Harald V de Noruega
Harald V, nado en Skaugum (Asker) o 21 de febreiro de 1937, é un nobre europeo, rei de Noruega dende o 17 de xaneiro de 1991. É fillo de Olav V e de Marta de Suecia, é o primeiro rei de Noruega nado no país dende o rei Olav IV, que nacera en 1370.
Traxectoria
editarHarald é fillo de Olaf e a princesa Marta de Suecia, neta do rei Óscar II de Suecia. Naceu en Skaugum, en Asker preto de Oslo.
Harald é o primeiro príncipe herdeiro nado en Noruega desde Olaf IV en 1370. Como descendente de Maud, filla de Eduardo VII do Reino Unido, tamén está na liña de sucesión ao trono británico.
Ten dúas irmás, as princesas Ragnhild (1930-2012) e Astrid (1932).
Durante a invasión alemá de 1940, a familia real tivo que ir ao exilio. Mentres que o seu avó o rei Haakon VII e o seu pai se trasladaron a Londres xunto ao goberno no exilio, el, xunto coa súa nai e irmás, viviu en Washington, D.C.. A familia real regresou do exilio ao finalizar a segunda guerra mundial en 1945.
Foi o xefe da Igrexa de Noruega, como todos os reis noruegueses, ata o ano 2012, en que a Igrexa local rompeu o vínculo coa monarquía.
Na súa honra foi nomeada a Costa do Príncipe Harald na Antártida.
Matrimonio
editarCasou en 1968 con Sonja Haraldsen, unha plebea, provocando gran controversia a nivel popular. Froito deste matrimonio son:
- Marta Luisa de Noruega, nada o 22 de setembro de 1971 en Oslo.
- Haakon Magnus de Noruega, príncipe herdeiro, nado o 20 de xullo de 1973 en Oslo.
Distincións honoríficas
editar- É Soberano Gran Maestre da Real e Noruega Orde de San Olav e da Real e Noruega Orde ao Mérito.
- O Rei de España concedeulle o colar da Orde do Vélaro de Ouro o 30 de xuño de 2006.
- O presidente portugués Aníbal Cavaco Silva concedeulle o colar da Orde de Santiago da Espada en maio de 2008.
Predecesor: Olaf V |
Rei de Noruega 1991 - actualidade |
Sucesor: — |
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Harald V. |