Arco de Mazarelos
O arco de Mazarelos[1], tamén coñecido como porta de Mazarelos[2], é unha das portas que daban acceso á cidade de Santiago de Compostela nas Idades Media e Moderna, cando a cidade estaba defendida por unha muralla.
Características
editarA porta de Mazarelos é o único vestixio que queda en pé da muralla de Santiago de Compostela,[3] xa que o resto da mesma foi derrubado entre os séculos XVIII e XIX.[4]
A porta, de arco de medio punto peraltado, ten acaroada no lateral sur unha edificación que conserva os baseamentos do torreón defensivo que flanqueaba a porta. Ambas as arquitecturas están construídas en granito.[5]
Historia
editarConstrución
editarA expedición militar de Almanzor sobre Santiago de Compostela no ano 997 levou ao bispo Cresconio (1037-1066) a reconstruír o sistema defensivo creado por Sisnando II contra 968.[5]
Sobre o segundo anel defensivo (profundos fosos e cercas) que rodeaba o núcleo urbano (o primeiro protexía o locus Sancti Iacobi), Cresconio edificou outra muralla con torreóns de planta cadrada e rolda interior.[5]
Importancia da porta na Idade Media
editarEsta porta antigamente permitía entrar en Santiago de Compostela aos viaxeiros procedentes de Ourense.[6]
Na Idade Media, os peregrinos que llegaban a Santiago de Compostela desde Mérida pola Vía da Prata entraban na cidade pola porta de Mazarelos, que era tamén o lugar por onde entraban o viño do Ribeiro desde a cidade de Ourense,[7] segundo consta no capítulo IX do libro V do famoso Codex Calixtinus, citado por Miguel Etayo Gordejuela:[8]
A cidade de Compostela está situada entre dous ríos chamados Sar e Sarela. O Sar encóntrase ao oriente entre o Monte do Gozo e a cidade, e o Sarela ao poñente. As entradas e portas da cidade son sete. A primeira entrada chámase Porta Francíxena; a segunda, Porta da Pena; a terceira, Porta de Sofrades; a cuarta, Porta do Santo Peregrino; a quinta, Porta Falgueira, que conduce a Padrón; a sexta, Porta de Susannis; e a sétima, Porta de Mazarelos, pola que chega á cidade o precioso Baco.[9]
Hai constancia de que na Idade Media varios cambistas de moedas vivían na praza de Mazarelos,[10] e tamén de que a porta de Mazarelos era unha das máis frecuentadas por transeúntes e transportistas de mercadorías, xa que até ela chegaba o camiño que unía Santiago de Compostela con Comarca do Sar, e por ela chegaban a Santiago os cereais casteláns e os viños do Ribeiro e do val dol Ulla.[11]
Reformas
editarDurante os séculos XVI e XVII realizáronse importantes reparacións e reformas no sistema defensivo da cidade.[5]
Finalmente, no século XIX derrubárionse as murallas, quedando só o arco de Mazarelos e algúns outros pequenos vestixios.[12]
Notas
editar- ↑ Arco de Mazarelos en turismo.gal.
- ↑ Porta de Mazarelos na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ VV.AA. 2013, p. 136.
- ↑ VV.AA. e Ortega Romero 1994, p. 146.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Arco de Mazarelos Xunta de Galicia.
- ↑ García-Braña 1986, p. 31.
- ↑ VV.AA. 2013, p. 168.
- ↑ Etayo Gordejuela 2011, p. 143.
- ↑ Calisto II (1135-1140). Códice Calixtino ou Liber Sancti Iacobi (en latín). V (Guía do Peregrino).
- ↑ Portela Silva et al. 2003, p. 188.
- ↑ Portela Silva et al. 2003, pp. 87-88.
- ↑ González Méndez & Luaces Anca 2009.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- González Méndez, Matilde e Luaces Anca, Javier (2009): A cerca da Cidade: Santiago de Compostela. Santiago de Compostela: Oficina da Cidade Histórica e Rehabilitación. Concello de Santiago. (en galego), (en castelán), (en inglés).
- Etayo Gordejuela, Miguel ( (2011). "La representación artística de la ciudad de Santiago. Leyendas y escrituras". Ángulo Recto. Revista de estudios sobre la ciudad como espacio plural (Madrid: Universidad Complutense de Madrid) (3-1): 135–173. ISSN 1989-4015. Consultado o 9 de marzo de 2018.
- García Braña, Celestino (1986). "El primer plano conocido de Santiago: un nuevo documento clave para el urbanismo gallego" (PDF). Boletín académico (Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña) (A Coruña: Universidade da Coruña: Escoela Técnica Superior de Arquitectura) (5): 31–35. ISSN 0213-3474. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 9 de marzo de 2018.
- Portela Silva, Ermelindo (coord.) (2003). Historia de la ciudad de Santiago de Compostela (1ª ed.). Santiago de Compostela: Servicio de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela, Concello de Santiago de Compostela e Consorcio de Santiago. ISBN 84-9750-137-3.
- Ortega Romero, Mª do Socorro Dolores (1994). "Reformas urbanísticas en la Compostela neoclásica: el proyecto de Cermeño para la plaza de Santa Susana". Experiencia y presencia neoclásicas: Congreso Nacional de historia de la arquitectura y del arte (La Coruña, 9-12 de abril de 1991) (1ª ed.). A Coruña: Universidade da Coruña: Servizo de publicacións. pp. 143–152. ISBN 84-88301-78-2.
- VV.AA. (2013). Badajoz: CEDER "La Serena" y Parlamento de Extremadura, ed. Actas del II Congreso Internacional Camino mozárabe de Santiago (Mérida, 4 y 5 de septiembre de 2013) (PDF) (1ª ed.). TECNIGRAF, S.A. ISBN 978-84-95635-17-4.