Val de Benasque
O val de Benasque (en aragonés Bal de Benás, en benasqués Ball de Benás) é un val pirenaico situado na comarca oscense da Ribagorza, no tramo superior da conca do río Ésera.
Os municipios que forman parte do val son Benasque e Sahún. No primeiro deles encóntrase o lugar de Sarllé (Cerler), no que se acha a estación de esquí Aramón Cerler.
No lugar fálase o que se coñece como o benasqués, unha fala de transición entre o aragonés e o catalán.
No val atópanse os cumios máis altos do Pireneo, destacando o Aneto, de 3.404 metros de altitude, e o Posets. A maioría dos glaciares pirenaicos están no val de Benasque.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Val de Benasque |