La Vall de Boí

concello da provincia de Lleida

La Vall de Boí é un municipio catalán da provincia de Lleida, situado na comarca da Alta Ribagorça. No seu centro atópase o val de Boí, que dá nome ao municipio. É un conxunto de vales e serras da parte nororiental da comarca, da que é o municipio máis extenso, entre o Val de Barravés e a Vall Fosca.

La Vall de Boí
Localización
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCataluña Cataluña
ProvinciaLleida
ComarcaAlta Ribagorça
Xeografía
Altitude1.111 msnm
Superficie219,49 km²
Demografía
Poboación1.052 hab. (2012)
Densidade4,79 hab/km²
Outros datos
Código postal25528
AlcaldeJoan Perelada Ramon (IPVB-PM)
www.valldeboi.cat

A cabeceira do municipio é Barruera, que lle dera nome ata 1996. Inclúe a entidade municipal descentralizada de Durro i Saraís, procedente do antigo municipio de Durro, actualmente integrado no de La Vall de Boí.

Xeografía Editar

 
Parque Nacional de Aigüestortes i Estany de Sant Maurici

Limita ao norte co municipio de Naut Aran, ao nordés con Espot, ao leste con La Torre de Cabdella e Sarroca de Bellera, ao sur con El Pont de Suert, e ao oeste con Vilaller. Desde o val pode accederse ao Parque Nacional de Aigüestortes i Estany de Sant Maurici.

O municipio está formado por dez entidades de poboación: Barruera, Boí, Caldes de Boí, Cardet, Cóll, Durro, Erill la Vall, Pla de l'Ermita, Saraís e Taüll.

Historia Editar

A historia do val iníciase seguramente a principios do século IX coa creación dos primeiros condados cristiáns. Pertencente nun principio ao condado de Tolosa (finais do século VIII), que toma estas terras baixo a protección de san Guillerme, curmán de Carlomagno, a súa historia quedou unida á do condado de Ribagorça, cuxos condes foron os seus señores feudais durante dous séculos. Foi establecida a Baronía de Erill cuxos membros residían no castelo de Erill-Castell do que non queda ningún vestixio. Durante o século XI, o val foi incluído no condado de Pallars ata que finalmente foi anexionado pola coroa de Aragón durante o século XII.

Durante moitos séculos foi un val illado e descoñecido. Alcanzou o seu máximo desenvolvemento durante o século XIII en que unha pequena poboación chamada Taüll chegou a contar con catro igrexas. A situación do val, limítrofe con outros condados, permitiu a creación de numerosos castelos, hoxe en día moi mal conservados. As numerosas igrexas que se construíron no área mostran a alta densidade de poboación que tivo no seu momento esta zona pirenaica.

No ano 2000, a UNESCO declarou Patrimonio da Humanidade o conxunto de igrexas románicas do val.

 
Igrexa de Santa Maria de Taüll

Demografía Editar

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1981 2000 2012
1.202 1.074 1.059 526 870 1.052

Lugares de interese Editar

 
Igrexa de San Clemente de Taüll.

Todo o románico do concello é Patrimonio da Humanidade.

  • Igrexa de Sant Feliu de Barruera
  • Igrexa de Sant Salvador de Barruera
  • Igrexa de Santa Maria de Cardet
  • Igrexa de Santa Maria de Cóll
  • Igrexa da Nativitat de Durro
  • Igrexa de Sant Quirc de Durro
  • Igrexa de Sant Llorenç de Saraís
  • Igrexa de Santa Eulàlia d'Erill la Vall
  • Igrexa de Sant Cristòfol d'Erill la Vall
  • Igrexa de Sant Joan de Boí
  • Igrexa de Sant Pere de Boí
  • Igrexa de Santa Maria de Taüll
  • Igrexa de San Clemente de Taüll
  • Igrexa de Sant Martí de Taüll
  • Igrexa de Sant Quirc de Taüll
  • Parque Nacional de Aigüestortes i Estany de Sant Maurici.
  • Cap des Creuetes.

Véxase tamén Editar

Outros artigos Editar

Ligazóns externas Editar