A arte (do latínars, artis, a través do seu acusativo singular artem) é entendida xeralmente como calquera actividade ou produto realizado polo ser humano cunha finalidade estética ou comunicativa, a través do que se expresan ideas, emocións ou, en xeral, unha visión do mundo, mediante diversos recursos, como os plásticos, lingüísticos, sonoros ou mixtos.
Pokémon Red Version e Pokémon Blue Version son dous videoxogos de rol desenvolvidos por Game Freak e publicados por Nintendo para a consolaGame Boy. Son os primeiros títulos da serie de videoxogos Pokémon. Foron estreados orixinalmente no Xapón en 1996 como Pocket Monsters: Red e Pocket Monsters: Green, con Pocket Monsters: Blue sendo estreado ese mesmo ano como unha edición especial. Foron estreados como Red e Blue en América do Norte e Australia en 1998, e en Europa en 1999.
Pokémon Yellow, unha edición especial, foi estreada no Xapón en 1998, e noutras rexións en 1999 e 2000. Red e Green foron refeitos para a Game Boy Advance como Pokémon FireRed e LeafGreen, estreados no 2004. Red, Blue e Yellow, así como Green no Xapón, foron relanzados para a consola Nintendo 3DS Virtual Console en 2016 para conmemorar o vixésimo aniversario da franquía. (Ler máis...)
Image 2
Anna May Wong, nada co nome Wong Liu-tsong o 3 de xaneiro de 1905 nos Ánxeles e finada o 3 de febreiro de 1961 en Santa Monica, foi unha actriz estadounidense, considerada a primeira estrela de cine chinoamericana, a primeira desta orixe en gañarse o recoñecemento internacional. Durante a súa carreira actuou no cine mudo, no cine sonoro, na televisión, no teatro e na radio.
Nada nos Ánxeles no seo dunha familia de chinoamericanos de segunda xeración, Wong sentiuse atraída cara á actuación dende unha idade temperá. Durante a época do cine mudo actuou no filme The Toll of the Sea de 1922, un dos primeiros filmes rodados a cor, e no filme de 1924 de Douglas FairbanksThe Thief of Bagdad, tralo que se converteu nunha icona de moda e acadou a fama internacional en 1924. Frustrada polos papeis secundarios estereotipados que representaba en Hollywood, Wong trasladouse a Europa a finais dos anos 1920, sendo a protagonista de varias obras de teatro e filmes destacados, entre eles o filme de 1929 Piccadilly. Pasou a primeira metade dos anos 1930 viaxando entre os Estados Unidos e Europa realizando diversos traballos no teatro e no cinema. Actuou en varios filmes dos inicios da época do cine sonoro coma Daughter of the Dragon de 1931 e Daughter of Shanghai de 1937, así como xunto a Marlene Dietrich no filme de 1932 de Josef von SternbergShanghai Express. (Ler máis...)
Image 3
Prudencia Eugenia Juana Osterberger Luard, coñecida simplemente como Eugenia Osterberger, nada en Santiago de Compostela o 20 de decembro de 1852 e finada en Niza o 8 de febreiro de 1932, foi unha compositora galega do romanticismo. Filla dunha coruñesa e un gravador e litógrafo alsaciano, Eugenia Osterberger pronto amosou interese pola música, aprendendo dende nena a tocar o piano. Anos despois do seu regreso de formarse en Francia casou co enxeñeiro francés Francisco Saunier e instalouse na cidade da Coruña. Na cidade herculina Osterberger mantivo relación non só con destacadas personalidades da música galega do seu tempo, senón tamén da literatura, como Emilia Pardo Bazán, integrándose na sociedade El Folk-Lore Gallego, que presidía a propia Emilia. Polas súas achegas no campo da música foi nomeada membro correspondente da Real Academia Galega cando esta se fundou en 1906. En 1908 trasladouse coa súa familia á cidade de Niza, onde residiu ata a súa morte.
A súa obra, en boa parte descoñecida, foi publicada pola editorial de Canuto Berea na Coruña (editando obras puramente instrumentais), F. Laurens en París e as editoriais de Benito Zozaya e Casa Dotesio en Madrid. As poucas obras coñecidas da compositora compostelá inclúen obras para piano só e cancións de salón para voz e piano. Ademais de destacar a súa produción musical, Eugenia Osterberger participou en diversas iniciativas de dignificación da cultura galega. (Ler máis...)
Image 4
O new wave of British heavy metal (literalmente en galego: nova onda do heavy metal británico), abreviado comunmente como NWOBHM ou N.W.O.B.H.M., foi un movemento musical de contexto nacional que tivo lugar no Reino Unido a finais dos anos 1970 e acadou unha atención internacional a comezos dos anos 1980. O xornalista Geoff Barton cuñou o termo na edición de maio de 1979 da revista musical británica Sounds para describir o xurdimento de novos grupos de heavy metal a finais da década dos anos 1970, durante un período de declive do punk rock e dominación da música new wave.
Malia abranguer estilos diversos de correntes principais e underground, a música do NWOBHM caracterizouse por tomar o heavy metal dos anos 1970 e infundirlle a intensidade do punk rock para producir cancións rápidas e agresivas. A actitude DIY dos novos grupos de heavy metal favoreceu a expansión de gravacións de produción propia cun son cru e a proliferación de discográficas independentes. As letras das cancións adoitaban tratar temas de escapismo, como a mitoloxía, a fantasía, a ciencia ficción o terror e o estilo de vida da música rock. (Ler máis...)
Image 5
Intempo é un rañaceos de 192 metros de altura e 47 plantas coroado pero inacabado situado en Benidorm (Alacant). Trátase do rañaceos residencial máis alto de España e segundo da Unión Europea, e o quinto edificio máis alto de España, superado polas catro torres do CTBA de Madrid.
A data de xuño de 2016, o proxecto atópase parado e o inmoble, por tanto, deshabitado, tendo rematados o 94% dos traballos. É propiedade da promotora Olga Urbana, que se atopa en concurso de acredores. O acredor maioritario é o Sareb, unha sociedade anónima de xestión de activos procedentes da reestruturación bancaria ou «banco malo», como herdeira do crédito hipotecario concedido pola extinta caixa de aforrosCaixa Galicia. O Sareb tentou recuperar parte do crédito a través dunha poxa completa do inmoble, tras intentos infrutuosos por parte do promotor de lograr acordos con investidores estranxeiros. Tras recibir unha única oferta de 47 millóns de euros, o Sareb exerceu o seu dereito de mellorala, ofrecendo 58,5 millóns. Sempre que non se resolvan os problemas xudiciais a raíz do concurso da sociedade promotora, o Sareb non poderá adxudicarse o inmoble. (Ler máis...)
Image 6
Píseň bohatýrská (traducible ao galego como O canto do heroe), Op. 111, B. 199, tamén chamada Canción heroica para orquestra, é un poema sinfónico para orquestra composto por Antonín Dvořák entre o 4 de agosto e 25 de outubro de 1897. Foi estreado en Viena o 4 de decembro de 1898, coa Orquestra Filharmónica de Viena baixo a dirección de Gustav Mahler, e a súa publicación tivo lugar en Berlín en 1899. A diferenza doutros poemas sinfónicos de Dvořák, esta obra non está baseada nun texto específico, e puido ter sido composta coa intención de ser autobiográfica. A peza é na súa maior parte enerxética e triunfante, mais inclúe unha sección lenta que contén unha marcha fúnebre. Unha interpretación típica dura aproximadamente vinte e dous minutos. (Ler máis...)
Rautavaara destacou por ser un compositor prolífico, con obras de gran variedade formal e estilística que grazas á súa accesibilidade conseguiron facerse populares entre o público. As súas variadas composicións son mostra da súa propia personalidade como compositor. O recoñecemento da súa obra púxose de manifesto nos numerosos encargos que recibiu de numerosas institucións en todo o mundo. (Ler máis...)
Killswitch Engage acadou certa fama trala publicación do seu álbum de 2004 titulado The End of Heartache, que acadou o número 21 da lista Billboard 200 e foi certificado como disco de ouro pola RIAA en decembro do 2007 ó acadar 500 000 exemplares vendidos nos Estados Unidos. O tema homónimo deste disco, "The End of Heartache", foi nomeado a un Premios Grammy no 2005 na categoría de "Mellor Actuación de Metal". O grupo actuou en varios festivais internacionais como o Soundwave Festival, Wacken Open Air, Ozzfest, Download Festival, Rock Am Ring e Mayhem Festival entre outros, e leva máis de catro millóns de discos vendidos só nos Estados Unidos, estando considerado como un dos grupos notable dentro da escena musical do New Wave of American Heavy Metal. (Ler máis...)
Nos seus inicios, fundamentou a súa reputación como compositor con obras como Der fliegende Holländer e Tannhäuser, que seguían a tradición romántica de Weber e Meyerbeer. Transformou o pensamento musical coa idea da «obra de arte total» (en alemánGesamtkunstwerk), a síntese de todas as artes poéticas, visuais, musicais e escénicas, que desenvolveu nunha serie de ensaios entre 1849 e 1852, e que plasmou na primeira metade da súa monumental tetraloxía Der Ring des Nibelungen. Con todo, as súas ideas sobre a relación entre a música e o teatro mudaron de novo e reintroduciu algunhas formas operísticas tradicionais nas obras da súa última etapa, como en Die Meistersinger von Nürnberg. As obras de Wagner, particularmente as do seu último período (que se corresponden coa súa etapa romántica), destacan pola súa textura contrapuntística, riqueza cromática, harmonía, orquestración e un elaborado uso dos leitmotivs (temas musicais asociados a caracteres específicos ou elementos dentro da trama). Wagner foi o pioneiro en varios avances da linguaxe musical, como un extremo cromatismo (asociado coa cor orquestral) ou a ampliación do cosmos harmónico a través dun continuo desprazamento dos centros tonais, o que influíu no desenvolvemento da música clásica europea. (Ler máis...)
Nado en Pesaro de pais músicos, seu pai trompetista e a súa nai cantante, Rossini comezou a compoñer aos 12 anos e foi educado na escola de música de Boloña. A súa primeira ópera representouse en Venecia en 1810 cando tiña 18 anos. En 1815, comprometeuse a escribir óperas e dirixir teatros en Nápoles. No período 1810-1823 escribiu 34 óperas para a escena italiana que se representaron en Venecia, Milán, Ferrara, Nápoles e outros lugares. Esta produtividade requiría un enfoque case formulado para algúns compoñentes (como as aberturas) e unha certa cantidade de autoempréstito. Durante este período produciu as súas obras máis populares, incluídas as óperas cómicas L'italiana in Algeri, Il barbiere di Siviglia e La Cenerentola, que levou á súa máxima expresión a tradición da ópera bufa que herdou de mestres como Domenico Cimarosa e Giovanni Paisiello. Tamén compuxo obras de ópera seria como Otello, Tancredi e Semiramide. Todas estas atraeron admiración pola súa innovación na melodía, cor harmónica e instrumental, e da forma dramática. En 1824, foi contratado pola Ópera de París, para a que produciu unha ópera para celebrar a coroación de Carlos X, Il viaggio a Reims (reutilizada máis tarde para a súa primeira ópera en francés, Le Comte Ory), revisións de dúas das súas óperas italianas, Le Siège de Corinthe e Mosè in Egitto, e en 1829 a súa derradeira ópera, Guillaume Tell. (Ler máis...)
O noveno fillo sobrevivente nunha familia de protestantesmetodistas, Crane comezou a escribir relatos cando tiña catro anos e xa publicara varios artigos a idade de 16 anos. Amosando pouco interese nos estudos universitarios, deixou a universidade no ano 1891 para traballar coma xornalista e escritor. A súa primeira novela publicada foi un relato de 1893 sobre o Bowery titulado Maggie: A Girl of the Streets, xeralmente considerado pola crítica coma a primeira obra literaria do naturalismo estadounidense. Acadou a aclamación internacional en 1895 pola súa novela sobre a guerra civil estadounidenseThe Red Badge of Courage, que escribiu sen ter ningunha experiencia en combate. (Ler máis...)
Image 13
A balsa muisca (en muisca: zhiny myska) ou balsa dourada (en muisca: zhiny kihichá) é unha peza votiva de ourivaríaprecolombiana feita pola cultura muisca, un pobo indíxena que habita no Altiplano Cundiboyacense dos Andescolombianos. A peza probablemente fai referencia á cerimonia de ofrenda de ouro descrita na lenda de El Dorado, que ocasionalmente tiña lugar na lagoa de Guatavita. Neste ritual, o novo xefe muisca (o zipa), que estaba a bordo dunha balsa e cuberto de po de ouro, guindaba obxectos de ouro á lagoa como ofrendas aos deuses, antes de mergullarse na lagoa. A figura foi creada entre os anos 1295 e 1410 mediante fundición á cera perdida nunha aliaxe de ouro con prata e cobre. A balsa formaba parte dunha ofrenda que foi colocada nunha cova do concello de Pasca. Dende o seu descubrimento en 1969, a balsa muisca converteuse nun emblema nacional de Colombia e foi representada nos selos de correos. A peza está exposta no Museo do Ouro de Bogotá. (Ler máis...)
Image 14
Johann Sebastian Bach (en alemán /joˈhan/ ou /ˈjoːhan zeˈbastjan ˈbax/), nado en Eisenach (actualmente en Turinxia, Alemaña; daquela pertencente ao Sacro Imperio Romano Xermánico) o 31 de marzo de 1685 e finado en Leipzig o 28 de xullo de 1750, foi un músico e compositor do período barroco da música erudita. Considérase un dos compositores máis grandes e influentes da historia da música. Moitas das súas obras reflicten unha gran profundidade intelectual, expresión emocional e, sobre todo, altísimo dominio técnico. Bach considerábase a si mesmo un artesán consciente de que realizaba unha tarefa o mellor que a súa capacidade lle permitía, para a satisfacción dos seus superiores, para pracer e edificación dos seus semellantes, e para a gloria de Deus.
A súa vida foi similar á de moitos funcionarios musicais do seu tempo na Alemaña luterana, escasa en grandes acontecementos. Ocupou os postos de organista en Arnstadt entre 1703 e 1707, e Mühlhausen (1707-1708), organista da corte e posteriormente mestre de capela do duque de Weimar, e entre 1717 e 1723 foi director musical na corte do príncipe Leopold en Köthen. En 1720 faleceu a súa esposa, e un ano máis tarde volveu casar, esta vez coa cantante Anna Magdalena Wilcke. A partir de 1723 e ata a súa morte, Bach foi mestre de capela e kantor na igrexa de San Tomé en Leipzig e director musical da cidade. Chegou a ser invitado á corte de Frederico II o Grande en Sanssouci. Aínda que en vida gozou de certa fama na Alemaña protestante como virtuoso organista e compositor de eruditas obras contrapuntísticas, había canto menos media ducia de compositores máis coñecidos ca el en Europa. Bach tivo numerosos alumnos e estudantes ó longo da súa vida. Entre eles cóntase a Johann Friedrich Agricola. Finou en 1750, despois dunha intervención fracasada no ollo, facendo que Bach fose quedando cego ata perder totalmente a vista. (Ler máis...)
Image 15
Alexandre César Léopold Bizet, coñecido como Georges Bizet (pronunciado [ˈʒɔʁʒ biˈzɛ]), nado en París o 25 de outubro de 1838 e finado en Bougival o 3 de xuño de 1875, foi un compositorfrancés pertencente ao período romántico, coñecido especialmente polas súas óperas. Trátase do compositor dunha das óperas francesas máis populares de todos os tempos e que se converteu nunha das máis populares e interpretadas de todo o repertorio operístico: Carmen, composta en 1875 e que foi a última obra da súa carreira curtada pola súa morte prematura e na que alcanzou escasos éxitos ata a propia Carmen.
Bizet gañou varios premios ao longo da súa brillante carreira como estudante no Conservatorio de París, incluíndo o prestixioso Prix de Rome en 1857. Foi recoñecido como un pianista excepcional, aínda que preferiu non aproveitar a súa habilidade e en raras ocasións tocou en público. Logo de regresar a París tras pasar case tres anos en Italia, deuse conta de que nos principais teatros de ópera parisienses preferíase interpretar o repertorio clásico máis arraigado antes que as obras de novos compositores. As súas composicións orquestrais e para teclado foron do mesmo xeito ignoradas na súa gran maioría, o que estancou a súa carreira, polo que tivo que gañarse a vida principalmente mediante arranxos e transcricións da música doutros. Na súa procura do ansiado éxito, comezou varios proxectos teatrais durante a década de 1860, moitos dos cales abandonou. Ningunha das dúas óperas que se chegaron a poñer en escena —Les Pêcheurs de Perles e La jolie fille de Perth— tiveron éxito de inmediato. (Ler máis...)
Segundo a Encyclopædia Britannica, «Shakespeare é xeralmente recoñecido como o máis grande dos escritores de todos os tempos, figura única na historia da literatura. A fama doutros poetas, tales como Homero e Dante Alighieri, ou de novelistas tales como Lev Tolstoi ou Charles Dickens, transcendeu as barreiras nacionais, pero ningún deles chegou a alcanzar a reputación de Shakespeare, cuxas obras hoxe lense e representan con maior frecuencia e en máis países que nunca. A profecía dun dos seus grandes contemporáneos, Ben Jonson, cumpriuse por tanto: "Shakespeare non pertence a unha soa época senón á eternidade"». (Ler máis...)
Despois dunha infancia de neno prodixio en Polonia marchou para París con vinte anos, onde fixo carreira como intérprete, profesor e compositor e adoptou a versión francesa do seu nome Frédéric-François. De 1837 a 1847 tivo unha tormentosa relación coa escritora francesa George Sand (Aurore Dudevant). Morreu con 39 anos por mor dunha tuberculose pulmonar. (Ler máis...)
Nado nunha familia de clase media, a educación que recibiu Chaikovskii estaba dirixida a preparalo como funcionario, malia a precocidade musical que mostrou. En contra dos desexos da súa familia, decidiu seguir unha carreira musical e en 1862 accedeu ao Conservatorio de San Petersburgo, graduándose en 1865. A formación que recibiu, formal e orientada ao estilo musical occidental, apartouno do movemento contemporáneo nacionalista coñecido como o «Grupo dos Cinco» conformado por un grupo de mozos compositores rusos, cos cales Chaikovskii mantivo unha relación profesional e de amizade ao longo da súa carreira. (Ler máis...)
Dürer nun selo postal. A Melancolía, 1514. Alberto Durero ou Albrecht Dürer, nado en Núremberg o 21 de maio de 1471 e finado na mesma cidade o 6 de abril de 1528, foi un pintor, gravador e matemático alemán. As súas impresións estableceron a súa reputación por toda Europa cando aínda non cumprira os 30 anos, e foi tradicionalmente considerado xa dende entón como un dos máis importantes artistas do renacemento nórdico. A súa vasta obra abrangue retablos e traballos relixiosos, numerosos retratos e autorretratos e gravados en cobre e madeira. Exerceu unha decisiva influencia nos artistas do século XVI, tanto alemáns coma dos Países Baixos, e chegou a ser admirado por mestres italianos como Rafael Sanzio. Os seus gravados alcanzaron gran difusión e inspiraron a múltiples artistas posteriores, incluíndo os nazarenos do século XIX e os expresionistas alemáns de principios do século XX.
As súas obras máis amplamente coñecidas son a Apocalipse de 1498 e as súas dúas series da crucifixión de Cristo, a Gran Paixón (1498–1510) e a Pequena Paixón (1510–1511). (Ler máis...)
Joyce naceu no seu dunha familia de clase media. A pesar da caótica vida familiar imposta polas impredicibles finanzas do seu pai, foi un brillante estudante que asistiu brevemente á escola O'Connell, dirixida por Christian Brothers, antes de destacar nas escolas xesuítas de Clongowes e Belvedere. Continuou os seus estudos no University College Dublin. (Ler máis...)
Image 15
Vincent Willem van Gogh (en neerlandés Vincent van Gogh [ˈvɪnsɛnt fɑn'xɔx]), nado en Zundert o 30 de marzo de 1853 e finado en Auvers-sur-Oise o 29 de xullo de 1890, foi un pintor neerlandés e figura destacada do postimpresionismo. Pintou uns 900 cadros (deles 27 autorretratos e 148 acuarelas) e 1.600 debuxos. A figura central na súa vida foi o seu irmán máis novo Theo, quen lle prestou apoio financeiro continua e desinteresadamente. A grande amizade entre eles está documentada nas numerosas cartas que intercambiaron desde agosto de 1872; das 800 cartas conservadas do pintor, unhas 650 están dirixidas a Theo e as outras a amigos e familiares.
Xa desde moi novo tivo inclinación cara ao debuxo e o seu primeiro traballo foi nunha empresa de marchantes de arte, viaxando entre A Haia, Londres e París. Despois ensinou durante un tempo en Inglaterra, en Isleworth e Ramsgate. Máis tarde converteuse en pastor protestante e en 1879, á idade de 26 anos, marchou como misioneiro a unha rexión mineira de Bélxica, onde comezou a debuxar á xente da comunidade local. En 1885 pintou a súa primeira grande obra Os comedores de patacas; nese momento a súa paleta compoñíase de tons sombríos de terra. A luz de cores vivas pola que é coñecido xurdiu en obras posteriores, cando se trasladou ao sur de Francia conseguindo a plenitude durante a súa estadía en Arles en 1888. Malia a calidade da súa obra, esta só foi recoñecida logo da súa morte e hoxe é considerado un dos grandes mestres da pintura. Tivo unha grande influencia na arte do século XX, especialmente entre os fauvistas e os expresionistas alemáns. A súa arte foi seguida por Derain, Vlaminck e Van Dongen. (Ler máis...)
José Ventura Eduardo Gregorio Valdomir (sic) ou Xosé Baldomir Rodríguez, máis coñecido como Xosé Baldomir, nado na Coruña o 26 de novembro de 1865 e finado na mesma cidade o 1 de febreiro de 1947, foi un compositor, pianista, director coral e profesor que desenvolveu case todo o seu labor na súa cidade natal. Entre a súa obra, cunha importante influencia da música popular, salientan as súas melodías galegas, xénero iniciado por un dos seus mestres, Marcial del Adalid, e que Baldomir levou ao máximo nivel artístico, acadando no seu tempo difusión universal con obras que permaneceron na memoria colectiva.
Ademais de como compositor, Baldomir destacou tamén como director de corais, estando á fronte de agrupacións como o Orfeón Brigantino ou a Coral Polifónica El Eco, tendo realizado con esta última numerosas e exitosas xiras por España e o resto do mundo. (Ler máis...)
Foi considerada unha das grandes actrices do teatro e o cinema francés e apareceu en clásicos como Les enfants du paradis, especialmente durante as décadas de 1940 e 1950. (Ler máis...)
Image 7
Andrés Lapique do Barro, máis coñecido como Andrés do Barro, tamén coñecido como Andrés Dobarro, nado en Ferrol o 1 de outubro de 1947 e finado en Madrid o 22 de decembro de 1989, foi un cantante e actor galego. Coñecido popularmente como Andrés do Barro, ten o mérito de ser dos primeiros cantantes que usaron o galego durante o franquismo. Malia os atrancos para a expresión musical en galego, varias cancións súas foron número un nas principais cadeas radiofónicas estatais. (Ler máis...)
Manuel María Fernández Teixeiro, nado en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004, foi un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega, destacado polo seu carácter combativo e máis polo seu compromiso político. O 19 de abril do ano 1970 foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega, mais renunciou en 1975 ao entender que a institución non estaba á altura que esixía o momento histórico.
Nas eleccións municipais de 1979 presentouse como cabeza de lista á alcaldía de Monforte de Lemos, e foi nomeado concelleiro de Augas e Recollida do lixo. Tras non ser elixido nas eleccións ao Senado de 1982 en representación do BNG, abandonou a militancia política para se dedicar por completo á actividade literaria e cultural. Volveu ingresar na RAG, desta volta como membro de número, o 15 de febreiro de 2003, por proposta de Xosé Luís Franco Grande, Ramón Lorenzo Vázquez e Xosé Luís Méndez Ferrín, pronunciando o discurso A Terra Chá: poesía e paisaxe. (Ler máis...)
Manu Chao, nado como José-Manuel Thomas Arthur Chao o 21 de xuño de 1961 é un músico e compositor francés, de familia galega. É coñecido por cantar en varias linguas como francés, español, inglés, italiano, árabe, galego e portugués, e ocasionalmente noutras linguas. Chao comezou a súa carreira musical en París, tocando con grupos como Hot Pants e Los Carayos, que combinaba gran variedade de linguas e estilos musicais. Xunto con amigos e co seu irmán Antoine Chao, fundou a banda Mano Negra en 1987, acadando un éxito considerable, particularmente en Europa. Comezou a súa carreira en solitario en 1995, e dende entón fai xiras regularmente coa súa banda de directo, Radio Bemba. (Ler máis...)
Image 12
Manuel Quiroga Losada, nado en Pontevedra o 15 de abril de 1892 e finado na mesma cidade o 19 de abril de 1961, foi un reputado violinista, compositor e debuxante galego, posiblemente o músico galego que acadou maior renome internacional, sendo considerado un dos violinistas máis importantes do seu tempo. Foi anunciado en numerosas ocasións por parte dos críticos como "o mellor sucesor de Pablo Sarasate", e ás veces é referido como "o herdeiro espiritual de Sarasate".
Foi un dos líderes do Grupo Antroido, a primeira compañía teatral galega profesional, e con ela realizou unha gran cantidade de funcións, desenvolvendo diferentes tarefas como director, escritor, actor e iluminador, ademais de moitas outras. Escribiu preto de 30 obras de teatro e recibiu numerosos premios e recoñecementos polo seu traballo, o premio Abrente, o premio Álvaro Cunqueiro, o Rafael Dieste, o Eixo Atlántico e o Tirso de Molina, entre outros. Tamén participou en diferentes filmes e series de televisión, tanto como actor coma actor de dobraxe, axudando a dar pulo ós comezos do audiovisual galego. (Ler máis...)