Jeff Buckley
Jeffrey Scott Buckley, nado en Anaheim (California), o 17 de novembro de 1966 e finado en Memphis (Tennessee), o 29 de maio de 1997, foi un cantautor e guitarrista estadounidense reputado polo seu peculiar rango vocal de polo menos catro oitavas e media.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de novembro de 1966 Anaheim, Estados Unidos de América |
Morte | 29 de maio de 1997 (30 anos) Memphis, Estados Unidos de América |
Causa da morte | morte accidental, afogamento |
Relixión | Aconfesional |
Educación | Musicians Institute (pt) Loara High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantautor, cantante, guitarrista, compositor |
Período de actividade | 1990 - 1997 |
Xénero artístico | Rock alternativo, folk rock, Gospel, Soul e Blues |
Tesitura | Tenor |
Instrumento | Guitarra, voz, Salterio dos Apalaches, sitar, Harmónica e Saxofón |
Selo discográfico | Columbia Records |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Parella | Joan Wasser |
Pai | Tim Buckley |
Sitio web | jeffbuckley.com |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2017.) |
Traxectoria
editarTrala publicación o 23 de agosto de 1994 do álbum de debut Grace, a crítica considerouno un dos artistas máis prometedores da súa xeración, o que o levou a facer unha xira mundial durante os seguintes dous anos.[1][2] O álbum Grace inclúe 8 cancións orixinais e 3 versións, "Lilac Wine" inspirado na versión de Nina Simmone, popularizada por Elkie Brooks en 1978, "Corpus Christi Carol", de A Boy was Born, Op.3, peza que Buckley coñeceu no instituto, baseada nun himno do século XIV, e por último a versión máis célebre de "Hallelluja" de Leonard Cohen, baseada nas gravacións de John Cale para o disco tributo a Leonard Cohen I'm Your Fan. A versión acadou unha gran repercusión tanto a nivel de público como de prensa especializada, chegando a ser seleccionada como unha das 500 mellores cancións de todos os tempos pola revista Rolling Stone[3]
Falecemento
editarNon obstante, na cima da popularidade, morreu afogado mentres nadaba no río Wolf, Tennessee, durante as sesións de gravación do que ía ser o seu segundo disco "Sketches for my Sweetheart the Drunk", que ía ser producido polo reputado músico da escena novaiorquina dos anos 70 Tom Verlaine (Televisión).[4]
Discografía
editar- 1993 - Live at Sin-es.
- 1994 - Grace.
- 1995 - Live from the Bataclan.
- 1998 - Sketches for My Sweetheart the Drunk.
- 2000 - Mystery White Boy.
- 2001 - Live a L'Olympia.
- 2002 - Songs To No One 1991-1992.
- 2002 - The Grace EPs.
- 2004 - Grace (Legacy Edition).
- 2007 - So Real: Songs from Jeff Buckley.
Documentais
editar- Amazing Grace: Jeff Buckley (2004) – na páxina.
- Everybody Here Wants You (2002) – BBC.
- Goodbye and Hello (2000) da TV neerlandesa.
- Fall in Light (1999) da TV francesa.
Notas
editar- ↑ Cross, Serena (2002). Everybody here wants you (British Broadcasting Corporation (BBC).).
- ↑ "The RS 500 Greatest Songs of All Time : Rolling Stone". web.archive.org. 23/3/2010. Arquivado dende o orixinal o 25/06/2008. Consultado o 11/12/2018.
- ↑ "The RS 500 Greatest Songs of All Time : Rolling Stone". 23/3/2010. Arquivado dende o orixinal o 25/06/2008. Consultado o 25/9/2017.
- ↑ "Kingdom For A Kiss - The JB F.A.Q.: Sketches". web.archive.org. 9/5/2008. Archived from the original on 09/05/2008. Consultado o 11/12/2018.