Charlotte Brontë
Charlotte Brontë, nada en Thornton (West Yorkshire), o 21 de abril de 1816 e finada en Haworth o 31 de marzo de 1855, foi unha novelista inglesa.
Charlotte Brontë | |
---|---|
![]() | |
Alcume | Currer Bell, Lord Charles Wellesley e Captain Tree |
Nacemento | 21 de abril de 1816 e 1816 |
Lugar de nacemento | Thornton, West Yorkshire |
Falecemento | 31 de marzo de 1855 e 1855 |
Lugar de falecemento | Haworth |
Causa | hiperêmese gravídica e tuberculose |
Soterrada | St Michael and All Angels' Church, Haworth |
Nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Etnia | Pobo inglés |
Relixión | Igrexa Anglicana |
Alma máter | Pensionnat de Demoiselles |
Ocupación | poeta, novelista, escritora, institutriz e mestra |
Pai | Patrick Brontë |
Nai | Maria Branwell |
Cónxuxe | Arthur Bell Nicholls |
Irmáns | Emily Brontë, Anne Brontë, Elizabeth Brontë, Maria Brontë e Patrick Branwell Brontë |
Coñecida por | Jane Eyre, Villette, Shirley, The Professor e Poems by Currer, Ellis, and Acton Bell |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Brontë filla de Patrick Brontë, crego de orixe irlandesa, e Maria Branwell. Tiña cinco irmáns: Emily, Anne, Maria, Elizabeth e Branwell. En 1820, seu pai foi nomeado reitor do hoxe famoso Haworth, un pobo de Yorkshire, a onde a familia trasladouse a vivir e onde os irmáns comezaron a crear o seu fantástico mundo, escribindo as historias dos reinos imaxinarios de Anglia, de Charlotte e Branwell, e Gondal, propiedade de Emily e Anne. Das crónicas de Anglia consérvanse moitos cadernos, pero de Gondal ningún.
A nai de Charlotte morreu o 21 de setembro de 1821 e, en agosto de 1824, Charlotte e Emily foron enviadas coas súas irmás maiores, Maria e Elizabeth, ao colexio de Clergy Daughters, en Cowan Bridge (Lancashire), onde caeron enfermas de tuberculose. Neste colexio inspirouse Charlotte Brönte para describir o sinistro colexio Lowood que aparece na súa novela Jane Eyre. Maria e Elizabeth volveron enfermas a Haworth e morreron de tuberculose en 1825. Por este motivo e polas pésimas condicións do colexio a familia sacou a Charlotte e a Emily do internado.
En 1842 Charlotte e Emily quixeron abrir unha escola privada e, para mellorar o seu francés, ingresaron nun internado privado de Bruxelas, pero ao morrer a súa tía víronse na obriga de volver. Emily quedou como administradora da casa e Anne púxose a traballar como institutriz cunha familia preto de York, na que tamén entrou a traballar o seu irmán de mestre particular. As experiencias que Charlotte viviu en Bruxelas servíronlle ao seu regreso para plasmar a soidade, nostalxia e illamento de Lucy Snow na súa novela Villete (1853). Ao seu irmán Branwell despedírono acusado de namorarse da muller do seu patrón e empezou a recorrer cada vez máis ao opio e a bebida.
Despois, as tres irmás escribiron novelas. A primeira que se publicou foi Jane Eyre (1847), de Charlotte, que tivo un éxito inmediato. Agnes Grey[1], de Anne, e Curutos treboentos, de Emily, apareceron máis adiante naquel mesmo ano. Ao regresar a Haworth despois de ir un tempo a ver aos seus editores, atoparon a Branwell a piques de morrer. A súa irmán Emily morreu de tuberculose en 1848. Anne tamén morreu da mesma enfermidade en 1849, un ano despois de publicar a súa segunda novela, The Tenant of Wildfell Hall.
Charlotte casou en 1854 co coadxutor do seu pai, Arthur Bell Nicholls, que foi o cuarto home en propoñerllo. O 31 de marzo de 1855, estando embarazada, enfermou e morreu de tuberculose, como as súas irmás.
NotasEditar
- ↑ Traducida ao galego por Ana Rozados e publicada na Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego en 2020, e tan só semanas máis tarde publicada en papel por Irmás Cartoné nunha segunda tradución a cargo de Celia Recarey.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Páxina web da Brontë Society e do Parsonage Museum de Haworth (Yorkshire) (en inglés)
- Edicións en liña das obras de Charlotte Brontë Arquivado 07 de xuño de 2011 en Wayback Machine. en eBooks@Adelaide Arquivado 20 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en inglés).