Vishnu

deus do hinduísmo

Vishnu[1] ouVisnú,[2] en sánskrito Viṣṇu - tamén denominado Hari, é un deus hindú, asociado á conservación e á protección. É o segundo deus da trimurti (tres formas, ás veces traducido inexactamente como trindade hindú), con Brahma e Shiva. É unha divindade de vida-morte-resurrección.

Vishnu cos seus atributos
Representación de Vishnu na arte Pahari, sentado en posición de meditación sobre unha flor de loto, cos seus atributos.

Características

editar
 
Vishnu explícalle a Arjuna os seus doce avatares.

A trimurti representa o ciclo vital:

  • Brahma é o creador ;
  • Vishnú é o protector ;
  • Shiva é o destrutor.


Vishnu é representado a miúdo sentado ou repousando sobre un loto. A súa esposa é Lakshmi, a deusa da riqueza e da boa fortuna, a súa montura Garuda, a aguia. Vishnu, con axuda dos rishis, negociou a tregua entre Vritra e Indra. A Terra, Bhūmi ou Bhû Devi, é tamén, ás veces, considerada como súa esposa. Vishnu salvouna, de feito, das augas so a forma do seu avatar Varâha. Os seus lazos matrimoniais ligan a deidade coa realeza, a Terra (Bhūmi) e a fortuna (Lakshmi), sendo os dous principios unidos ao rei. En efecto, un dos termos para designar o rei en sánscrito é bhūpati, que pode significar "amo" ou "esposo" da Terra, sendo o termo pati ambivalente. A mitra, da que está toucado, confirma esta función real e demostra que no hinduísmo posvédico, mesmo se Indra posúe sempre o título de rei dos deuses, é Vishnu de feito quen opera con esa función. Esta preeminencia está, por outra banda, confirmada por numerosos mitos, nos que Vishnu ou un dos seus avatares humilla a Indra. Como especialmente acontece no episodio de Krishna levantando o monte Govardhana.

Adoración

editar
 
Templo Birla Mandir, dedicado a Vishnu, en Hyderabad.

A adoración a Vishnu e os seus dez avatares principais, como Rama, Krishna, Ranganatha etc., simboliza a preservación e protección do universo. Vishnu recibe veneración en numerosos templos na India como no sueste asiático, como o Birla Mandir, e estruturas arquitectónicas que lle son dedicadas, como as torres Prang, inspiradas no monte Meru.[3]

Influencia cultural e relixiosa

editar

A influencia de Vishnu esténdese alén da India, deixando unha pegada en culturas do sueste asiático. O Angkor Wat en Camboxa, inicialmente dedicado a Vishnu, é un exemplo de sincretismo co budismo.[4] En Bali, a veneración a Vishnu dentro do contexto do hinduísmo balinés, que mestura elementos hindús, budistas e animistas, reflicte tamén esta interacción cultural.[5]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para trimurti.
  2. «Visnú». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 2188. ISBN 9788482893600. 
  3. Cruzito (2020-08-09). "▷ Arquitectura asiática: 5000 años de historia en bellas obras". Uso Arquitectura (en castelán). Consultado o 2024-04-07. 
  4. Higham, Charles (2001). The civilization of Angkor. Berkeley: University of California Press. ISBN 978-0-520-23442-0. 
  5. Eiseman, Fred B. (1989). Bali, sekala and niskala. Berkeley, Calif. : Periplus Editions. ISBN 978-0-945971-03-0. 

Véxase tamén

editar

 
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.