Abrir o menú principal

Poruchik Kizhe (filme)

filme de 1934 dirixido por Aleksandr Faintsimmer

Poruchik Kizhe (en ruso: Поручик Киже) é un filme soviético de comedia dirixido por Aleksandr Faintsimmer e promocionado por Boris Gusman. Está baseado na novela Poruchik Kizhe de Yury Tynyanov, publicada en 1928. Sergei Prokofev compuxo a banda sonora.[1][2]

Poruchik Kizhe
Ficha técnica
Título orixinalПоручик Киже
DirectorAleksandr Faintsimmer
GuiónYury Tynyanov
IntérpretesMikhail Yanshin
MúsicaSergei Prokofev
FotografíaArkadi Koltsaty
EstudioBelgoskino
Estrea9 de decembro de 1934
Duración87 minutos
OrixeUnión Soviética Unión Soviética
XéneroComedia

ArgumentoEditar

A historia transcorre en San Petersburgo en 1800, o filme satiriza as extravagancias baixo o reinado de Paulo I. A súa obsesión co adestramento ríxido, obediencia sen chistar e a rigorosa disciplina esténdese non só ós seus soldados senón tamén ós seus cortesáns e mesmo ós criados que lustran os andadeiros de palacio. Un erro de copia dun escriba do exército mentres redactaba unha lista de xenerais para ascender leva á creación dun tenente Kizhe. Os cortesáns teñen medo de contradicir o tsar e a solución pasa por crear ese personaxe ficticio. Unha vez o documento está asinado polo Emperador, Kizhe adquire unha vida propia a través dunha serie de enguedellos e confabulacións de palacio. Os berros do axudante de cámara do Emperador cando se encontraba mantendo relacións cunha dama de compañía espertan a Paulo I. O tenente inexistente Kizhe é culpado, azoutado diante da Garda Imperial en formación e enviado como castigo a escoltar unha fortaleza en Siberia. Liberado polo Emperador, Kizhe regresa a San Petersburgo e é promovido a coronel e logo a xeneral. Na súa ausencia, casa coa Princesa Gagarina. Finalmente, cando o Emperador insiste nunha reunión co seu "criado máis fiel", o xeneral Kizhe dáse por morto. Recibe un funeral estatal cun ataúde baleiro.

Nun xiro irónico, o Emperador é enganado e fáiselle crer que o seu servente favorito era un malversador tras ler unha nota atopado que dicía «Kizhe gastou o cartos en comidas» (intencionadamente deixada polo asesor do Emperador). Paulo I, anoxado, lembra que foi Kizhe quen orixinalmente perturbou o seu sono. O "defunto" é rebaixado ó rango de soldado raso e o asesor do Emperador é entón promovido ó rango de xeneral, casando coa Princesa Gagarina tras deter o funeral do seu desgraciado marido.

PersonaxesEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar