Abrir o menú principal

Yojimbo

filme de 1961 dirixido por Akira Kurosawa

Yojimbo (用心棒 Yōjinbō?) (lit. "gorila"; gardacostas, en sentido coloquial) é un filme xaponés dirixido por Akira Kurosawa que foi estreado en 1961. Está protagonizado por Toshirō Mifune, Tatsuya Nakadai, Seizaburō Kawazu e Kyu Sazanka. Ambientada no Xapón do século XIX durante o Shogunato Tokugawa, conta a historia dun rōnin que chega a unha vila onde dous xefes do crime se enfrontan pola supremacía.

Yojimbo
Ficha técnica
Título orixinal用心棒 Yōjinbō
DirectorAkira Kurosawa
ProdutorRyuzo Kikushima, Akira Kurosawa, Tomoyuki Tanaka
GuiónAkira Kurosawa
Ryuzo Kikushima
IntérpretesToshirō Mifune
Tatsuya Nakadai
Seizaburō Kawazu
Kyu Sazanka
Eijirō Tōno
MúsicaMasaru Satō
FotografíaKazuo Miyagawa, Takao Saito
MontaxeAkira Kurosawa
EstudioToho
DistribuidoraToho Company Ltd.
EstreaFlag of Japan.svg 25 de abril de 1961
Duración110 min.
OrixeFlag of Japan.svg Xapón
XéneroAcción, Drama

Sanjuro (1962), influenciada polo éxito de Yojimbo, foi modificada para caracterizar un personaxe principal similar ó da súa predecesora.

ArgumentoEditar

É o ano 1860, durante a época na que o shogunato Tokugawa está chegando á súa fin. Un rōnin, ou samurai sen amo, anda deambulando ata chegar a unha pequena cidade dividida pola guerra entre dúas bandas criminais, nunha manda Seibei e na outra Ushitora. Ushitora fora noutrora a man dereita de Seibei; a confianza deteriorouse cando Seibei determinou que o sucedería seu fillo Yoichiro.

Tazaemon, o comerciante de seda e alcalde, volve por Seibei; mentres Tokuemon, o cervexeiro, é partidario de Ushitora. Gonji, o propietario dunha pousada, aconsella ó forasteiro que se marche mentres poida, mais o rōnin pensa tirar proveito da situación.

PersonaxesEditar

  • Toshiro Mifune como Kuwabatake Sanjuro, o forasteiro
  • Eijirō Tōno como Gonji, propietario da pousada
  • Seizaburo Kawazu como Seibei
  • Kyū Sazanka como Ushitora
  • Takashi Shimura como Tokuemon, o cervexeiro
  • Kamatari Fujiwara como Tazaemon, o alcalde
  • Tatsuya Nakadai como Unosuke

Conflitos de autorEditar

Sergio Leone filmou Por un puñado de dólares no 1964, un remake protagonizado por Clint Eastwood, e non pagou os dereitos de autor. Tivo problemas legais; iniciouse un xuízo entre os produtores do filme xaponés de Kurosawa e a produtora de Leone. O director xaponés reclamaba a autoría do guión xunto a Ryuzo Kikushima; o xuízo resultou favorable á produtora xaponesa, atrasando dous años a estrea da película de Leone nos Estados Unidos.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar