Alta Ribagorça
A Alta Ribagorça é unha comarca da provincia de Lleida, en Cataluña. Está situada nos Pireneos e a súa capital é El Pont de Suert. En 2009 tiña 4.375 habitantes.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | Provincia de Lleida | ||||
Capital | El Pont de Suert | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.802 (2019) (8,91 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 426,9 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
PIB nominal | 79.300.000 € (2014) | ||||
PIB per cápita | 20.200 € (2014) | ||||
Código territorial IDESCAT | 05 | ||||
Páxina web | xn--altaribagora-udb.cat |
A comarca limita co Val de Arán polo norte, Pallars Sobirà polo leste, Pallars Jussà polo sur, e a comarca aragonesa de Ribagorza polo oeste. A comarca foi creada por lei en 1987, e, ata entón e dende a división de 1936 formara parte do Pallars Jussà.
Concellos
editarActualmente a comarca está formada por tan só 3 concellos. Entre 1965 e 1972 desapareceron 8 concellos, anexionándose a outros da comarca ou do Pallars Jussà. No século XIX a comarca chegou a ter 56 concellos.
Concello | Poboación (hab.) |
---|---|
El Pont de Suert | 2.553 |
La Vall de Boí | 1.080 |
Vilaller | 699 |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alta Ribagorça |