Residencia oficial de Monte Pío

residencia oficial do Presidente da Xunta de Galicia
(Redirección desde «Monte Pío»)

Coordenadas: 42°53′5.46″N 8°33′8.14″O / 42.8848500, -8.5522611

A residencia oficial de Monte Pío é o aloxamento do Presidente da Xunta de Galicia. Está situada nas Casas Novas (Vista Alegre, Santiago de Compostela).

O amencer en Monte Pío durante o inverno.
Vista xeral.

Características editar

Foi deseñada por Manuel Gallego Jorreto nuns terreos que foron cedidos polo Instituto Nacional de Meteoroloxía nunha faldra do barrio compostelán de Casas Novas. Canda o proxecto de residencia, habilitouse unha zona anexa como parque público. Foi estreada en 2002 por Manuel Fraga. Neste complexo viviron até o momento o propio Fraga, o socialista Emilio Pérez Touriño, Alberto Núñez Feijóo e mais Alfonso Rueda. Conta con 25.000 m² (o total, coa zona verde do parque é de 70.000 m²[1]) e dúas áreas definidas: a da vivenda e mais unha zona dedicada á actividade institucional.

Notas editar

  1. El parque de Monte Pío implica la cesión a la Xunta de Galicia de un edificio del Hórreo Arquivado 08 de decembro de 2015 en Wayback Machine. en La Voz de Galicia o 19 de febreiro de 2001.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar