Arco apuntado

tipo de arco propio de la arquitectura gótica

O arco apuntado, tamén chamado arco oxival, está composto por dous tramos de arco formando un ángulo central, na clave.

Arco apuntado
A Ponte medieval de Borela sobre o río Almofrei arránxase cun arco oxival.

Significación do arco oxival editar

Na Europa do século XII, o arco oxival non só supón un cambio estético que racha co clasicismo do arco de medio punto, propio da arquitectura romana e a románica, senón que ademais, resulta máis eficaz, pois grazas á súa verticalidade as presións laterais son menores cá no arco de medio punto, permitindo salvar maiores espazos.

A sección do arco oxival reproduce os nervios, cada vez máis complexos, do sistema gótico, que tamén se manifestan nas mesmas molduras do alicerce.

O arco apuntado considérase un dos tres elementos distintivos da arquitectura gótica, xunto coa bóveda de crucería e o arcobotante. É consecuencia das novidades introducidas no sistema construtivo gótico e acompaña na súa evolución á bóveda de crucería.

Historia editar

O arco apuntado foi empregado anteriormente polos abasís no século IX. Na arquitectura musulmá, o arco de ferradura apuntado ou arco túmido aparece dende o século X. Ten precedentes na arte románica (século XII). Utilizouse no románico borgoñón. É típico da arquitectura gótica (século XIII-XV).

Durante o século XV xeneralizase o uso do arco apuntado conopial, ou cóncavo-convexo, de catro centros, dous interiores, á altura das impostas, e dous externos, na parte superior. Posteriormente xorde o arco rebaixado, tipo carpanel, ou de tres centros, dous á altura das impostas e un por baixo dela, moito maior. O chamado arco Tudor, típico de Inglaterra. O arco escarzano, que non chega ao semicírculo, tamén se empregou na arquitectura gótica, en vans secundarios. Na derradeira época da arte gótica utilizouse o arco mixtilíneo, composto de pequenos tramos rectilíneos dentro do arco.

Véxase tamén editar