Capitolio dos Estados Unidos

Sede do poder lexislativo dos Estados Unidos de América
(Redirixido desde "Capitolio de Washington")

O Capitolio é o edificio que serve como sede do poder lexislativo dos Estados Unidos de América, a Cámara de Representantes (House of representatives, en inglés) e o Senado.

Capitolio en Washington, D.C.
Cúpula do Capitolio

A construción do edificio comezou en 1793 e completouse en 1811. Está localizado en Washington, D.C., a capital do país, e é unha das súas principais atraccións.

O edificio foi deseñado por William Thornton, e ten unha gran cúpula no centro e dous edificios anexos a cada lado. A ala norte corresponde ao senado e a ala sur á cámara de representantes. Nos pisos de arriba áchanse galerías para que o público poida observar as sesións en certas ocasións. É un exemplo do neoclasicismo arquitectónico estadounidense.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar