Stone Gossard
Stone Carpenter Gossard, nado o 20 de xullo de 1966 en Seattle, Washington, é o guitarrista rítmico e membro fundador da banda de rock Pearl Jam.
Stone Gossard | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Stone Carpenter Gossard |
Data nacemento | 20 de xullo de 1966 (57 anos) |
Nado en | Seattle, Washington ![]() |
Ocupación | guitarrista |
Instrumento(s) | guitarra |
Relacionado con | Pearl Jam, Green River, Brad, Mother Love Bone, Temple of the Dog |
Tempo en activo | 1984 - actualidade |
Pseudónimo | Carpenter Newton |
Na rede | |
http://www.stonegossard.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Stone é coñecido polo seu traballo en bandas de grunge baseadas en Seattle durante os anos 80 previas a Pearl Jam e ten feito importantes contribucións á industria musical dende entón.
En maio do ano 2012 a revista Spin situouno no número 85 da súa lista dos 100 mellores guitarristas de todos os tempos[1].
Traxectoria editar
Primeiras bandas editar
Stone formou a súa primeira banda, March of Crimes, a principios da década dos 80, coa cal se introduciu na emerxente escena musical de Seattle. Stone estableceu unha forte amizade co guitarrista Steve Turner, o cal ía á súa mesma escola. Stone foi membro fundador de bandas tan influentes no grunge como Green River e Mother Love Bone (onde tamén estaba Jeff Ament, que tamén formaría parte de Pearl Jam). Despois da morte do cantante Andrew Wood e da disolución de Mother Love Bone, as súas novas cancións e demos convertéronse en significantes contribucións ao proxecto Temple of the Dog, e á formación de Pearl Jam en 1990.
Pearl Jam editar
Na fundación de Pearl Jam as composicións de Gossard foron a base das primeiras cancións da banda. Oito das once cancións de Ten, o álbum de estrea de Pearl Jam eran músicas escritas por Gossard, incluídas "Alive", "Even Flow" e "Black". Dende entón el só ven facendo contribucións no traballo da banda, a pesar de que é unha parte importante á hora de colaborar nos temas. El foi o compositor dalgúns dos máis recentes hits da banda, como "Do the Evolution" en 1998 e "Life Wasted" en 2006.
As súas principais influencias son Led Zeppelin, Kiss e Jimi Hendrix, así como tamén o funk e o rap.
Notas editar
- ↑ "100 mellores guitarristas de todos os tempos segundo Spin". Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2012. Consultado o 04 de maio de 2012.