King Animal
King Animal é o sexto álbum da banda estadounidense de grunge Soundgarden, publicado o día 12 de novembro do 2012 a través dos selos Seven Four Entertainment e Republic Records. Producido pola banda e por Adam Kasper, o disco é o primeiro álbum de estudio de Soundgarden en 16 anos, e tamén o primeiro que non foi editado a través de A&M Records dende o Ultramega OK de 1988.
King Animal | |
---|---|
Tipo | álbum musical ![]() |
Forma artística | álbum de estudio ![]() |
Xénero artístico | metal alternativo ![]() |
Linguas
| |
Autoría | |
Interpretado por | Soundgarden ![]() |
Temática | |
Parte de | Soundgarden's albums in chronological order (en) ![]() ![]() |
Publicación | |
Lugar publicación | Estados Unidos de América ![]() |
Produtor/a | Adam Kasper ![]() |
Selo discográfico | Universal Republic Records ![]() |
Dimensións | |
Duración | 52 minutos e 1 segundo ![]() |
Fontes e ligazóns | |
Redes | ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
Tras a súa reunión no ano 2010 despois de 13 anos de hiato, e co éxito do recompilatorio Telephantasm, Soundgarden comezou a traballar nun novo álbum sen unha data de lanzamento prevista. A banda realizou unha extensa xira mundial entre a aparición de Telephantasm, en setembro do 2010, e o verán do ano 2012, antes de que se dese a coñecer a noticia da publicación dun novo álbum do grupo para o outono.
"Been Away Too Long" foi o primeiro sinxelo editado de King Animal o 27 de setembro. O 31 de outubro "Non-State Actor" aparecería a través da canle da banda enYouTube. No videoclip da canción aparece unha bandeira estadounidense ondeando co logo de King Animal substituíndo ás estrelas. A semana antes do lanzamento, o álbum foi posto en streaming de xeito gratuíto en iTunes.
Listaxe de cancións
editarTodas as letras escritas por Chris Cornell, agás onde se indique.
N.º | Título | Letras | Música | Duración |
---|---|---|---|---|
1. | "Been Away Too Long" | Cornell, Ben Shepherd | 3:36 | |
2. | "Non-State Actor" | Kim Thayil, Cornell | Shepherd | 3:57 |
3. | "By Crooked Steps" | Matt Cameron, Shepherd, Thayil | 4:00 | |
4. | "A Thousand Days Before" | Thayil | 4:23 | |
5. | "Blood on the Valley Floor" | Thayil | 3:48 | |
6. | "Bones of Birds" | Cornell | 4:22 | |
7. | "Taree" | Shepherd | 3:38 | |
8. | "Attrition" | Shepherd | Shepherd | 2:52 |
9. | "Black Saturday" | Cornell | 3:29 | |
10. | "Halfway There" | Cornell | 3:16 | |
11. | "Worse Dreams" | Cornell | 4:53 | |
12. | "Eyelid's Mouth" | Cameron | 4:39 | |
13. | "Rowing" | Shepherd, Cornell | 5:08 |
Cancións extra da edición deluxe en CD, descarga e box set | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
14. | "Worse Dreams" (Demo) | 3:20 | |||||||
15. | "Black Saturday" (Demo) | 3:16 | |||||||
16. | "By Crooked Steps" (Demo) | 4:23 |
Cancións extra no Xapón | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
14. | "Worse Dreams" (Demo) | 3:20 | |||||||
15. | "Black Saturday" (Demo) | 3:16 | |||||||
16. | "By Crooked Steps" (Demo) | 4:23 | |||||||
17. | "Bones of Birds" (Demo) | 3:27 |
Cancións extra da edición deluxe de iTunes | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
14. | "Worse Dreams" (Demo) | 3:20 | |||||||
15. | "Black Saturday" (Demo) | 3:16 | |||||||
16. | "By Crooked Steps" (Demo) | 4:23 | |||||||
17. | "Halfway There" (Demo) | 3:34 |
Cancións extra en Best Buy, Amazon.de, e na edición deluxe australianoatracks | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
14. | "Worse Dreams" (Demo) | 3:20 | |||||||
15. | "Black Saturday" (Demo) | 3:16 | |||||||
16. | "By Crooked Steps" (Demo) | 4:23 | |||||||
17. | "Bones of Birds" (Demo) | 3:27 | |||||||
18. | "A Thousand Days Before" (Demo) | 4:24 |