Sergio Leone
Sergio Leone, nado en Roma o 3 de xaneiro de 1929 e finado o 30 de abril de 1989, foi un director de cine italiano, coñecido polos seus Spaghetti Western.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de xaneiro de 1929 Roma, Italia |
Morte | 30 de abril de 1989 (60 anos) Roma, Italia |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Lugar de sepultura | Pratica di Mare (pt) |
Outros nomes | Bob Robertson |
Altura | 173 cm |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, actor de cinema, produtor, realizador, compositor, produtor de cinema, actor, guionista, produtor |
Período de actividade | 1959 - 1984 |
Xénero artístico | Spaghetti Western, cinema dramático e Western |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Carla Ranaldi |
Fillos | Francesca Leone |
Pais | Roberto Roberti e Bice Waleran |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Traxectoria
editarFillo do director de cine Vincenzo Leone (que usaba ás veces o pseudónimo de Roberto Roberti). Seu pai foi director de cine ata que en 1943 Mussolini lle pediu opinión sobre un guión que escribira e desgraciadamente Vincenzo foi sincero, e desde entón non volveu dirixir.
Sergio entrou na industria do cine moi novo. Con 20 anos foi actor e asistente de dirección de Ladrón de bicicletas (1948) de Vittorio De Sica. Despois estaría en grandes producións estadounidenses rodadas en Europa, como Quo Vadis? (1951) de Mervyn LeRoy, Helen of Troy (1955) de Robert Wise, Ben-Hur (1959) de William Wyler ou Historia dunha monxa (1959) de Fred Zinnemann.
En 1959 déronlle a oportunidade de substituír, por enfermidade, o director Mario Bonnard durante a rodaxe de Os últimos días de Pompeia, aínda que non puido asinar a película.
A súa primeira película oficial foi O coloso de Rodas (1960) e dous anos despois substituiría de novo a un director, Robert Aldrich, en Sodoma e Gomorra.
A partir de aquí comezaron as súas obras máis persoais, que se inician coa famosa triloxía western, tamén coñecida como Triloxía do dólar, en coprodución con varios países europeos e rodada na rexión de Tabernas (Almería). A triloxía obtivo un inesperado grande éxito, conducindo o western ó seu último período cinematográfico, o chamado western crepuscular, xénero moi cultivado no cine dos 70, ademais de achegar dous novos talentos ó medio: o compositor Ennio Morricone, amigo do director desde a infancia, e o actor Clint Eastwood, descoñecido ata entón, ó que o director contratou entre un grupo de actores. O segundo filme da triloxía, Per qualche dollaro in più, tivo certos problemas legais ó estar inspirada nunha película anterior de Akira Kurosawa titulada Yojimbo (1961).
Tras un período de tempo máis dilatado volve ó cine, case por obrigación, con Giù la testa, ambientada na revolución mexicana, que ten menos éxito que as súas películas precedentes. Esta película dirixiuna a última hora debido a problemas co director elixido. Por último, dirixiu a considerada por moitos como a súa obra mestra, Houbo unha vez en América, un "western moderno" ambientado na época dos gánsters. Trátase dun western crepuscular rodado en Cinecittà (Roma) e nos mesmos escenarios estadounidenses nos que rodou a maior parte das súas películas o seu admirado John Ford. En Europa tivo grande éxito malia as catro horas de duración, pero nos Estados Unidos ofreceuse unha versión recortada a case dúas horas, ademais de alterar a montaxe (a historia foi contada de forma lineal e non como na orixinal, onde se utilizan flashbacks).
Sergio tivo sempre ó seu carón a un amigo da infancia que fixo máis grandes aínda as súas películas, Ennio Morricone.
Sergio Leone faleceu en 1989 mentres estaba preparando a película Leningrado.
Filmografía
editarDirector
editar- Os últimos días de Pompeia (1959) - non acreditado, substituto de Mario Bonnard.
- O coloso de Rodas (1961).
- Por un puñado de dólares (1964).
- Per qualche dollaro in più (1965).
- O bo, o feo e o malo (1966).
- Ata que chegou a súa hora (1968).
- Giù la testa (1971).
- Houbo unha vez en América (1984).
Asistente de director
editar- Rigoletto (1946).
- Ladrón de bicicletas (1948).
- La leggenda di Faust (1948).
- Fabiola (1949).
- Il trovatore (1949).
- La forza del destino (1949).
- Taxi di notte (1950).
- Il voto (1950).
- Il brigante Musolino (1950).
- I tre corsari (1952)
- Jolanda la figlia del corsaro nero (1952).
- Il folle di Marechiaro (1952).
- L'uomo, la bestia e la virtù (1953).
- La tratta delle bianche (1953).
- Frine, cortigiana d'Oriente (1953).
- Tradita (1954).
- Questa è la vita (1954).
- Hanno rubato un tram (1954).
- La ladra (1955).
- Mi permette, babbo! (1956).
- Il maestro (1957).
- Afrodite, dea dell'amore (1958).
- La legge mi incolpa (1959).
- Il figlio del corsaro rosso (1959).
- Sodoma e Gomorra (1961).
Director da segunda unidade
editar- Quo vadis? (1951).
- Elena di Troia (1956).
- Ben-Hur (1959).
- Il mio nome è Nessuno (1973).
Escenógrafo
editar- Afrodite, dea dell'amore (1958).
- Baixo o signo de Roma (1959).
- Os últimos días de Pompeia (1959).
- Le sette sfide (1961).
- Il colosso di Rodi (1961).
- Romolo e Remo (1961).
- Por un puñado de dólares (1964).
- Le verdi bandiere di Allah (1964).
- Per qualche dollaro in più (1965).
- O bo, o feo e o malo (1966).
- Ata que chegou a súa hora (1968).
- Giù la testa (1971).
- Il mio nome è Nessuno (1973).
- Houbo unha vez en América (1984).
- Troppo forte (1986).
Actor
editar- La bocca sulla strada (1941).
- Ladrón de bicicletas (1948).
- Il folle di Marechiaro (1952).
- Per qualche dollaro in più (1965).
Produtor
editar- Il mio nome è Nessuno (1973).
- Un genio, due compari, un pollo (1975).
- Il gatto (1978).
- Il giocattolo (1979).
- Troppo forte (1986).