Abrir o menú principal

Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela

Coordenadas: 42°52′41″N 8°32′32″O / 42.87806, -8.54222

Vista da praza de Mazarelos. Ao fondo, a Facultade de Filosofía e, diante dela, a estatua de Montero Ríos.

A Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela, onde se imparte o grao en Filosofía e máis varios másteres, é unha das últimas pólas segregadas da antiga Facultade de Filosofía e Letras, na que o peso da licenciatura de Xeografía e Historia era fundamental, por ser a única subtitulación da licenciatura en Filosofía e Letras que se impartía nela desde a súa fundación en 1922 até ben entrados os anos 1970, cando se creou a licenciatura en Filoloxía románica.[1]

Índice

SituaciónEditar

A Facultade está situada na praza de Mazarelos, coñecida tamén por moitos composteláns de certa idade como praza do Instituto, por estar no edificio, antigo convento da Compañïa,[2] ocupado durante moitos anos polo Instituto Arcebispo Xelmírez,[3] a carón da igrexa da Universidade (tamén coñecida como igrexa da Compañía), esta xa na contigua praza da Universidade.

HistoriaEditar

Tras a expulsión dos xesuítas en 1767 o rei Carlos III concédelle á Universidade de Santiago os terreos e edificios que esta orde relixiosa posuía na cidade, comezando en 1769 a construción do novo edificio da Universidade, que foi inaugurado en 1805. Coa chegada do século XX rexístrase un aumento no número de alumnos, así como da oferta académica, coa conseguinte dotación de infraestruturas. Remátase en 1901 a ampliación do edificio central da Universidade, e constrúense os novos edificios da Facultade de Medicina (que, xunto coa de Farmacia, ocupaban daquela o Pazo de Fonseca) co apoio de Eugenio Montero Ríos, a Facultade de Veterinaria (actual sede do Parlamento de Galicia) e o Colexio de Xordomudos (actual sede administrativa da Xunta de Galicia, en San Caetano).[4] O edificio da Universidade central estaba rematado polas estatuas dos catro "benfeitores da Universidade", catro estatuas colosais exentas, as do notario compostelán Lopo Gómez de Marzoa, que fundou un Colexio para estudantes pobres no ano 1495 e, tras o fracaso de dita institución, foi un dos promotores e padróns do Studium Generale (coñecido como Colexio de Santiago Alfeo) instituído en 1501,[5] o cóengo e antigo reitor da Universidade Diego Juan de Ulloa,[6] Álvaro de Cadaval, que entre 1542 e 1545 ocupou o cargo de primeiro catedrático de gramática da Universidade,[7] e o III conde de Monterrei, Alonso de Zúñiga e Acevedo Fonseca, que foi padrón do Colexio de Santiago Alfeo, ou de Fonseca, que fundara seu tío Alonso de Fonseca e Ulloa.[4] Sobre o muro frontal, no centro, instalouse un panel en relevo que representa á alegoría da sabedoría coroando con follas de loureiro á mocidade estudantil. A ambos os lados deste relevo locen senllos medallóns cos retratos dos fundadores da Universidade, Diego de Muros III, e Alonso III de Fonseca. Coroando a cornixa superior, dúas figuras femininas sosteñen un escudo coas armas abreviadas da coroa española.[8] Enriba de todo, estaba a escultura de Minerva e as Ciencias, grupo escultórico tallado polo noiés Xosé Ferreiro (1738-1830), que se retirou para ser instalado, en 1962, no novo edificio da Facultade de Ciencias no Campus Sur,[9] daquela coñecido como A Residencia.

Durante a primeira metade do século XX o edificio acollía a Facultade de Dereito (na planta baixa), a de Filosofía e Letras (sección de Historia) na primeira planta (onde está tamén o Paraninfo) e a de Ciencias (sección de Químicas) na terceira (e cuxos laboratorios estaban no faiado). Nun edificio anexo encontrábase a Biblioteca Xeral e a Biblioteca América (hoxe, nestas dependencias sitúase a biblioteca da facultade). Na segunda metade dese século, coas novas construcións no Campus Sur, o antigo edificio central converteuse na actual Facultade de Xeografía e Historia.

Titulacións impartidasEditar

Equipo decanalEditar

Na actualidade o equipo de goberno da Facultade está composto por:[14]

  • Decano: José Miguel Sagüillo Fernández-Vega
  • Vicedecana: Mª Nieves Herrero Pérez
  • Secretaria: Concha Martínez Vidal

Grupos de investigaciónEditar

  • Departamento de Filosofía e Antropoloxía.[15]
    • Ilustración, censura e modernidade. (Coordinador: Luís Rodríguez Camarero).
    • Hermenéutica filosófica e Historia da Filosofía. (Coordinador: Marcelino Agís Villaverde).
    • Antropoloxía Sociocultural. (Coordinadora: Mª Nieves Herrero Pérez).
    • Xustiza e igualdade. (Coordinadora: María Xosé Agra Romero).
    • ETHOS. Filosofía moral. (Coordinador: Luís M. García Soto).
    • Grupo Mazarelos de Pensamento Moderno e Contemporáneo. (Coordinadora: Mª Xesús Vázquez Lobeiras).

Programas de doutoramentoEditar

NotasEditar

  1. Páxina web da Facultade.
  2. "A Compañía" refírese á Compañía de Xesús os xesuítas.
  3. El IES Xelmírez II inicia el 30 aniversario recordando su historia con el Xelmírez I. La Voz de Galicia, 08/10/2015.
  4. 4,0 4,1 "Historia da USC". Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 23 de abril de 2018. 
  5. Amparo Rubio Martínez & Miguel García Fernández (2016): Las últimas voluntades de Lope Gómez de Marzoa: un ome poderoso y muy emparentado en la cibdad de Santiago. Cuadernos de Estudios Gallegos LXIII Núm. 129, pp. 243-286.
  6. VV. AA. 1995, p. 100.
  7. Díaz y Díaz, Manuel Cecilio (1996): "Álvaro de Cadaval, primer latinista de la Universidade de Santiago: unas notas". Cuadernos de estudios Gallegos, Tomo XLIII, Nº 1808, pp. 346-347.
  8. Franjo Padín Casas: Facultade de Xeografía e Historia en Patrimonio Galego.
  9. Grupo escultórico de Minerva y los geniecillos de las Ciencias en Memorias de Compostela.
  10. Decreto 385/2009, de 27 de agosto, por el que se autoriza la implantación de enseñanzas universitarias oficiales de grado en las universidades del sistema universitario de Galicia para el curso 2009-2010. DOG Núm. 182, 16 de septiembre de 2009.
  11. Orde da Xunta de Galicia do 28/06/2016, publicada no DOG o 13/07/2016.
  12. Orde da Xunta de Galicia 434/2009 do 3 de decembro, publicada no DOG o 15/12/2009.
  13. Orde da Xunta de Galicia do 21/01/2014, publicada no DOG o 31/01/2014.
  14. Equipo directivo.
  15. Departamento de Filosofía e Antropoloxía. Grupos de investigación.
  16. Doutoramento.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar