Loto sagrado
Loto sagrado | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Nelumbo nucifera' Gaertn., 1788 |
Nelumbo nucifera a flor de loto é unha das dúas especies pertencentes ao xénero Nelumbo Adans. 1763. Recibe tamén os nomes vulgares de loto sagrado do Nilo, loto sacro ou rosa do Nilo. O termo específico fai referencia aos seus froitos (latín: nucifer, -a, -um, que porta noces). É sonada a lonxevidade das súas sementes, que poden xermolar logo de 30 séculos. En Galiza só aparece coma ornamental nos encoros dalgúns xardíns.
Descrición
editarÉ unha herba acuática con rizomas de 10–20 m de longo, grosos, ramificados, con numerosos catafilos, profundamente enraizados no fondo dos encoros.
As follas son boiantes ou emerxentes, peltadas, glaucas, de limbo orbicular, de (25-)30–100 cm de diámetro, glabro, de bordo frecuentemente ondulado, hidrófobo; pecíolo normalmente con acúleos de 1 a 2 m ou máis de longo, fistuloso.
Flores de (1-)16–23 cm de diámetro, rosa vivo a pálido ou brancas, recendentes, con pétalos cóncavos, oblongo-elípticos a obovados, 5-10 × 3–5 cm; anteras de 1–2 cm de longo; pedúnculos normalmente con acúleos, a exceder a altura das follas.
Os froitos complexos están formados por un receptáculo elipsoidal, de 5–10 cm de diámetro, de bordos feblemente engurrados estriados, co ápice truncado e plano, e as núculas insertas en fosetas nel. Núculas de 10-20 × 7–13 mm, ovoides, usualmente máis de 1,5 × tan longas coma largas.
Florea na primavera serodia e verán (usualmente de xuño a agosto).
Tamén é símbolo de pureza en Corea, ademais ten a particularidade de medrar incluso na lama; é dicir lodo; é dicir chega como unha bendición para mellorar unha situación.
- Número cromosómico: 2n = 16.
Distribución e hábitat
editarA especie distribúese de xeito natural polo sur de Rusia (delta do Volga), Oriente Próximo (Acerbaixán, Irán), Siberia oriental, China, Paquistán, Bután, Nepal, India, Sri Lanka, Xapón, Corea, Taiwán, Birmania, Tailandia, Vietnam, Indonesia, Malaisia, Filipinas, Nova Guinea e Australia; foi introducida nos Estados Unidos e está naturalizada en parte do sur de Europa (Romanía) e nordés de África (Exipto) dende tempos antigos, onde se cultiva polas súas sementes comestíbeis ,a sonada "faba aegyptiaca" dos romanos. Cómense tamén os rizomas.
Brava vexeta en encoros e lagoas, entre 0 e 400 msnm.
Usos
editarTen un uso moi estendido en xardinaxe para cobertura de tonas de auga, a pesar das súas flores efémeras. Utilízanse numerosos cultivares con diferentes pautas florais. Os rizomas e sementes cómense torradas ou cocidas. Tamén se usa en menciña popular. Considérase planta sacra na India e na China, así como o fora no Antigo Exipto.
Arte e simbolismo
editarAs flores do loto, quer pola súa beleza rechamangueira, quer por xurdir do "fondo" das augas teñen resultado simbólicas (polo medio da metáfora, xa for tal metáfora consciente ou inconsciente) nas relixións do Antigo Exipto, a India e despois da China.
No Antigo Exipto xunto ao escaravello escaravello peloteiro, o fénix e o mesmo Sol (Re ou Ra), os lotos representan a resurrección, no caso do loto por emerxer resplandecente dende as profundas augas. Na India o loto chamado en sánscrito: "padma" quizais tivo inicialmente o mesmo significado que no Antigo Exipto, a tal significado engadíuselle o simbolismo segundo o cal os principais deuses e deusas naceron en padmas ou lotos; o padma hindú adoita servir de modelo para figurar mandalas ou para figurar aos chacras. Na China, no Xapón e en todos os lugares onde o budismo chegou, unha oración ritual característica menciona o loto, tal fórmula acostuma ser mani padme aum ( "om xoia no loto!").
As escolas budistas que emerxeron do culto creado polo monxe xaponés Nichiren toman como texto supremo o Sutra do Loto: 妙法蓮華経 "Myōhō Renge Kyō" ou abreviado 法華経 "Hokkekyō", e nas súas liturxias o mantra máis importante recitado reza 南無妙法蓮華経 "Namu Myōhō Renge Kyō" ("Loada sexa a Verdade do Marabilloso Sutra do Loto")
Por ese motivo, lotos moi estilizados adoitan aparecer representados en diversos obxectos da arte das culturas revisadas.
- Nymphaea nelumbo L., 1753.
- Nelumbium indicum Poir., 1797.
- Nelumbium javanicum Poir., 1797.
- Nelumbium speciosum Willd., 1799.
- Nelumbium asiaticum Rich., 1811.
- Nelumbium speciosum var. caspicum Fisch. ex DC., 1821.
- Nelumbium album Bercht. & J.Presl, 1823.
- Nelumbium tamara Sweet, 1826.
- Nelumbium rheedii C.Presl, 1835.
- Nelumbium tranversum C.Presl, 1835.
- Nelumbium venosum C.Presl, 1835.
- Nelumbium turbinatum Blanco, 1837.
- Nelumbium discolor Steud., 1841.
- Nelumbium marginatum Steud., 1841.
- Tamara alba Roxb. ex Steud., 1841.
- Tamara rubra Roxb. ex Steud., 1841.
- N. speciosa var. alba F.M.Bailey, 1885, nom. nud.
- N. komarovii Grossh., 1940.
- N. nucifera var. microrhizomata Nakai.
Notas
editar- Sánchez de Lorenzo Cáceres, J.M. (Coordinador) (2000). Flora Ornamental Española Tomo I. Junta de Andalucía - Ediciones Mundi-Prensa. 303 págs; ISBN 84-8474-001-3 / ISBN 84-7114-947-8.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Loto sagrado |