que chegou a nadar nos campionatos de Europa, ou Marcos Vázquez, plusmarquista dos galego de 100 e 200 libres, tamén medalla de ouro nos campionatos de España e dúas medallas de bronce nos Campionatos de Europa do ano 2006[1]. O Club de Natación Santiago foi a entidade encargada de organizar os Campionatos Galegos Absolutos de Natación de Inverno dos anos 2004, 2005, 2006, 2007, e 2008.[1] Tamén organizou o Campionato Galego Absoluto e Júnior de Natación de Inverno do 2011, que tivo lugar en febreiro na piscina de Santa Isabel. Nel participou tamén o Club Natación Cidade de Santiago, cun equipo daquela moi novo (creado no 2010)[6], que sería herdeiro da tradición da natación na cidade tras a desaparición do CNS pouco tempo despois.

Deste Club saíron como excisións o Triatlón Arcade Inforhouse Santiago[5] no 1995[7] e o Club Waterpolo Santiago no 2004. Unha das vontades foi a creación dunha piscina olímpica en Santiago de Compostela.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "O Club Natación Santiago". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2023-08-28. 
  2. "Iván Raña: "Entrenar fuerte me motiva, pero ya no me hace falta ganar para estar contento"". Runner's World (en castelán). 2021-10-23. Consultado o 2023-08-28. 
  3. "Iván Raña Magazine by Luis Torrente Moreno - Issuu". issuu.com (en inglés). 2012-03-08. Consultado o 2023-08-28. 
  4. "Lluvia de medallas del CDU". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de xuño de 1996. p. 61. 
  5. 5,0 5,1 "Raña regresa a sus orígenes". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2023-08-28. 
  6. "Se pulverizan seis récords en el campeonato gallego de natación". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2023-08-28. 
  7. "Premios al triatlón compostelano". La Voz de Galicia (en castelán). 2010-02-18. Consultado o 2023-08-28.