Óperas de Claudio Monteverdi
Claudio Monteverdi (1567–1643) escribiu varias obras para a escena entre 1604 e 1643, incluídas dez no xénero, daquela emerxente, da ópera. Destas, consérvase tanto a música como o libreto de tres: L'Orfeo (1607), Il ritorno d'Ulisse in patria (1640) e L'incoronazione di Poppea (1643). Coñécense outros sete proxectos operísticos; catro foron finalizados e representados en vida do compositor, mentres que abandonou outros tres nalgún momento. Dalgunhas destas óperas perdidas sobreviviu o libreto.
A ópera xurdiu durante os inicios da carreira de Monteverdi, primeiro como entretemento cortesán tratando de revivir o teatro grego.[1] A primeira obra coñecida en ser considerada unha ópera no sentido moderno é Dafne (1598) de Jacopo Peri, e a súa Euridice (1600) é a máis antiga que sobreviviu.[2] Dado que Monteverdi exerceu como compositor da corte da familia Gonzaga entre 1590 e 1612, posiblemente unírase ao duque Vincenzo Gonzaga en Florencia para a estrea o 6 de outubro de 1600 de Euridice.[3] Se ben non se coñecen as propias impresións de Monteverdi sobre a obra, o duque deuse conta do potencial desta nova forma de arte e procurou gañar prestixio patrocinándoa.[4] Polo tanto, a finais de 1606 encargou a Monteverdi unha obra que agora é considerada como o "nacemento da Ópera Occidental",[5] L'Orfeo, sobre un libreto de Alessandro Striggio o Novo.[6]
En 1613, Monteverdi converteuse en maestro di cappella na basílica de San Marcos en Venecia, onde continuou a compoñer óperas para a corte dos Gonzaga e posteriormente para o Teatro Santi Giovanni e Paolo.[7][8] As dúas únicas que sobreviviron son Il ritorno d'Ulisse in patria con libreto de Giacomo Badoaro e a súa última ópera, L'incoronazione di Poppea, sobre un libro de Giovanni Francesco Busenello. Sete das súas óperas están perdidas. Destas, L'Arianna, Andromeda, Proserpina rapita e Le nozze d'Enea con Lavinia foron completadas e representadas en vida do compositor. As outras tres óperas perdidas Le nozze di Tetide, La finta pazza Licori e Armida abbandonata, nunca foron finalizadas, polo que se descoñece canta música completou, se a chegou a haber. Para algunhas delas, sobreviviu canto menos o libreto, de autores como Scipione Agnelli, Ercole Marigliani, Ottavio Rinuccini, Giulio Strozzi e Torquato Tasso.[9]
O termo ópera non era amplamente empregado ata o século XVII, polo que as obras musicais de Monteverdi para a escena foron coñecidas por distintos nomes como favola in musica (fábula musical), dramma in musica (drama musical), ou tragedia in musica (traxedia musical).[1] Monteverdi xogou un papel decisivo no desenvolvemento e popularización do xénero para o teatro musical público, a súa obra L'Orfeo é a primeira ópera que aínda se representa regularmente.[10][11]
Táboa
editar
|
|
Período[a] | Título | Estado | Xénero[13] | Libretista | Estrea | SV[b] | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Data | Lugar | Ocasión | ||||||
1606–07 | L'Orfeo | sobrevivente | Favola in musica | Striggio | Mantua 4 de febreiro de 1607 |
Palacio Ducal | Carnaval de Mantua | 318 Partitura |
1607–08 | L'Arianna | fragmentos | Tragedia in musica | Rinuccini | Mantua 28 de maio de 1608 |
Palacio Ducal | Voda ducal | 291 Partitura |
1616–17 | Le nozze di Tetide | perdida | Favola marittima[c] | Agnelli | Incompleta | Voda ducal | - | |
1618–20 | Andromeda | libreto | Favola in musica | Marigliani | Mantua 1 de marzo de 1620 |
Palacio Ducal (probable)[13] | Carnaval de Mantua[16] | - |
1626 | Armida abbandonata | libreto | - | Tasso[d] | Incompleta | Voda ducal[18] | - | |
1627 | La finta pazza Licori | perdida | - | Strozzi | Incompleta | Posiblemente ascensión ducal[19] | - | |
1630 | Proserpina rapita | fragmentos[e] | Anatopismo[f] | Strozzi | Venecia 16 de abril de 1630 |
Palacio Mocenigo | Voda | 323 Score |
1640 | Il ritorno d'Ulisse in patria | sobrevivente | Dramma per musica | Badoaro | Venecia 1639–40 |
Teatro Santi Giovanni e Paolo | Carnaval de Venecia | 325 Partitura |
1640 | Le nozze d'Enea con Lavinia[g] | libreto | Tragedia di lieto fine | Badoaro | Venecia 1640–41 |
Teatro Santi Giovanni e Paolo | Carnaval de Venecia | - |
1643 | L'incoronazione di Poppea | sobrevivente | Dramma musicale[h] | Busenello | Venecia 1643 |
Teatro Santi Giovanni e Paolo | Carnaval de Venecia | 308 Partitura |
Período[a] | Título | Estado | Xénero[13] | Libretista | Estrea | SV[b] | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Data | Lugar | Ocasión | ||||||
1639 | L'Arianna | fragmentos | Tragedia in musica | Rinuccini | Venecia 1639–1640 |
San Moisés | Carnaval de Venecia | 291 |
Óperas
editarL'Orfeo
editar(Galego: "Orfeo")
Monteverdi compuxo L'Orfeo, unha favola in musica (historia en música), sobre un libreto de Alessandro Striggio para a tempada anual de carnaval en Mantua en 1607. Encargada pola Accademia degli Invaghiti, foi estreada no Palacio Ducal o 4 de febreiro de 1607.[23] A obra é a ópera máis antiga que aínda se representa e grava con frecuencia.[24] O libreto está escrito con instinto dramático, diferente dos experimentos anteriores no novo xénero.[25]
L'Arianna
editar(Galego: "Ariadna")
L'Arianna, unha tragedia in musica (traxedia en música), foi escrita para as celebracións da voda do fillo máis vello e herdeiro do duque Vincenzo, Franceso e Margarida de Savoia. O libreto de Riinuccini baséase no mito grego de Ariadna. Foi estreada no Palacio Ducal o 28 de maio de 1608.[26]
Le nozze di Tetide
editar(Galego: "A voda de Tetis")
Le nozze di Tetide, unha favola marittima (historia marítima),[c] foi un proxecto para as celebracións da voda do duque Ferdinando e Caterina de' Medici. Monteverdi recibiu o libreto de Scipione Agnelli sen nome de autor, algo que criticou nunha carta en decembro de 1616.[27] Iniciou a composición,[28] ata que o encargo foi retirado en xaneiro de 1617.[29]
Andromeda
editarAndromeda é unha favola in musica encargada por Don Vincenzo Gonzaga para o Carnaval de Mantua de marzo de 1618, con libreto de Marigliani. Debido ao desinterese de Monteverdi levou dous anos en completarse e foi estreada durante a tempada de Carnaval de 1620, do 1 ao 3 de marzo.[30][31] A música perdeuse, mais o libreto, que durante moito tempo se considerou perdido, foi redescuberto en 1984.[32]
Armida abbandonata
editar(Galego: "Armida abandonada")
Armida abbandonata foi escrita sobre un libreto de Torquato Tasso,[d] e estaba destinada ás celebracións para a voda do duque Eduardo de Parma e Margarida de Medici. Monteverdi finalizou a obra, pero a representación foi cancelada a causa da morte do duque Vincenzo II Gonzaga a finais de decembro de 1627. Só sobreviviu unha canción a tres voces, "Come dolce oggi l'auretta".[33][34]
La finta pazza Licori
editar(Galego: "A tola finxida Licori")
La finta pazza Licori foi encargada polo secretario da corte de Mantua, Alessandro Striggio o Novo, probablemente para celebrar o ascenso do duque Vincenzo II.[19][34] A obra é o primeiro intento de ópera cómica coñecido,[35] mais a Striggio non lle gustou o libreto de Strozzi e cancelou o encargo en setembro de 1627.[33]
Proserpina rapita
editar(Galego: "O rapto de Proserpine")
Proserpina rapita, un anatopismo,[f] foi composta sobre un libreto de Strozzi para as celebracións pola voda de Lorenzo Giustiniani e Giustiniana Mocenigo, e estreada no Palacio Mocenigo en Venecia o 16 de abril de 1630.[36] Só sobreviviu unha canción a tres voces, "Come dolce oggi l'auretta".[20]
Il ritorno d'Ulisse in patria
editar(Galego: "O regreso de Ulises á súa patria")
Logo da apertura do primeiro teatro público en Venecia, o Teatro San Cassiano en 1637, Monteverdi compuxo unha triloxía de óperas para o teatro público en Venecia, comezando con Il ritorno d'Ulisse in patria, un dramma per musica, sobre un libreto de Badoaro.[37] A súa estrea tivo lugar no Teatro Santi Giovanni e Paolo durante a tempada de Carnaval de 1639–40.[38]
Le nozze d'Enea con Lavinia
editar(Galego: "A voda de Eneas con Lavinia")
Le nozze d'Enea con Lavinia[g], unha tragedia di lieto fine (traxedia con final feliz), con outro libreto de Badoaro, foi a segunda ópera escrita para o Teatro Santi Giovanni e Paolo e estreada na tempada de Carnaval de 1640–41. Aínda que o libreto sobreviviu, a música perdeuse.[37][38]
L'incoronazione di Poppea
editar(Galego: "A coroación de Popea")
L'incoronazione di Poppea e un dramma musicale[h] con libreto de Busenello. É a última ópera da triloxía escrita para o Teatro Santi Giovanni e Paolo, onde foi estreada durante a tempada de Carnaval de 1643. Foi unha das primeiras óperas baseadas en eventos e personaxes históricos.[37][38]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Período no que a ópera foi escrita.
- ↑ 2,0 2,1 Número no catálogo Stattkus-Verzeichnis, se o ten.
- ↑ 3,0 3,1 O xénero exacto desta obra é incerto e menciónase de moitos xeitos distintos: unha "ópera", unha "composiciión operística", ou unha favola marittima ("historia marítima"),o nome co que Monteverdi a describiu por primeira vez.[14][15]
- ↑ 4,0 4,1 O texto non foi escrito especificamente para a ópera, xa que foi adaptado a partir de poemas de Tasso.[17]
- ↑ Só sobreviviu unha única canción a tres voces, "Come dolce oggi l'auretta".[20]
- ↑ 6,0 6,1 Coñecida como "anatopismo", mais descoñécese o significado do termo.[21]
- ↑ 7,0 7,1 Coñecida alternativamente como Le nozze d'Enea e Lavinia ou Le nozze d'Enea in Lavinia
- ↑ 8,0 8,1 Ás veces denominado "opera regia"[1]
- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Brown et al. 2001.
- ↑ Sonneck 1913, p. 102.
- ↑ Sternfeld 1986, p. 26.
- ↑ Ringer 2006, p. 16.
- ↑ Moller, Nathalie (24 de febreiro de 2017). "L'Orfeo de Claudio Monteverdi est-il le premier opéra ?" (en francés). France Musique. Consultado o 9 de febreiro de 2021.
- ↑ Ringer 2006, pp. 16, 43.
- ↑ Carter 2002, pp. 1–3.
- ↑ Fabbri 1994, p. 2.
- ↑ Carter 2002, pp. 298–305.
- ↑ Ringer 2006, pp. 43.
- ↑ "The Root Of All Opera: Monteverdi's 'Orfeo'" (en inglés). NPR. 8 de xaneiro de 2010. Consultado o 9 de febreiro de 2021.
- ↑ A información está extraída de Carter 2002, pp. 298–305 a non ser que se indique o contrario.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 Carter & Chew 2001.
- ↑ Carter 2002, p. 48.
- ↑ Ringer 2006, p. 113.
- ↑ Carter 2002, pp. 167–168.
- ↑ Stevens 1980, pp. 311–13.
- ↑ Fabbri 1994, pp. 201–204, 223.
- ↑ 19,0 19,1 Fabbri 1994, pp. 198–199.
- ↑ 20,0 20,1 Fabbri 1994, p. 223.
- ↑ Fabbri 1994, p. 221.
- ↑ A información é de Carter & Chew 2001.
- ↑ Carter 2002, p. 298.
- ↑ Weinstock & Hanning 2020.
- ↑ Ringer 2006, pp. 43–44.
- ↑ Carter 2002, p. 299.
- ↑ Fabbri 1994, pp. 148–151.
- ↑ Fabbri 1994, p. 151.
- ↑ Carter 2002, p. 301.
- ↑ Carter 2002, pp. 167–168, 301.
- ↑ Fabbri 1994, p. 154.
- ↑ Rosenthal 1985, pp. 1–8.
- ↑ 33,0 33,1 Fabbri 1994, pp. 201–204.
- ↑ 34,0 34,1 Carter 2002, p. 303.
- ↑ Ringer 2006, pp. 111–113.
- ↑ Carter 2002, p. 304.
- ↑ 37,0 37,1 37,2 Ringer 2006, pp. 130–131.
- ↑ 38,0 38,1 38,2 Carter 2002, p. 305.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Libros
- Carter, Tim (2002). Monteverdi's Musical Theatre (en inglés). New Haven, Connecticut: Yale University Press. ISBN 978-0-300-09676-7.
- Fabbri, Paolo (1994). Monteverdi (en inglés). Carter, Tim (tr.). Cambridge (UK): Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-35133-1.
- Ringer, Mark (2006). Opera's First Master: The Musical Dramas of Claudio Monteverdi (en inglés). Newark, Nova Jersey: Amadeus Press. ISBN 978-1-57467-110-0.
- Sternfeld, F.W. (1986). "The Orpheus myth and the libretto of Orfeo" in Whenham, John (ed.): Claudio Monteverdi: Orfeo (en inglés). Cambridge (UK): Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-24148-9.
- Stevens, Denis (1980). The Letters of Claudio Monteverdi (en inglés). Nova York: Press Syndicate of the University of Cambridge. ISBN 978-0-521-23591-4.
- Artigos
- Brown, Howard; Rosand, Ellen; Strohm, Reinhard; Noiray, Michel; Parker, Roger; Whittall, Arnold; Savage, Roger; Millington, Barry (2001). "Opera (i)". Grove Music Online (en inglés). Oxford, RU: Oxford University Press. doi:10.1093/gmo/9781561592630.article.40726. (require subscrición)
- Carter, Tim; Chew, Geoffrey (2001). "Monteverdi [Monteverde], Claudio". Grove Music Online (en inglés). Oxford, RU: Oxford University Press. doi:10.1093/gmo/9781561592630.article.44352. (require subscrición)
- Rosenthal, Albi (xaneiro de 1985). "Monteverdi's 'Andromeda': A Lost Libretto Found". Music & Letters (en inglés) 66 (1). pp. 1–8. JSTOR 855431. doi:10.1093/ml/66.1.1. (require subscrición)
- Sonneck, O. G. (1913). ""Dafne", the First Opera. A Chronological Study". Sammelbände der Internationalen Musikgesellschaft (en inglés) 15 (1). pp. 102–110. JSTOR 929391. (require subscrición)
- Weinstock, Herbert; Barbara Russano, Hanning (2020). "Opera / Monteverdi". Encyclopædia Britannica (en inglés).