Eugène Ysaÿe

violinista, compositor e director de orquestra belga

Eugène Ysaÿe, nado en Liexa o 16 de xuño de 1858 e finado en Bruxelas o 12 de maio de 1931, foi un violinista, compositor e director de orquestra belga. Foi elixido como un dos Cen Valóns do século polo instituto Jules Destrée, en 1995.

Infotaula de personaEugène Ysaÿe

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de xullo de 1858 Editar o valor em Wikidata
Liexa, Bélxica Editar o valor em Wikidata
Morte12 de maio de 1931 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Bruxelas, Bélxica Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Diabetes mellitus Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaIxelles Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Court chapel master (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBélxica Editar o valor em Wikidata
EducaciónRoyal Conservatory of Liège (en) Traducir
Conservatorio Real de Bruxelas Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoRomanticismo musical Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncompositor , profesor de música , profesor universitario , violinista , director de orquestra , Concertino Editar o valor em Wikidata
EmpregadorConservatorio Real de Bruxelas Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresLambert Massart Editar o valor em Wikidata
AlumnosJulia Klumpke Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoViolín Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsThéo Ysaÿe Editar o valor em Wikidata
Premios

Spotify: 662RkpOvE7MIPWnfYbY5xs Musicbrainz: 6df14eaa-212b-4806-833e-4254fa0d6cb4 Discogs: 1147368 IMSLP: Category:Ysaÿe,_Eugène Allmusic: mn0001409930 WikiTree: Ysaÿe-1 Find a Grave: 6871 Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Comeza a estudar violín co seu pai aos cinco anos. Con sete entra no conservatorio da súa cidade natal, de onde é expulsado catro anos máis tarde polas súas críticas das clases. Henri Vieuxtemps tómao como alumno, faino traballar e consegue que o reintegren no conservatorio na clase de Rodolphe Massart. Con quince anos obtén o diploma de fin de estudos. A través de Viuextemps, recibe unha bolsa para traballar con Henryk Wieniawski en Bruxelas (quen substituía alí a Vieuxtemps, pola parálise dun brazo). Dous anos máis tarde vai para París, para traballar con Vieuxtemps, que residía alí.

En 1879, o violinista alemán Joseph Joachim introdúceo na vida musical de Colonia, onde interpreta con Clara Schumann a Sonata en dó menor de Ludwig van Beethoven. En 1880 é o primeiro violín na orquestra de Benjamin Bilse, en Berlín; orquestra que máis tarde sería a Filharmónica de dita cidade. Franz Liszt e Antón Rubinstein van sempre a Berlín a escoitar o que eles chaman "der famosen Kerl" (Ysaÿe coñecéraos en París en 1876 durante as veladas musicais na casa de Vieuxtemps, e desenvolvérase unha admiración mutua). A partir de 1881, emprende xiras de concertos con Anton Rubinstein entre outros, por Rusia, Noruega (onde se encontra con Edvard Grieg) e París. Alí, establece amizade co seu compatriota de Liexa César Franck, que compoñerá para el a súa célebre sonata como agasallo de voda. O alumno de Franck, Ernest Chausson, dedícalle o seu Poema para violín e orquestra e o seu Concerto para piano e cuarteto de cordas. Outros músicos célebres dedícanlle tamén numerosas obras: Claude Debussy o seu cuarteto; Camille Saint-Saëns unha sonata; Gabriel Fauré o seu segundo quinteto; Edward Elgar, e numerosos compositores belgas. Durante as súas viaxes a Viena e Bordeos, cabe mencionar a súa interpretación do Poema de Chausson, que integra no seu programa; negándose a tocar se os organizadores non a querían incluír.

En 1894 crea e dirixe os Concertos Ysaÿe en Bruxelas, así como os Cuartetos de Cordas Yasÿe con Mathieu Crickboom de segundo violín. Ese mesmo ano preséntase en EUA. De 1886 a 1898, traballa de profesor no Real Conservatorio de Bruxelas. Os seus alumnos máis prestixiosos son Josef Gingold, William Primrose, Louis Persinger, Alberto Bachmann, Irma Sèthe, con quen mantivo unha longa relación sentimental e Mathieu Crickboom. De 1918 a 1922, acepta o posto de director permanente da orquestra de Cincinnati.

Os seus instrumentos persoais son: primeiro, un Stradivarius, o Hércules, que lle roubaron nun concerto en Rusia; e un Guadagnini. Despois, un Guarnerius del Gesù (que despois pertenceu a Isaac Stern).

Convértese enseguida no conselleiro musical da Raíña Sabela de Bélxica. O concurso creado pola raíña, que levaba o seu nome, foi chamado en 1951 Concours musical international Reine-Élisabeth-de-Belgique (CMIREB) (concurso musical internacional Raíña-Sabela-de-Bélxica). Pouco antes de morrer, puido oír desde a súa cama do hospital a estrea da súa derradeira obra, unha ópera en lingua valoa: Pier li Houyeu.

Familia editar

  • Théo Ysaÿe (Verviers, 1865 - Niza, 23 de marzo de 1918): irmán de Eugène, pianista e compositor, fixo os seus estudos musicais en Liexa, Berlín e París. De saúde débil non podía seguir o ritmo das xiras co seu irmán e dedicouse á composición. Foi profesor do conservatorio de Xenebra e foi autor de numerosas obras.
  • Marc Ysaÿe: bisneto de Eugène e batería do grupo Machiavel e director de programas da Classic 21, unha das radios da RTBF (Radio-Télévision belge de la Communauté française).

Obras editar

  • Seis Sonatas para violín op 27 dedicadas a grandes compositores e violinistas segundo o seu estilo:
  • Unha sonata para 2 violíns (dedicada á raíña Sabela de Bélxica)
  • Sonata para violonchelo só, op 28
  • Numerosos poemas para violín e orquestra (por exemplo: "poème élégigiaque", "chant d'hiver" ou "les neiges d'antan".
  • Unha fantasía para violín e orquestra
  • Un divertimento, op 24
  • Unha ópera: Pier li Houyeu (Pedro o mineiro)

Debilitado pola diabetes non puido terminar a súa segunda ópera: L’avièrge di pièr (A virxe de pedra)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar