Arquitectura khmer

(Redirección desde «Arquitectura de Camboxa»)

arquitectura khmer é un estilo de arquitectura típica de hinduístas da India, de carácter relixioso. Un dos lugares no mundo que contén este estilo é a rexión de Angkor, en Camboxa, que se desenvolveu especialmente durante o período de Angkor.

Angkor Wat, o mausoleo e templo que data do século XII, é unha das obras mestras da arquitectura khmer.

Este período comezou probablemente no ano 802, cando o fundador do Imperio Khmer, Jayavarman II foi autoproclamar chakravartin (monarca universal) e declarou a independencia de Xava. O período rematou no ano 1431, cando os tailandeses de Ayutthaya saquearon Angkor e fixeron que a elite khmer emigrase a Phnom Penh.

A arquitectura de Angkor ten estruturas, elementos e motivos característicos. Xa que diferentes estilos arquitectónicos foron pasando durante o período angkoriano, non todas estas características son as mesmas durante o período. Os estudosos teñen usado a presenza ou ausencia destas características para datar os restos arqueolóxicos.