Ra, tamén chamado segundo o nome copto reconstruído como *Rīʕu (ri-ah), tamén Phra e despois como Amon-Ra, significando literalmente "Sol". Foi a principal deidade na relixión do Antigo Exipto. Identificado inicialmente co Sol do mediodía, o centro principal de culto estaba en Heliópolis ("Cidade do Sol"). Nas postreiras dinastías, Ra pasou a Horus. Estaba asociado cun falcón.

Ra
Deus do Sol
Nunha das súas moitas formas, Ra, deus do Sol, ten a cabeza dun falcón e o disco solar dentro dunha cobra descansando sobre a súa cabeza.
Nome en xeróglifos
r
a
N5
Z1
C2

ou
N5
Z1
C2

ou
C2N5
Centro de cultoHeliópolis
SímbolosDisco solar
Información persoal
PaisNingún (na maioría das fontes)
Khnum e Neith (fontes alternativas)
Hathor (no ciclo do renacemento) Mehet-Weret (nalgunhas fontes)
IrmánsApep, Sobek e Serket (como fillo de Khnum e Neith)
ConsorteHathor, Sekhmet, Bastet e ás veces Satet
FillosShu, Tefnut, Hathor, Sekhmet, Mafdet, Bastet, Satet, Anhur, Ma'at, Mut
Equivalentes
Equivalente gregoHelios[1]

Iconografía

editar

Posúe o corpo dun home con cabeza de falcón e represéntase co disco solar.[2]

Historia

editar

A principios do Imperio Antigo, Ra era só unha das varias deidades solares existentes, pero cara ao 2400 a. e. c. convertérase no deus oficial dos faraóns, que se consideraban a súa descendencia, e mesmo as súas encarnacións. Durante a dinastía V foi elevado a deidade nacional e posteriormente vencellado ao deus tebano Amón para converterse en Amón-Ra, a principal deidade do panteón exipcio.

Durante o período de Amarna, o faraón Akhenatón suprimiu o culto de Ra en favor dunha soa deidade solar Atón, o disco solar deificado, pero após a morte de Akhenatón restaurouse o culto a Ra como deus do sol.

  1. Hart, George (2005). The Routledge Dictionary of Egyptian Gods and Goddesses. Routledge. p. 110. ISBN 0-415-34495-6. 
  2. Mejía, Eva Lydia Oseguera (2000). Compendio de Literatura Universal (en castelán). Grupo Editorial Patria. ISBN 9786077440574. Consultado o 5 de abril de 2018. 

 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.