Chris Cornell
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Christopher Cornell, nado en Seattle (Washington) o 20 de xullo de 1964 e finado en Detroit (Míchigan) o 17 de maio de 2017,[1] foi un guitarrista, cantante e compositor coñecido sobre todo por ser o vocalista de bandas como Soundgarden e Audioslave. Foi tamén o líder de Temple of the Dog, dende 1990 ata 1992. Comezou a súa carreira musical como batería, antes de converterse en vocalista e guitarrista. Tamén é recoñecido o seu traballo en solitario, editando o seu primeiro álbum, Euphoria Morning, en 1999, e o segundo traballo en xuño do 2007, baixo o título Carry On.
Chris Cornell | |
---|---|
![]() Chris Cornell no ano 2011. | |
Nome completo | Christopher John Boyle |
Data nacemento | 20 de xullo de 1964 |
Nado en | Seattle |
Falecemento | 17 de maio de 2017 (52 anos) |
Detroit | |
Soterrado | Hollywood Forever Cemetery |
Cónxuxe | Susan Silver |
Ocupación | Detroit (Míchigan) ![]() |
Instrumento(s) | voz, guitarra |
Relacionado con | Soundgarden, Audioslave, Temple of the Dog |
Na rede | |
https://chriscornell.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
BiografíaEditar
InfanciaEditar
Cornell naceu e viviu a súa infancia en Seattle, Washington. Os seus pais, de relixión católica irlandesa, son Ed Boyle (farmacéutico) e Karen Cornell (contable). O apelido de Chris era Boyle, pero despois do divorcio dos seus pais, el e os seus irmáns adoptaron o apelido de solteira da súa nai. Chris sufriu dun caso severo de depresión durante a súa adolescencia, cando só en raras ocasións saía de casa. Chegou ao punto de non saír desta durante case un ano completo, no que se dedicou a tocar a batería e a guitarra.
SoundgardenEditar
Xunto con Nirvana, Alice in Chains e Pearl Jam, Soundgarden converteuse nunha das maiores e máis exitosas bandas da emerxente escena grunge de Seattle. Cornell ficou coñecido pola potencia e rango da súa voz, e polas súas escuras letras a miúdo tratando temas de morte e existencialismo. Soundgarden alcanzou a popularidade en 1991 co seu álbum Badmotorfinger. Usando este éxito como trampolín seguiulle a edición do seu máis aclamado traballo, Superunknown, editado en 1994, con 7 millóns de copias vendidas en todo o mundo e co cal Soundgarden gañou dous premios Grammy. O seu derradeiro traballo, Down on the Upside, editouse no ano 1996, un ano antes da disolución da banda.
Carreira en solitarioEditar
En 1998 comezou a traballar nun álbum en solitario no que colaborou con Alain Johannes e Natasha Shneider da banda Eleven. O álbum, Euphoria Morning, editouse o 21 de setembro de 1999 pero non tivo éxito comercial a pesar de que o sinxelo "Can't Change Me" foi nomeado a un premio Grammy. Cornell tamén contribuíu co tema "Sunshower" á banda sonora do filme de 1998 Great Expectations, e unha versión de "Mission", chamada "Mission 2000", usouse na película do 2000 Mission: Impossible II.
DiscografíaEditar
SoundgardenEditar
- Artigo principal: Discografía de Soundgarden.
- Screaming Life (1987, Sub Pop)
- Fopp (1988, Sub Pop)
- Ultramega OK (1988, SST)
- Louder than Love (1989, A&M)
- Screaming Life/Fopp (1990, Sub Pop)
- Badmotorfinger (1991, A&M)
- Superunknown (1994, A&M)
- Songs from the Superunknown (1995, A&M)
- Down On the Upside (1996, A&M)
- A-Sides (1997, A&M)
Temple of the DogEditar
- Temple of the Dog (1991, A&M)
En solitarioEditar
- Euphoria Morning (1999, A&M)
- Carry On (2007)
- Scream (2008)
- Long Gone (2009)
- Songbook (2011)
- Higher Truth (2015)
AudioslaveEditar
- Audioslave (2002, Epic)
- Out of Exile (2005, Interscope)
- Revelations (2006, Epic)
Bandas sonorasEditar
- Pump Up the Volume (1990): "Heretic"
- Singles (film) (1992): "Seasons" e "Birth Ritual"
- True Romance (1993): "Outshined"
- Great Expectations (1998): "Sunshower"
- Misión: Imposible II (2000): "Mission 2000"
- Collateral (2004): "Shadow on the Sun"
- Grand Theft Auto: San Andreas (2004): "Rusty Cage"
- Revelations (2006): "Original Fire"
- 007 Casino Royale (2006): "You Know my Name"
NotasEditar
- ↑ Washington Post Arquivado 16 de febreiro de 2019 en Wayback Machine. (en inglés)