C/Z Records

selo discográfico estadounidense

C/Z Records é un selo discográfico estadounidense baseado en Seattle creado a principios de 1985 por Chris Hanzsek e Tina Casale coa edición do agora lendario LP, Deep Six, que recompilaba as priemiras gravacións dos proxenitores reais do que posteriormente foi coñecido como grunge. Na actualidade o selo é propiedade de Daniel House.

C/Z Records
Tiposelo discográfico
Data de fundación1985
PaísEstados Unidos de América
Na rede
http://www.czrecords.com
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

O selo fundárono a principios de 1985 Chris Hanzsek e Tina Casale. A súa primeira edición, aparecida o 1 de setembro dese ano, foi titulada Deep Six (CZ001). Este era un LP recompilatorio que contaba con algunhas bandas de grunge como Soundgarden, The Melvins, Green River, Skin Yard, Malfunkshun e The U-Men. A nivel nacional, o disco foi unha especie de decepción, e despois duns 18 meses, Chris e Tina decatáronse de que levar un selo discográfico non era a carreira que querían perseguir.

Daniel House, baixista de Skin Yard, que estaba negociando a realización do primeiro disco para a súa banda, finalmente fíxose cargo das operacións do selo. Durante varios anos C/Z foi pouco máis que unha afección, pero rapidamente converteuse nunha saída para moitas bandas pequenas de Seattle, das que House pensaba que facían boa música. En 1989 House comezou a traballar como director de vendas para un novo selo independente da cidade chamado Sub Pop, e eventualmente deixou C/Z convertida xa nun éxito. Posteriormente lanzou os priemiros álbums e sinxelos de destacadas bandas como The Presidents of the United States of America, The Melvins, Built to Spill, 7 Year Bitch, The Gits, Silkworm e Hammerbox.

No ano 1993 C/Z asinou un contrato de produción e distribución con RED Distribution, que pertencía a Sony. O contrato non funcionou e deixou ao selo sen recursos en menos dun ano. House viuse forzado a reorganizarse e pasaría un ano ata que aparecesen novas edicións con C/Z.

En 1996 Zoo Entertainment, pertencente a BMG, apadrinou a C/Z. Zoo proporcionoulle un modesto presuposto para operar e gravar, e asitíuna cos novos artistas. En 1997 Zoo ía ser adquirida por Volcano Entertainment e as terceiras empresas foron retiradas da compra.

Daniel House volveu a C/Z funcionando a tempo parcial, editando ocasionalmente algún disco pero con pouca frecuencia.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar