Tambor (arquitectura)
En arquitectura, o tambor é un elemento arquitectónico estrutural sobre o que se asenta unha cúpula e prolonga esta.[1] Na maioría dos casos a súa forma é cilíndrica aínda que pode ser poligonal, xeralmente octogonal.

Tamén se refire, a cada unha das pezas cilíndricas que forma o fuste dunha columna; especialmente no estilo dórico da arte grega antiga.
CaracterísticasEditar
A súa función principal consiste en eleva-la cúpula respecto do corpo principal da edificación. Así mesmo, ao contar con xanelas ou vans que permiten a entrada de luz, brinda á cúpula un efecto de lixeireza ou sensación de estar "a flotar", ademais de incrementar a luminosidade interior.[2]
O tambor, na arquitectura románica, como elemento estrutural transmite as cargas da cúpula cara aos arcos torais.[3]
Galería de imaxesEditar
- Tambores exteriores
Tambor octogonal na basílica de San Vital de Rávena (século VI)
Tambores das cúpulas da basílica de san Marcos de Venecia (século XI), inspiradas nas das igrexa dos Santos Apóstolos de Constantinopla (século VI).
Tambor baixo a Cúpula da Rocha, en Xerusalén (século VII).
Tambor en Santa María del Fiore, de Florencia (século XV)
- Sofisticados tambores ornamentados
Tambor no mosteiro de Harichavank, en Armenia (século XIII)
Tambor con columnas e xanelas da cúpula da basilica de San Pedro no Vaticano
Tambor octogonal da cúpula da basílica de Santa Maria della Salute en Venecia
Tambor de dobre columnata da cúpula do Capitolio de Washington
- Interiores do tambor
Interior de cúpula da catedral de Aquisgrán
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tambor |
BibliografíaEditar
- Bails, Benito (1802). Diccionario de arquitectura civil (en castelán). Madrid: Imprenta de la viuda de Ibarra.
- Lewin, Alicia (2001). DICCIONARIO BILINGÜE DE TÉRMINOS DE ARTE (PDF) (en castelán). Madrid: Comunidad de Madrid. ISBN 84-451-1600-2.