Castriño de Conxo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O Castriño de Conxo é un sitio arqueolóxico composto por un castro prerromano (non estudado) e nel unha rocha cuxa superficie contén unhas serie de gravuras coñecidas como petróglifos. Atópase na parroquia de Conxo, no concello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña, no lugar coñecido como A Volta do Castro.
Castriño de Conxo | |
---|---|
Parroquia | Conxo |
Concello | Santiago de Compostela |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA15078041 |
Cronoloxía | |
Datas de ocupación | ? |
Data da descuberta | ? |
Períodos de escavación | Non escavado |
Estado actual | Abandono, petróglifos visitables |
Extensión estimada | ? ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
Os petróglifos
editarNunha rocha pouco elevada sobre o terreo (como é común nos petróglifos galegos) situada no parapeto superior do asentamento castrexo atopamos uns petróglifos gravados na súa superficie que posúen unha especial relevancia en canto as representacións de armas, vinculadas aos modelos británicos datables ao redor do III-II milenio a.C. Tamén se aprecian deseños triangulares (algún raiado) que algúns autores interpretan como ídolos antropomorfos, outros como machados de dobre anel ou escudos triangulares.
Pódense observar claramente figuras como un puñal con dobre nervadura, dúas espadas enfrontadas pola empuñadura e unha terceira máis á dereita; tamén ata catro posibles, simplificadas, alabardas (de representación moi pouco usual nas nosas terras), arma de orixe centroeuropea, e outros trazos diversos moi erosionados, posibles restos doutras armas representadas.
As armas representadas son os obxectos que permiten dar a posible cronoloxía exposta con anterioridade. De especial relevancia é que non se representan machados ou outros apeiros agrícolas ou de carácter utilitario, só armas, cuxa posesión é interpretada como símbolo de poder e prestixio dunha sociedade que camiña dende unha situación de igualdade cara a unha sociedade estratificada e fortemente xerarquizada.
O castro
editarPese a non ser tido obxecto de estudo, realizáronse diversas prospeccións arqueolóxicas que percibiron un recinto ovalado moi irregular. Nel atopáronse muíños de man e diversos anacos de cerámicas castrexas. Só un muro foi visible, de 5 metros de lonxitude por medio metro de altura.
Estado
editarAtópase en completo estado de abandono, polo que non é fácil a súa visita, xa que se atopa cuberto de vexetación e arboredo. Está dividido por un aramado que o divide quedando gran parte do sitio en propiedade privada. Por riba disto, en maio de 2019 sufriu unha salvaxe vandalización cando o rascaron remarcando con pedra os sucos do petróglifo.[1][2][3][4][5]
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes do Castriño de Conxo.
Notas
editar- ↑ Diario, Nós (2019-05-17). "Agresión aos gravados do Castriño de Conxo, emblema da arte rupestre compostelá". Nós Diario. Consultado o 2022-11-14.
- ↑ historiadegalicia.gal, ed. (maio de 2019). "Novo atentado patrimonial nuns dos petróglifos con representación de armas máis importantes de Galicia".
- ↑ El Correo Gallego, ed. (maio de 2019). "Agresión vandálica en el petroglifo de Conxo".
- ↑ La Voz de Galicia, ed. (maio de 2019). "Provocan graves daños en varios grabados del Castriño de Conxo, una joya del arte rupestre gallego".
- ↑ Colectivo A Rula, ed. (maio de 2019). "O emblema da arte rupestre compostelá danado gravemente. Agresión aos gravados do Castriño de Conxo.".
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castriño de Conxo |
A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Bibliografía
editar- Carballo Arceo, Xulio (xullo de 2006). Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Nigra Trea. ISBN 84-95364-40-9.