Louder than Love
Louder Than Love é o segundo álbum da banda estadounidense de grunge Soundgarden, editado o 5 de setembro de 1989 a través do selo A&M Records. Despois da xira de promoción do seu álbum de estrea, Ultramega OK (1988), Soundgarden asinou un contrato con A&M e comezou a traballar neste disco. As cancións do álbum contan cun son grunge con tendéncia cara ao metal con algúns compases pouco ortodoxos.
Louder than Love | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Soundgarden | ||||
Publicado | 5 de setembro de 1989 | |||
Gravación | decembro de 1988 - xaneiro de 1989 | |||
Estudio(s) | London Bridge Studios, Seattle, Washington | |||
Duración | 53:15 | |||
Xénero(s) | grunge, heavy metal | |||
Selo(s) | A&M | |||
Produtor | Terry Date, Soundgarden | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Debido ás letras dalgúns temas o álbum levou na súa capa o adhesivo "Parental Advisory". Louder Than Love converteuse no primeiro disco da banda en entrar na lista Billboard 200, acadando o posto 108 en marzo de 1990[1]. Soundgarden promocionou o álbum con xiras por Norteamérica e Europa, e este foi o seu derradeiro traballo co baixista orixinal, Hiro Yamamoto.
Listaxe de cancións
editar- "Ugly Truth" - 5:26
- "Hands All Over" - 6:00
- "Gun" - 4:42
- "Power Trip" - 4:09
- "Get on the Snake" - 3:44
- "Full on Kevin's Mom" - 3:37
- "Loud Love" - 4:57
- "I Awake" - 4:21
- "No Wrong No Right" - 4:47
- "Uncovered" - 4:30
- "Big Dumb Sex" - 4:11
- "Full On (Reprise)" - 2:42
Notas
editar- ↑ "Louder than Love nas listas da Billboard". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2012. Consultado o 12 de marzo de 2012.