Portal:Anarquismo

NARQUISMO

O anarquismo é unha ideoloxía política que se opón a todo tipo de xerarquía e dominación, sexa política, económica, social ou cultural, como o Estado, o capitalismo, as institucións relixiosas, o racismo e o patriarcado. A través dunha análise crítica da dominación, o anarquismo pretende superar a orde social na cal esta se fai presente a través dun proxecto construtivo baseado na defesa da autoxestión, con vistas á constitución dunha sociedade libertaria baseada na cooperación e a axuda mútua entre os individuos e onde estes poidan asociarse libremente.

Os medios para acadar tales obxectivos son motivo de debates e diverxencias entre os anarquistas. Con base en discusións estratéxicas relativas á organización anarquista, as loitas de curto prazo e da violencia, estabélecense dúas correntes do anarquismo: o anarquismo insurreccionalista e o anarquismo social ou de masas. O anarquismo insurreccionario afirma que as liotas de curto prazo por reformas e que os movementos de masas organizados son incompatibles co anarquismo, dando ánfase á propaganda polo acto como o principal medio para espertar unha revolta espontánea revolucionaria. Mentres que o anarquismo social ou de masas enfatiza a noción de que só movementos de masas poden ser capaces de provocar a transformación social desexada polos anarquistas, e que tales movementos, constituídos normalmente por medio de loitas por reformas e cuestións inmediatas, deben contar coa presenza dos anarquistas, que deben traballar no sentido de radicalizalos e transformalos en axentes revolucionarios.

Historicamente, o anarquismo é un fenômeno moderno, xurdido na segunda metade do século XIX no contexto da Segunda Revolución Industrial, a partir da radicalización do mutualismo de Pierre-Joseph Proudhon no seo da Asociación Internacional dos Traballadores (AIT), durante o final da década de 1860. Entre 1868 e 1894, o anarquismo xa se desenvolvera significativamente e tamén fora difundido globalmente, exercendo, ata 1949, gran influencia entre os movementos obreiros e revolucionarios, aínda que continuou a exercer unha influencia significativa en diversos movementos sociais do período de posguerra ata a os nosos días, entre fluxos e refluxos.

Artigo destacado

editar

O anarquismo feminista ou anarcofeminismo é unha teoría e movemento que vencella o feminismo co anarquismo. O anarcofemenismo busca o autogoberno da muller, é dicir, a súa emancipación e realización como individuo e como xénero particular. Ven no patriarcado unha manifestación do poder involuntario ou autoritarismo, por isto pensan que a liberación contra o patriarcado é unha parte esencial da eliminación do Estado, posto que ambos se fundamentarían na ausencia de liberdade e nas relacións sociais involuntarias.

Segundo o anarcofeminismo, o anarquismo, ao seren unha filosofía política que se opón a todas as relacións de poder forzadas ou coactivas, sería intrinsecamente feminista, segundo expresa Susan Brown. En esencia, esta corrente ve o anarquismo como unha compoñente necesaria do feminismo e viceversa. A súa orixinalidade reside especialmente na súa visión política, e en non ser unha corrente dogmática, polo que pódense atopar diversos planteamientos libertarios ao respecto do que é a muller, o feminismo, a feminidade etc.

Imaxe destacada

editar

Manifestación anarcosindicalista multitudinaria en Barcelona en 1937. Na pancarta pode verse o nome do periódico anarquista Solidaridad Obrera, así como as siglas da Confederación Nacional do Traballo (CNT), a Asociación Internacional dos Traballadores (AIT) e a Federación Anarquista Ibérica (FAI).
Vexa o artigo anarquismo en España.


Sabías que...?

editar

...o símbolo anarquista (na imaxe) pode verse como a encarnación da máxima aparentemente paradóxica de Pierre-Joseph Proudhon, "a anarquía é orde"?
...durante a guerra civil española Solidaridad Obrera, publicado polo sindicato anarquista CNT, foi o xornal de maior tiraxe en España?
...o movemento obreiro cubano era predominantemente Anarquistas ata que foi esmagado primeiro polo presidente Machado, e logo por Fidel Castro?
...as Leis de Exclusión Anarquista de 1903 prohibía a calquera que tivera puntos de vista anarquistas entrar nos Estados Unidos?


Categorías
Biografía destacada

editar

William Godwin, nado o 3 de marzo de 1756 e finado o 7 de abril de 1836, fillo dun pastor disidente, foi un escritor político e polígrafo británico, considerado como un dos máis importantes precursores das escolas anarquista e utilitarista. Foi tamén célebre polas mulleres da súa vida. Casado con Mary Wollstonecraft, escritora feminista, en 1797, tiveran unha filla, Mary Wollstonecraft Godwin, máis coñecida como Mary Shelley, que escribiu Frankenstein ou o moderno Prometeo.

Godwin volveuse recoñecido decontado co libro The Inquiry concerning Political Justice, and its influence on General Virtue and Happiness (1793), citado con frecuencia abreviadamente como Political Justice (Xustiza Política), obra en dous volumes, que acadou varias edicións ata mediados do XIX, en pleno fervor revolucionario.

Godwin preludia os principios do anarquismo, mais só indica vías pacíficas, baseadas na razón e no saber, para a instauración da nova sociedade.

Cita destacada

editar

Os gobernantes, sexan reis ou presidentes, non son outra cousa que cans de garda do Capital.
Artigos de calidade e bos

editar

Artigos de calidade (0)


Artigos bos (0)


Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons

Wiktionary
Wiktionary

no Galizionario