Río Noguera Ribagorzana
O Noguera Ribagorzana (en catalán: Noguera Ribagorçana) é un río de España, do nordés da Península Ibérica, que nace nos Pireneos e é afluente do río Segre, á súa vez afluente do río Ebro. O seu curso transcorre polas provincias de Lleida e Huesca.
Río Noguera Ribagorzana | |
---|---|
País | España |
Nacemento | Barranco de Mulleres (Lleida) |
Lonxitude | 133 km |
Conca | 2.045,6 km² |
Caudal medio | 21,7 m³/s |
Desembocadura | Río Segre |
Nace no val de Barravés, no Val de Arán, e desemboca no Segre no municipio de Corbins (Lleida). Hai no seu percorrido tres encoros: Escales, Canelles e Santa Anna, que producen enerxía hidroeléctrica e dan auga aos canles de Pinyana e ao de Cataluña e Aragón.
Durante a maior parte do seu percorrido fai de fronteira entre as comunidades de Cataluña e Aragón.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Noguera Ribagorzana |