Alain Johannes

músico

Alain Johannes (nado en Santiago de Chile en 1962) e un guitarrista estadounidense e, xunto coa súa compañeira Natasha Shneider e o batería Jack Irons, un dos fundadores da banda Eleven. Á parte do seu traballo con Eleven tamén colaborou con moitas outras bandas e artistas coma Chris Cornell, Queens of the Stone Age, Them Crooked Vultures, Mark Lanegan e The Desert Sessions, tanto facendo labores de músico coma de produtor.

Modelo:BiografíaAlain Johannes

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Alain Johannes Mociulski Editar o valor en Wikidata
2 de maio de 1962 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Santiago de Chile Editar o valor en Wikidata
EducaciónFairfax High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista, cantautor, produtor musical, cantante, compositor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoRock alternativo e folk rock Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra, voz, Instrumento de percusión e teclado Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoMCA Records Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeNatasha Shneider Editar o valor en Wikidata
PaisDanny Chilean Editar o valor en Wikidata  e Romy Mociulski Editar o valor en Wikidata

Sitio webalainjohannes.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0423690 Facebook: alainjohannesmusic Twitter: AlainJohannes MySpace: alainjohannes Bandcamp: alainjohannes11 Spotify: 57vhIhkzqXdrZnLoD0yl9C iTunes: 16053258 Musicbrainz: 89df2e69-b89b-410d-b792-00898f4e5abc Songkick: 3235886 Discogs: 246473 Allmusic: mn0000520135 Editar o valor en Wikidata

Biografía

editar

Na súa adolescencia Johannes formou a banda Anthym con Jack Irons, Flea e Hillel Slovak. A banda posteriormente pasaría a chamarse What Is This? No ano 1987 Alain Johannes, xunto con Natasha Shneider, editarían un álbum como Walk the Moon a través do selo MCA.

Eleven formaríase en 1990 e editou o seu primeiro álbum, Awake in a Dream, en 1991. A este seguiríano os discos Eleven en 1993, Thunk! en 1995, Avantgardedog no 2000 e Howling Book no 2003.

Johannes contribuíu no álbum de debut de Jason Falkner, Jason Falkner Presents Author Unknown, editado en 1996. Tamén axudou no álbum en solitario de Chris Cornell de 1999, Euphoria Morning, facendo labores de guitarrista e produtor; e tamén formou parte da banda de xira de Chris Cornell que promocionou dito álbum. Fixo mesturas e tocou no primeiro traballo en solitario de Jack Irons, Attention Dimension, editado no 2004.

No ano 2005 uniuse a Queens of the Stone Age para tocar a guitarra e o baixo en Lullabies to Paralyze. Anteriormente fora convidado a traballor no seu predecesor, Songs for the Deaf, escribindo parte do tema "Hanging Tree" durante unha das Desert Sessions. Participou tamén na xira do álbum e aparece no DVD Over the Years and Through the Woods. Johannes novamente tivo un papel importante no álbum seguinte da banda, Era Vulgaris, pero optou por concentrarse en Eleven con Natasha e a parella deixou a banda antes de que comezase a xira de promoción.

Actualmente é membro da nova banda de Brody Dalle Spinnerette. E recentemento fixo a mestura do tema "Gypsy Woman" do novo álbum de Hilary Duff Dignity.