Ribagorza
A Ribagorza (en catalán: la Ribagorça) é unha comarca situada no extremo nordeste da provincia de Huesca, en Aragón. A súa capital administrativa é Graus e a cultural é Benabarre.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Aragón | ||||
Provincia | Provincia de Huesca | ||||
Capital | Graus | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2.459,8 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
A Alta Ribagorça é outra comarca na provincia de Lleida.
Na Ribagorza fálase, ademais do castelán, o catalán ribagorzano.
Xeografía
editarLimita ao norte con Francia (departamento de Alto Garona), ao nordés co Val de Arán, ao leste coas comarcas de Alta Ribagorça e Pallars Jussà, ao sueste coa comarca da Noguera (todas elas na provincia de Lleida), ao sur coa comarca de La Litera, ao suroeste coa comarca do Somontano de Barbastro e ao oeste coa comarca de Sobrarbe (estas últimas na provincia de Huesca).
Hai tres ríos principais na comarca, que á súa vez conforman tres vales distintos:
- Río Ésera: é o máis occidental. Discorre de norte a sur, desde o termo municipal de Benasque ata o de Graus. Nace no val de Benasque e desemboca no Cinca (preto de Olvena, do Somontano de Barbastro).
- Río Isábena: é o central. Discorre de nordés a suroeste, desde o termo municipal de Laspaúles ata o de Graus. Desemboca no Ésera en Graus.
- Río Noguera Ribagorzana: é o máis oriental. Discorre de norte a sur, desde o termo municipal de Benasque ata o de Estopiñán del Castillo. Nace no macizo da Maladeta e desemboca no Segre en Corbins (no Segrià, na provincia de Lleida).
En Benasque está o Aneto, o pico máis elevado dos todos os Pireneos, cunha altitude de 3.404 msnm.
Concellos
editarA comarca engloba aos municipios de Areny de Noguera, Benavarri, Benás, Beranuy, Bisaurri, Bonansa, Campo, Capella, Castilló de Sos, Castigaleu, Chía, Estopanyà, Foradada del Toscar, Graus, Isábena, Lascuarre, Laspaúls, Monesma i Caixigar, Montanui, Perarrúa, La Puebla de Castro, Pont de Montanyana, Sahún, Santaliestra y San Quílez, Secastilla, Seira, Sesué, Sopeira, Tolva, Torre la Ribera, Valle de Bardají, Valle de Lierp, Viacamp i Lliterà e Villanova.
Historia
editarA súa historia escribiuse con nomes como os de Ramón I de Pallars-Ribagorza, Bernardo Unifredo, Ramón II de Ribagorza, Unifredo de Ribagorza, Arnau de Ribagorza, Isarn de Ribargorza, Toda ou Tota de Ribagorza (1003-1011), Guillermo de Ribagorza (1001-1017) Sancho III o Maior de Navarra, Gonzalo I de Ribagorza e Ramiro I de Aragón (1044).
Pedro I tomou Estada (1087) e Monzón (1089). Rexentou o condado Afonso o Batallador e á súa vez o seu irmán Ramiro II o Monxe que casou á súa filla Dona Petronila co Conde de Barcelona Ramón Berenguer IV, dando orixe á Coroa de Aragón.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Ribagorza |