Ladrón de bicicletas

filme de 1948 dirixido por Vittorio De Sica

Ladrón de bicicletas (en italiano: Ladri di biciclette) é un filme de 1948 dirixido por Vittorio De Sica. Obra mestra do neorrealismo italiano, e a máis coñecida da triloxía de De Sica, xunto a Umberto D. e Milagre en Milán.

Ladrón de bicicletas
Enzo Staiola no filme.
Ficha técnica
Título orixinalLadri di biciclette
DirectorVittorio De Sica
ProdutorGiuseppe Amato
GuiónVittorio De Sica
Cesare Zavattini
Suso Cecchi d'Amico
Gerardo Guerrieri
Oreste Biancoli
Adolfo Franci
IntérpretesLamberto Maggiorani
Enzo Staiola
Lianella Carell
Vittorio Antonucci
MúsicaAlessandro Cicognini
FotografíaCarlo Montuori
MontaxeEraldo Da Roma
DistribuidoraEnte Nazionale Industrie
Cinematografiche
EstreaItalia 14 de novembro de 1948[1]
Duración93 minutos
OrixeItalia Italia
XéneroDrama
Orzamento$81 000 (estimado)[2]
Recadación$371 111 (Italia)[1]
Na rede
IMDB: tt0040522 Filmaffinity: 602757 Allocine: 2570 Rottentomatoes: m/bicycle_thieves Mojo: bicyclethief Allmovie: v5335 TCM: 68597 TV.com: movies/the-bicycle-thief Netlix: 11519642Editar o valor em Wikidata

Foi emitido en galego pola Televisión de Galicia o 17 de abril de 2022.[3]

Sinopse editar

Na Roma da posguerra, un obreiro en paro consegue un sinxelo traballo pegando carteis a condición de que teña unha bicicleta, pero o problema é que a súa bicicleta empeñouna, polo que a súa primeira tarefa será recuperala.

Unha vez montado na súa bicicleta comeza a traballar, pero ocorre que non pasou sequera nin un día de traballo cando lle rouban a bicicleta e con ela o seu futuro. Dende ese intre e ata o final do filme a historia o protagonista xunto co seu fillo e algúns amigos, buscarán infrutuosamente recuperar a bicicleta roubada. A escena final amósanos ante o dilema moral no que o protagonista se ve obrigado a converterse el mesmo nun ladrón.

Personaxes editar

Galardóns e nomeamentos editar

  • 1949: Nomeada ó Oscar: Mellor guión. Premio Honorífico ó Mellor filme estranxeiro.
  • 1949: Globo de Ouro: Mellor filme estranxeiro.
  • 1949: BAFTA: Mellor filme.
  • 1949: 6 premios do Sindicato Nacional de periodistas italianos, incluíndo, filme, director.
  • 1949: 2 premios National Board of Review: Mellor filme, director.
  • 1949: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor filme estranxeiro.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "The Bicycle Thief (1949)". Box Office Mojo. Consultado o 1 de outubro de 2014. 
  2. Roy Stafford. "Bicycle Thieves (Ladri di biciclette, Italy 1948)". Consultado o 1 de outubro de 2014. 
  3. SincroGuía TV

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar