Río Corgo, río Sarela
O Río Corgo, tamén coñecido como Río Corvo[1], é un pequeno río que nace no concello de Santiago de Compostela e desemboca no río Sarela. O río nace en Meixonfrío, ó norte da cidade, nun manancial á beira da rúa do Corgo. O seu percorrido é duns 5 quilómetros e discorre por algúns dos parques da cidade compostelá. Tamén hai treitos nos que o río foi artificialmente canalizado baixo a terra ó seu paso por zonas urbanas como interseccións de rúas ou a antiga feira do gando en Salgueiriños.
Tipo | río ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | España ![]() | |||
Localización | O Meixonfrío ![]() | |||
Final | ||||
Localización | Río Sarela ![]() | |||
| ||||
Características | ||||
Dimensións | 5 (![]() | |||
Características
editarAo pouco de nacer, o río ocúltase para reaparecer pouco despois en Salgueiriños. Ese treito do río forma parte dunha rede de parques e xardíns da cidade destinados ó lecer e ó paseo.[2][3]
O río Corgo penetra na propia cidade de Santiago de Compostela por un conxunto de parques: o Parque da Ponte Mantible, o Parque da Música e mais o Parque de Galeras.
No Parque da Ponte Mantible, o río Corgo pasa por debaixo da Ponte Mantible, un acueduto da Idade Media que levaba auga á catedral e ás fontes da zona vella da cidade. No Parque da Música, o río Corgo é retido para formar un lago artificial fronte ó Auditorio de Galicia, e a continuación percorre o resto do parque entre árbores e pontes.
Uns centos de metros despois de deixar o Parque da Música, as augas do río Corgo son canalizadas de novo, ata chegar ó Parque de Galeras, preto do vello Hospital Xeral de Galicia, e ó pé do Monte Pío (a residencia oficial da Presidencia da Xunta), onde o Corgo e o Sarela se xuntan.
Galería de imaxes
editar-
As augas do río Corgo no Auditorio de Galicia.
-
O río Corgo (arriba) desembocando no río Sarela.
-
Ponte de madeira sobre o río Corgo.
Notas
editar- ↑ "Estudio de sostibilidade ambiental, impacto territorial e paixasístico no PXOM do Concello de Santiago de Compostela (2008)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xullo de 2014. Consultado o 05 de abril de 2011.
- ↑ "Restauración do contorno do río Corgo (Salgueiriños)". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2011. Consultado o 04 de abril de 2011.
- ↑ "Salgueiriños estrena parque y le da vida de nuevo al río Corgo" Arquivado 14 de agosto de 2011 en Wayback Machine., artigo en El Correo Gallego, 13 de marzo do 2011 (en castelán).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Corgo, río Sarela |