Temple of the Dog

Temple of the Dog é unha banda de rock creada por algúns amigos en homenaxe ao cantante Andrew Wood. Andrew foi o vocalista de Mother Love Bone, unha das bandas pioneiras do grunge, e morreu en marzo de 1990, vítima dunha sobredose de heroína.

Temple of the Dog
Eddie Vedder 2. Pearl Jam live at Sao Paulo.jpg
Temple of the Dog
OrixeSeattle, Estados Unidos Flag of the United States.svg
Período1990 - 1991
2016
Xénero(s)grunge
Selo(s) discográfico(s)A&M Records
MembrosChris Cornell
Matt Cameron
Stone Gossard
Jeff Ament
Eddie Vedder
Mike McCready
Artistas relacionadosMother Love Bone, Soundgarden, Pearl Jam, Green River
Na rede
http://www.templeofthedog.com/
IMDB: nm2192854 Spotify: 0iHb0mCbqZTYeb4y9Pirrd Last fm: Temple+of+the+Dog Musicbrainz: e9571c17-817f-4d34-ae3f-0c7a96f822c1 Songkick: 221494 Discogs: 262213 Allmusic: mn0000022875 Deezer: 3416 Genius: Temple-of-the-dog Editar o valor em Wikidata

Formaron parte deste proxecto dous integrantes de Soundgarden, o vocalista Chris Cornell (que fora compañeiro de piso de Wood) e o batería Matt Cameron; dous membros de Mother Love Bone, o guitarrista Stone Gossard e o baixista Jeff Ament; e dous aínda descoñecidos amigos de Gossard, o vocalista Eddie Vedder e o guitarrista Mike McCready.

A banda editou un único álbum, o auto-titulado Temple of the Dog, en abril de 1991 a través do selo A&M Records. Aínda que foi eloxiado polos críticos musicais no momento do seu lanzamento, o álbum non foi recoñecido ata o ano 1992, cando Vedder, Ament, Gossard e McCready se fixeron coñecidos mundialmente con Pearl Jam.

No ano 2016 a banda saíu de xira para celebrar o 25 anversario da pubicación do seu único traballo.