Monarquía
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
Monarquía (do grego: monos 'un' e archeien 'gobernante') é a forma de goberno onde o Xefe de Estado (que pode ter o título de rei, káiser, tsar, xeque... conforme o país) non é froito de eleccións periódicas da poboación para un exercicio por período limitado (como na república), mais exérceo
- por tempo indeterminado (ata o seu falecemento ou ata que renuncie)
- recibe a Xefatura do seu antecesor e transmítea ó seu sucesor por herdanza ou lazo de parentesco. Caso particular é a elección dun novo pontífice, se consideramos o goberno do Vaticano unha monarquía.
A Xefatura de Estado non se confunde coa Xefatura de Goberno: esta última significa principalmente o poder de sancionar ou vetar leis, e pode ser exercida por un primeiro ministro, na monarquía constitucional ou polo propio soberano, na monarquía absoluta. Moitas veces a Xefatura de Estado ten apenas unha función cerimonial, ou dun símbolo da soberanía daquel Estado, tal como o seu himno nacional ou a bandeira nacional.
Como exemplo de monarquías absolutas, podemos citar o Antigo Exipto dos faraóns, ou a de Francia ata 1789, onde se afirmaba que o poder dos reis tiña orixe divina.
Como exemplo de monarquía constitucional está España, onde o rei Filipe VI de España é o Xefe de Estado e o primeiro ministro (chamado en España Presidente do Goberno) é Pedro Sánchez. Outros exemplos son o Reino Unido (rei: Carlos III do Reino Unido e primeiro ministro: Rishi Sunak), Suecia, Países Baixos etc.
Un mesmo monarca pode ser xefe de dous ou máis Estados. Por exemplo, o rei Carlos III do Reino Unido tamén é Xefe de Estado do Canadá, das Bahamas, de Australia e outros. Pero isto non torna estes outros países subordinados ó Reino Unido, pois os primeiros ministros do Canadá, Bahamas ou Australia son escollidos polos parlamentos locais en eleccións locais, sen interferencia do goberno británico.
Tipos de monarquías
editarSegundo a teoría política pódense considerar varios tipos de réximes monárquicos:
Monarquía absoluta
editarA monarquía absoluta é unha forma de goberno na que é o monarca quen exerce o poder sen restriccións en termos políticos, e na maior parte dos casos tamén nos aspectos relixiosos, ou polo menos cun gran compoñente espiritual.
Monarquía constitucional e monarquía parlamentaria
editarHistoricamente, as limitacións ao poder dos monarcas xurdiron en Europa a partir da crise do Antigo Réxime, que nalgúns casos conduciu á supresión da monarquía e á constitución de repúblicas, como en Francia durante a Revolución francesa entre 1791 e 1804 ou en Inglaterra durante a Revolución Inglesa entre 1649 e 1660, mentres que noutros (como na monarquía polaco-lituana entre 1569 e 1795) o rei aceptou ceder parte do seu poder e compartilo con representantes elixidos.[1][2][3]
Na monarquía parlamentaria, o goberno é responsable ante o Parlamento, que é o depositario da soberanía nacional.
Monarquías híbridas
editarAo longo da historia existiron sistemas de goberno a medio camiño entre a monarquía absoluta e a constitucional, onde o monarca se ve obrigado a ceder parte do seu poder a un goberno en ocasións democrático, pero continúa a manter unha importante influencia política. A evolución foi moi diferente segundo os países, e depende do dereito comparado.
Monarquía electiva
editarA monarquía electiva é unha forma de goberno na cal o monarca é elixido por votación a través dalgún mecanismo de natureza variábel. A diferenza da democracia, os electores e os candidatos pertencen a algún corpo restrinxido, polo cargo ocupado, a pertenza a un estamento (nacemento), ou algún tipo de condición persoal ou social. Na actualidade fican moi poucos países con esta forma de goberno; un deles é Malaisia.
Monarquías vixentes
editarNotas
editar- ↑ John Markoff describes the advent of modern codified national constitutions as one of the milestones of democracy, and states that "The first European country to follow the U.S. example was Poland in 1791." John Markoff, Waves of Democracy, 1996, ISBN 0-8039-9019-7, p.121.
- ↑ Madison, James (novembro de 1987). The Federalist Papers. Penguin Classics.
- ↑ Blaustein, Albert (xaneiro de 1993). Constitutions of the World. Fred B. Rothman & Company.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Monarquía |