Natasha Shneider

música rusa

Natasha Shneider, nada en Moscova o 22 de maio de 1956 e finada nos Ánxeles (California) o 2 de xullo do 2008, foi unha música rusa, que destacou como teclista e vocalista da banda Eleven, onde tocaba tamén o seu marido Alain Johannes. Tocou tamén o baixo nos tres primeiros álbums da banda.

Modelo:BiografíaNatasha Shneider

(2005) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Наталия Михайловна Шнайдерман Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de maio de 1956 Editar o valor en Wikidata
Riga, Letonia Editar o valor en Wikidata
Morte2 de xullo de 2008 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio Hollywood Forever Editar o valor en Wikidata
Outros nomesНаташа Шнайдер
Natasha Shneider Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, cantante, teclista, pianista, compositora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1978 Editar o valor en Wikidata - 2 de xullo de 2008 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoMúsica rock, rock alternativo, hard rock, música pop e heavy metal Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPiano, teclado, baixo, voz e teclado Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoMelodiya (pt) Traducir
Sire Records
Ipecac Recordings
Rekords Rekords (pt) Traducir
A&M Records
Motown
MCA Records
Interscope Records Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAlain Johannes (–2008) Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0794636 Allmovie: p110288
Last fm: Natasha+Shneider Musicbrainz: 09fa67db-e19f-46d9-a169-59cb6dde5ce7 Discogs: 260874 Allmusic: mn0000340070 Find a Grave: 28015742 Editar o valor en Wikidata

Shneider e o seu marido contribuíron no álbum de Queens of the Stone Age Songs for the Deaf e uníronse á banda durante a xira de promoción do álbum de 2005 Lullabies to Paralyze. Tamén compuxeron, interpretaron e produciron con Chris Cornell para o seu traballo en solitario de 1999 Euphoria Morning, e formaron parte da súa banda na xira posterior.

Shneider tamén actuou en dúas películas, facendo os papeis da cosmonauta rusa Irina Yakunina no filme 2010 (1984), e da estudante de intercambio polaca Wanda Yakubovska en Spiker (1986). Fixo tamén papeis secundarios nas series de televisión Miami Vice e Hill Street Blues.