Sebastião Salgado

fotógrafo brasileiro

Sebastião Ribeiro Salgado, nado en Aimorés, Minas Xerais, o 8 de febreiro de 1944, é un fotógrafo brasileiro.

Sebastião Salgado
Sebastião Salgado 01.jpg
Nome completoSebastião Ribeiro Salgado
Nacemento8 de febreiro de 1944
 Aimorés
ÁreaFotografía
EducaciónÉcole nationale de la statistique et de l'administration économique, Universidade de São Paulo e Universidade Federal do Espírito Santo
NacionalidadeBrasil e Francia
CónxuxeLélia Wanick
FillosJuliano Salgado
SinaturaFirma sebastiao salgado (fotógrafo).png
editar datos en Wikidata ]

Nomeado como representante especial da UNICEF o 3 de abril de 2001, dedicouse a facer crónicas sobre a vida das persoas excluídas, traballo do cal xurdiron dez libros e varias exposicións.

TraxectoriaEditar

 
Sebastião Salgado regálalle ao presidente brasileiro, Lula, o seu novo libro (31 de outubro de 2006).

Formado en economía pola Universidade de São Paulo, traballou na Organización Internacional do Café en 1973. Deixou a economía pola fotografía após viaxar á África levando emprestada a cámara fotográfica da súa dona, Lélia Wanick Salgado.

O seu primeiro libro, Outras Américas, sobre os pobres na América Latina, foi publicado en 1986. Cunha temática relacionada publicou Sahel: O Homem em Pânico (1986), resultado dunha longa colaboración coa ONG Médicos Sen Fronteiras cubrindo a seca no Norte da África.

Entre 1986 e 1992, concentrouse na documentación do traballo manual en todo o mundo, do que sairía a obra Trabalhadores rurais. De 1993 a 1999 centrouse nos éxodos e desaloxamentos masivos de persoas, dando as obras Êxodos e Retratos de Crianças do Êxodo, publicadas en 2000.

PublicaciónsEditar

Premios e distinciónsEditar

  • Príncipe de Asturias das Artes, 1998.[1]
  • Premio Eugene Smith de Fotografía Humanitaria.
  • Premio World Press Photo
  • The Maine Photographic Workshop ao mellor libro foto-documental.
  • Membro honorario da Academia Americana de Artes e Ciencia' nos Estados Unidos.
  • Premio pola libro Trabalhadores.
  • Medalla de prata Art Directors Oub nos Estados Unidos.
  • Premio Overseas Press Oub oí America.
  • Alfred Eisenstaedt Award da Magazine Photography.
  • Premio Unesco categoría cultural no Brasil.

NotasEditar

  1. Martínez Roig, Álex (16 de maio de 1998). "Sebastião Salgado, Príncipe de Asturias de las Artes por retratar «la condición humana»". elpais.com (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2021. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar